Proxecto Epístola

----

Emilio González López (1903-1991)

Aos 23 anos licenciouse en Dereito en Madrid e en 1929 é nomeado profesor adxunto de Dereito Penal da Universidade Central. En 1931 obtén por oposición a cátedra de Dereito Penal de La Laguna. Foi elixido deputado nas eleccións de 1931 e nas de 1936, trasladándose por encargo de Castelao a Madrid para buscar o texto orixinal do Estatuto que querían presentar na seguinte sesión. En 1939 sae exiliado cara Nova York. No período 1946-1971 traballou na Escuela Española del Middlesburg College, que dirixiu desde 1963 a 1971. Desde 1967 tamén dirixiu o programa de doutoramento en español do Centro Graduado da Universidade de Nova York.
Epístolas
6 Remitente [6]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1972-09-20 Remitente
de Emilio González López, a Luís Seoane
Nova York
Nova York
Bos Aires
Transcrición

Transcripción da epistola de Emilio González López, a Luís Seoane en 20/09/1972


Emilio González
425 W 57th av.
New York, N. Y.
10019
Teléfono: CO5-7283

Nova Iorque, 20 setembro 1972
Sr. D. Luis Seoane
Montevideo 1985
Buenos Aires (Argentina)

Querido Luis:

Fai uns días, o día que recibín de Galicia un recorte da Voz de Galicia co dibuxo que me fixeche e unha agarimosa nota biográfica, envieiche unhas letras por medio de Prada, pois non tiña teu enderezo. Hoxe, que Casal, o axudante do segredario da Casa de Galicia, doume o enderezo, mándoche direitamente xa o meu reconocimento polo dibuxo e polas atenciós que tiveche conmigo e ca miña dona. Pasamos un día moi agradable convosco en Bos Aires i-outro, aínda que breve, en Montevideo.
A Granell operárono dunha hernia e está aínda na convalecencia.
En España os ultrareaicionarios están dando cantas pasadas poden, pasadas de Paco Manufeiro , antes de que escomence o curso.

Con agarimosas lembranzas pra os dous de María e miñas, unha forte aperta.

Emilio González

1972-09-15 Remitente
de Emilio González López, a Luís Seoane
Nova York
Bos Aires
Transcrición

Transcripción da epistola de Emilio González López, a Luís Seoane en 15/09/1972


Nova Iorque, 15 setembro 1972

Sr. D. Luis Seoane
Bos Aires (Arxentina)

Querido Luis:

Ó chegar eiquí me atopei que non tiña o teu enderezo. Mandeillo a pedir a Bos Aires, máis dalí aínda non mo mandaron. Por iso, fágoo hoxe por medio dunha carta a Prada.
Queríache dar as gracias polas atenciós que ti e a túa dona tivéchedes connosco e os ratos agradables que pasamos xuntos na túa casa i en Montevideo.
Hoxe recibín de España, mandado por Piñeiro, un recorte da Voz de Galicia co dibuxo que me fixeche e ca nota, agarimosa, biográfica que puxeches ó pé do dibuxo e que che agradezo.
Onte estiven na casa de Paco Ayala e vin un excelente retrato que lle fixeche á súa dona, que é unha gran admiradora túa e do teu traballo, así como tamén Ayala.
Granell está convalecente dunha hernia interior que lle operaron.
Espero que si vides por aquí, podamos vernos e a mudarnos .

Con saúdos de María e meus prós dous, cunha forte aperta.

Emilio

1957-12-01 Remitente
de Emilio González López, a Luís Seoane
Nova York
Transcrición

Transcripción da epistola de Emilio González López, a Luís Seoane en 01/12/1957


Nova Iork, 1 Nadal 1957

Amigo Seoane:

Fai xa non sei canto tempo que che esquirbín pedíndoche uns exemplares do meu libro Grandeza e decadencia do Reino de Galicia e deica agora non tiven resposta. Supoño que estará atafegado, mais pra da-la orde á imprenta de que me envíen os exemplares sempre hai tempo. O libro quédase en nada si non é leído en Portugal e Galicia e si non distribuyo uns exemplares nas revistas máis importantes deiquí e doutros países onde se pode discutir. En Portugal, xa teño preparadas revistas en que se discutirá. É isto de gran e urxente importancia. De Galiza dinme que aínda non chegou. ¿Que pasa con el?
Che agradecería que me enviases os exemplares que me corresponden como autor no prazo mais breve. Teño só o meu exemplar e as xentes que saben que saíu pídenmo e non os podo servir. Da Casa de Galiza esquirbiron pedindo 50 exemplares e tardaron en mandarllos, ou mellor dito, en decir que llos ían a mandar. Che agradecería me dixeras como vai a venda do libro e a receición que tivo. Si tes algunha reseña, mándama, pois quero ve-la reaición que produxo. Só lin unha da revista do Centro Lucense, e coido por ela que o comentarista non o leu, pois viña a decir que coincidía con Américo Castro, cando o meu libro mostra que Castro está trabucado no que di tanto de Galiza como de Portugal.
Non deixes de esquirbirme axiña e de mandarme os exemplares do libro.

Unha forte aperta.

Emilio González

[Manuscrito:] ¿Luis, van as vosas cousas? Dime algo de ti e dos amigos de Bos Aires.

1957-09-03 Remitente
de Emilio González López, a Xosé Núñez Búa
Nova York
Transcrición

Transcripción da epistola de Emilio González López, a Xosé Núñez Búa en 03/09/1957


Nova York, 3 setembro 1957

Querido amigo Búa:

Ó chegar eiquí, me atopei co libro que moi ben presentado e editado, somentes ó final hai tres ou catro páxinas en que fallou a letra . Non sei si é no meu exemprar ou en todos, a portada moi boa.
A casa de Galicia de Nova York vai a pedir 50 exemplares polo de agora, como se venderán axiña, pedirán máis. Vou a falar cun libreiro pra que lle mandedes o libro. Il pode vendelo seu eiquí ás bibliotecas. Che agradecería que falaras con Seoane pra que me mande a min os meus exemplares e me fale do libro. É comenente mandalo a présa e tamén a Portugal. Onte saíu pra Portugal o profesor Ernesto Da Cal. El falará da aparición do libro. Temos que mandalo ás revistas por impresas e disto encarrégome eu. ¿Cando volve Valentín a España? Sei que tivo alá algún problema pola súa crítica das cousas de ustedes . Dálle unha forte aperta si aínda anda por ahí.
Da Cal tamén falará en Portugal do esforzo que estades facendo ahí pola Aquea encol da cultura galega. Eu vos felicito.
Che agradecería que me mandaras canta crítica aparezca polo meu libro. Coido que, sobre todo, en Galiza e Portugal. Terá unha gran repercusión. Teño, ou estou traballando na segunda parte del, que son os levantamentos galegos por reconquerir a perdida personalidade.
Falarei aiquí a ver si se pode vender algunha aición da nova editorial, o libro de Del Río donde eu encha de amizades.

Unha forte aperta

Emilio

1953-06-15 Remitente
de Emilio González López, a Luís Seoane
Nova York
Transcrición

Transcripción da epistola de Emilio González López, a Luís Seoane en 15/06/1953


Nova York, 15 junio 1953

Sr. D. Luis Seoane

Amigo Seoane:

Facía tempo que sabía de ti polas noticias indireitas de comús amigos i máis agora o teu escelente Fardel de eisilado –que che agradezco– tan cheo de emoción, de arte e de lembranzas, fixo lembrar dos xa vellos tempos en que unha nova mocedade escolar cobijaba unha vida mellor pra Galiza e España.
¿Que fas? ¿En que traballas? Eu son profesor de lingua e literatura española e hispanoamericana en Hunter College en Nueva York no inverno, e en Middlebury College no vrao. Mañán cedo sallo pra Middelbury.
Eu escribín algunhas cousas. Unha obra sobre Galicia na novela de Pardo Bazán. Un estudo sobre a influenza de Curros Enríquez sobre Valle Inclán, a coleición de ensayos que me premiou o Centro Galego de Bos Aires fai dous anos. E teño xa rematado outro sobre as relaciós entre Galiza e Portugal, que coido é un estudo histórico máis completo hastra agora sobre este tema. ¿Coñeces dalgunha editorial que poida ter intrés en publicalo? Non i-o mandei ó concurso literario do Centro Galego porque aínda estou esperando que publiquen o traballo premiado que é, sin dúbida, a exposición máis magnífica do que a Península Ibérica lle debe a Galiza na súa cultura, e que sería de alto intrés pra vós a súa divulgación.
¿Que noticias tes de Galicia? Sigue en Nueva York está de corresponsal da Vanguardia de Barcelona o Fernández Armesto, que se casou cunha sobriña da muller do pobre da Vella.
Si me escribes antes de agosto, a miña direición é:
Profesor Emilio González
The Spanish School
Middlebury College
Middlebury, Vermont.
Dende o doce de agosto, volto a estar en Nova York, onde me tes á túa disposición.

Outra forte aperta

Emilio

1951-06-11 Remitente
de Emilio González López, a Luís Seoane
Nova York
Transcrición

Transcripción da epistola de Emilio González López, a Luís Seoane en 11/06/1951


New York, 11 de xuño de 1951

Querido amigo Seoane:

Acabo de recibir unha carta de Búa dándome a boa nova de co meu libro eiva xa na imprensa e de que ti fuche a forza misma en sacalo adiante. Gracias por elo, coido que será un libro de éixito. Puxen nil tanto traballo como entusiasmo i estimo que será unha arma valiosísima pra unha causa cultural e política, teño gran intrés por ve-la crítica que recibe en Galiza, Portugal e Hespaña. Non toda será favorable, especialmente aos historiadores españoles que non ven con bos ollos a reitificazón da vella historia d´Hespaña. En Portugal hai bos amigos nas universidades e nas revistas universitarias competentes que lle farán xusticia.
Xa me dira-las condiciós en que se pubrica. Pra min o principal é velo fóra e discutido. Ve-las ideas espalladas entre vós e discutidas polos alleos.
Teño varios artigos pra Galiza emigrante. Penso rematalas no Middelbury College, inda teño máis tempo de vagar pra mandarllas.
En Hespaña, hai gran efervescenza ou en Galiza grandísima. O acto de Kovalea en Pailloni ó que asistiron 10.000 personas foi unha foi unha manifestazón da nosa visibilidade.

¿Que fas? ¿Que proyectos tes?
En espera das túas novas, unha forte aperta.

Emilio González