Proxecto Epístola

----

Celestino Fernández de la Vega (1916-1986)

Escritor e ensaísta que en 1963 publicou "O segredo do humor" onde propuxo un estudo sistemático dos contidos específicos do humor. Tamén foi un estudoso da filosofía existencialista alemá e tradutor ao galego de Martin Heidegger.
Epístolas
3 Remitente [3]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1977-10-21 Remitente
de Celestino Fernández de la Vega, a Luís Seoane
Lugo
A Coruña
Orixinal

Epístola de Celestino Fernández de la Vega, a Luís Seoane en 21/10/1977

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Celestino Fernández de la Vega, a Luís Seoane en 21/10/1977



Lugo, 21-X-77

Querido Luis:

Onte entereime polo xornal da túa operación de próstata. Como estás en boas mans e coma esa doencia é cousa que, mais tarde ou mais cedo, chéganos a todos sin que a sua operación seña dificultosa, agardo que non tardarás en te recuperar.
De volta de Vigo, o día 15, estiven na túa fermosa exposición. Ven ser unha antoloxía da tua derradeira obra onde se ve moi ben a evolución depuradora a partir do cadro de García Sabell: un proceso de desprendemento de materia, de logro de limpa luminosidade con función plástica, unha senlleira axilidade expresiva con un grafismo personalísimo en ritmos e composiciós. Todo en toda unha obra madurecida, un froito maduro de unha semente nutrida pola nosa terra e anegrecida por unha experiencia da pintura do noso tempo. Os grabados son verdadeiramente extraordinarios e orixinalísimos. Coido que a visión conxunta da tua obra é un acontecemento cultural e un argumento irrefutable pos que din que os galegos non temos grandes pintores. Esa é a miña opinión de simple home curioso e profano, pro canso de ver camelos consumistas.
¡Noraboa!
De seguro que antes de saír pra Buenos Aires teremos ocasión de nos ver.
Co noso desexo de que te recuperes axiña, recibe nostra mais garimosa aperta, coa tua dona de

Celestino e María Luisa

1975-01-17 Remitente
de Celestino Fernández de la Vega, a Luís Seoane
Lugo
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Celestino Fernández de la Vega, a Luís Seoane en 17/01/1975

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Celestino Fernández de la Vega, a Luís Seoane en 17/01/1975



Lugo, 17-I-75
Sr. D. Luis Seoane
Buenos Aires

Meu querido amigo:

O seu tempo debido recibín o teu libro Arte Mural. La Ilustración. Moi agradecido polo envío e pola cordial adicatoria.
O texto leíno con moito interés polas noticias tan informativas que contén e polos xuicios tan sinceiros e xustos encol da túa propia obra. Vexo confirmado o que xa sabía: que perteneces a esa crase de artistas enteiramente conscientes dos seus propósitos.
Dada a importancia que ten o color na túa obra é unha pena que non se poida apreciar nas reproduciós.
Xustamente, pareceme moi atinado todo canto dis encol da importancia do color na arquitectura e no urbanismo e o seu desdén na época actual.
En canto a ese exconxuro do tempo polo estatismo, polo hieratismo, coido, efectivamente, que é unha das finalidades máis nobres e interesantes do arte plástico e, de certo, unha nota carauteristica, inconfundibel do teu estilo.
Coido que tamén é moi interesante no teu libro o catálogo de ilustracios e murales, pois ninguén como ti mesmo lle pode aforrar ós futuros críticos e biógrafos o enorme traballo de catalogación. Coido que, nise senso, bótase de menos, nas reproduciós a data correspondente.
Recibe unha forte aperta do teu amigo e ademirador

Celestino

1973-05-15 Remitente
de Celestino Fernández de la Vega, a Luís Seoane
Lugo
A Coruña
Orixinal

Epístola de Celestino Fernández de la Vega, a Luís Seoane en 15/05/1973

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Celestino Fernández de la Vega, a Luís Seoane en 15/05/1973


LUGO, 15 mayo de 1973
Sr. D. LUIS SEOANE
LA CORUÑA

Meu querido amigo:

Xa vin o domingo a miña figuración. Coido que melloróu a semellanza en relación có rápido apunto que me fixeche na casa do Alvaro. Vindo de tí, non me solprendéu a xenerosidade cordial do texto, que agradezo en todo o que vale.
As Comunicaciós mesturadas interesáronme moito. Pra min están cheas de cousas e persoas iñoradas merecentes de recordo e conocemento. Agora que se escriben tantos libros gratuitos, coido que fan moita falla libros como ese: libros que se non se escriben non os escribe ninguén. Nas túas Comunicaciós trátase, ó meu ver, de xustas e debidas “salvaciós” de retallos, laberínticamente espallados no tempo e no espazo, dun esforzo tan conmovedoramente desamparado como é o da nosa cultura.
Moitas gracias por todo e recibe unha cordial aperta de

Celestino