Proxecto Epístola

----

Teresa Martínez Castro

Coñecida familiarmente como tía Teresa, era unha das irmás de don Juan Martínez Castro, pai de Manuel Murguía, e madriña da irmá do historiador, Teresa Josefa, que leva os nomes das dúas tías. Teresa vivía longas tempadas na Coruña, coa súa irmá Josefa e o marido desta, José Mª Noya. Fíxose cargo da súa afillada con motivo da separación dos pais de Murguía e mantén cos sobriños unha relación asidua nos anos mozos. Polas palabras de Rosalía de Castro poderíase deducir que as tías de Murguía xa son maiores ou polo menos a tía Pepa estaría nunha situación que non aconsellaba deixala soa (o seu home morrera en 1863) e Teresa tería que acompañala. Este detalle podería reforzar a hipótese de datación desta carta de Rosalía entre finais de 1873 e 1874, durante a estadía de Murguía en Madrid.
Epístolas
0
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]