Proxecto Epístola

----

Xaquín Lorenzo Fernández (1907-1989)

Epístolas
1 Remitente [1]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1962-10-03 Remitente
de Xaquín Lorenzo Fernández, a Lois Tobío Fernández
Lobeira
Montevideo
Orixinal

Epístola de Xaquín Lorenzo Fernández, a Lois Tobío Fernández en 03/10/1962

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Xaquín Lorenzo Fernández, a Lois Tobío Fernández en 03/10/1962

Ourense, 3-X-62

Sr. D. Lois Tobio
Montevideo

Meu querido irmán: Moito tempo fai que non sei direitamente de tí, anque teño noticias por tua irmá, â que vexo de cotío eiquí.
De todos xeitos, un deber de gratitude faime agora escribirche.
A fins do vran viñen dende Lobeira a Ourense pra ollar os dous pirmeiros volumes da Historia da Galiza que tés a teu cargo. Vin o meu traballo e vín tamén a tua man amiga nél. Sei do traballo que che tivo que dar e o ben que de íl saiches. Deus cho pague.
Esta tua colaboración connosco trouxome âs mentes as nosas angueiras no Seminario de Estudos Galegos e lembrei aquiles tempos que xa non voltarán. Entón ainda había cordialidade no mundo e hoxe somentes podemos vivir de aquelas lembranzas.
De novo, que Deus cho pague.
Recibe unha aperta moi forte do teu de cote amigo e irmán
X. Lorenzo [sinatura autógrafa]

[Nota manuscrita a lapis de Lois Tobío, na esquina superior dereita]: Cont. 15-X