Proxecto Epístola

----

Indalecio Armesto Cobián (1838-1890)

Xornalista, avogado, político republicano, pensador e masón, durante os seus anos de formación en Madrid entrou nos círculos republicanos, participou na Revolución de 1868, foi desterrado dúas veces, e acadou acta de deputado por Pontevedra na lexislatura 1873-1874. Mantivo relación de amizade con Murguía desde os anos de mocidade en Madrid. Procuroulle coas súas influencias colaboracións na prensa, cobroulle algúns pagamentos e conseguiu algúns subscritores para as entregas de La hija del mar. Colaborador habitual en xornais, en particular pontevedreses, formou parte do consello editor de El Progreso, ao que convidou a participar como colaboradores a Murguía e Rosalía de Castro. Dirixiu El Anunciador, o que explica que tomase partido por Murguía na polémica que este tivo en 1978 con Lamas Carvajal, ao que acusou de plaxiar, entre outros, poemas de Cantares gallegos.


Fontes
Barreiro Fernández, Xosé Ramón (2012). Murguía. Vigo: Galaxia.
Barreiro Fernández, Xosé Ramón / Axeitos, X.L. (2005). Cartas a Murguía. 2 vols. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza.
Epístolas
0
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]