Josefa Martínez CastroAparece en 0 epistolas
Chamada familiarmente tía Pepa, era unha das irmás de Juan Martínez Castro, pai de Manuel Martínez Murguía. Casou con José María Noya, arquitecto municipal da Coruña, quen deseñou o Teatro Principal (actual Teatro Rosalía de Catro), a praza de María Pita e os xardíns de San Carlos en homenaxe a Sir John Moore, ao que Rosalía dedica un poema en Follas novas. A familia viviu na rúa Acevedo nº 6 e na rúa de San Andrés nº 8 desa cidade cando Murguía era neno. Canda eles estaba a súa irmá, Teresa Martínez de Castro, á que se refiren como a tía Teresa. Na casa destes tíos aloxábase Murguía de mozo cando ía á Coruña, por iso o trato debía ser moi familiar. Tal como se pode ver na súa correspondencia, Rosalía non parece ter moito aprezo a ningunha das irmás.