Carlos Gurméndez (1916-1997)Aparece en 1 epistolas
Naceu en Montevideo, fillo dun diplomático español acreditado en Uruguai, veu de neno a España e estudou en Madrid Dereito e Filosofía á vez. Residiu en España ata 1951, data en que se exiliou en París, antes de retornar a Montevideo.
No tempo en España, foi membro fundador do equipo que creou EL PAÍS, traballou na sección de Opinión e como crítico literario. Foi despois embaixador de Uruguai en distintos países europeos ata que foi destituído pola ditadura militar e voltou a España en 1973. Obras:
Ser para no ser (Tecnos, Madrid, 1963); El secreto de la alienación (Península, Barcelona, 1967); El tiempo y la dialéctica (Siglo XXI, Madrid, 1971); Teoría de los sentimientos (Fondo de Cultura Económica, Madrid, 1981); Estudios sobre el amor (Anthropos, Barcelona, 1985); Tratado de las pasiones (Fondo de Cultura Económica, Madrid, 1985); El secreto de la alienación y la desalienación humana (Anthropos, Barcelona, 1989); Crítica de la pasión pura I (Fondo de Cultura Económica, Madrid, 1989); La melancolía (Madrid, Espasa Calpe, 1990); Crítica de la pasión pura II (Madrid, Fondo de Cultura Económica, 1993) e Ontología de la pasión (Madrid, Fondo de Cultura Económica, 1996).