Proxecto Epístola

----

Ramón Martínez López (1907-1989)

Político e escritor, exiliado nos EEUU despois da Guerra Civil e de pasar polo campo de refuxiados de Argelès sur Mer. Regresa a España en 1971.
Epístolas
9 Destinatario/a [3]
Remitente [6]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1978-03-11 Destinatario/a
de Valentín Paz-Andrade, a Ramón Martínez López
Orixinal

Epístola de Valentín Paz-Andrade, a Ramón Martínez López en 11/03/1978

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Valentín Paz-Andrade, a Ramón Martínez López en 11/03/1978

Vigo, 11 de marzo de 1978


Sr. Don
RAMÓN MARTÍNEZ LÓPEZ
Académico
General Pardiñas, 7 – 6º B
Santiago de Compostela


Querido Ramón:

Recibo a túa carta, acompañada da que escribe Don Manuel Esteban Nistal González, contento a aspiración de ser nomeado Profesor Numerario de Formación empresarial sin Oposición.
No próximo viaxe a Madrid, tentaréi facer unha xeStión directa, cerca da Dirección Xeral de Enseñanzas Medias, en favor do teu recomendado. Non conozo ben a mecánica d-este tipo de promoción, mais sospeito que será difícil prescindir do trámite da oposición, tan específico do centralismo español ainda imperante.
De calquera xeito informareite dos resultados da miña tentativa que ogallá sexa favorable pra o teu recomendado.
Recibe unha cordial aperta do teu sempre incondicional amigo,

pa/fr.
VALENTÍN PAZ-ANDRADE

1936-00-00 Remitente
de Ramón Martínez López, a Valentín Paz-Andrade
Santiago de Compostela
Orixinal

Epístola de Ramón Martínez López, a Valentín Paz-Andrade en 00/00/1936

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Martínez López, a Valentín Paz-Andrade en 00/00/1936

Santiago [1936]


Meu amigo Valentín:

Rescebín a tua. Pareceme moi ben que te ocupes de duas das persoas mais siñificativas do noso dazanove grande e sin estudar ainda. Tuvestes sorte en dirixirte a min en precura de datos pois e probable que che poda facilitar datos que eu soio poseo. Pol-o depronto ahi che van de Faraldo o que atopei no meu arquiviño caseiro. O expediente e firma e... todo esta inédito (podese decir asi pois os artigos periodísticos...). Pero ó que me referia denantes era ó periodico (descúbrete) El Porvenir do que son o único poseedor, que llo teño prestado a D. Salvador e que tan pronto como veña este de Madride (o sábado ou domingo) che mandarei, sempre que me des a tua mais valorada palabra de honor de que mo coidaras (os nos que se publicaron teñoos todos) como si fora eu mesmo ou ainda millor. De Aguirre teño tamén Corona funebre a Aurelio Aguirre feita pol-os poetas e escritores da epoca –Rosalía, Pondal, etc- que da moitos datos da vida de il... Dime si a tes, e si non mándocha. Teño tamén (e me parez que duplicadas) a sua coleccion de poesías (faltan un ou dous pliegos).
De Faraldo e Aguirre fala bastante Murguía nós Precursores, Bibl. Gallega da Cruña de M. Salazar, T. I (si non o tes mándocho eu que o teño). Tettamanci en Hª de la Revolución Gallega de 1846, e Carré nunha das suas obras (non me acordo agora cal é) de Literatura Gallega (Me parece que a hai no C. Mercantil de Vigo).
De Aguirre hai un artigo publicado na Ilustración Gallega y Asturiana (tes esta obra completa na redacción do P. Gallego no despacho de Angulo na librería abaixo, en rustica e postos verdes de papel) e outro que me parece unha tonteria pero que tes que mirar por si acaso na [ilexible] de N. Correal.
De Faraldo, debes escribir a Betanzos ao cura que che mande a p. de nascimento e che poña en comunicación cos descendentes (constame que os hai e un deles e o autor do artigo do Compostelano) que che pode dar moitos datos. Si atopo algo mais xa cho direi pero coido que como o teu traballo mais ben que un traballo erudito será unha visión do noso dazanove a traves de Faraldo, Aguirre e Añón pode ser que te abonde co istes datos.
Non che convirian datos do ambente cultural e político de Galicia nos anos de estes homes? Podes facer unha cousa bonita, bonita, de estampa integral da Galicia de aqueles anos. Si esto fas eu che podo proporcionar moitos datos por ser unha das miñas chifladuras o periodismo e a cultura do XIX.
Boeno, abonda. Xa me estou entusiasmando demais. Miña fonda e cordial embora pol-a tua conferencia en Madrid. Pareceume xunta coa de Otero (non sei se a deu pero sei de que vai falar) as cousas cousas serias, os unicas cousas finas de esa serie de conversas. Si escribes a Fernando dille... o que queiras pois non quero cair na cursilería de encargarte abrazos, recordos, etc.
O que si che ei de agradecer e que si podes te enteres de si certo desconto que das permanencias se nos facia todol-os meses para o Bibliotecario se reintegraron os catedraticos e si ese e o caso que fagan o favor de mandarme o meu. Esto pregoche o fagas con toda a diplomacia diplomática de un embaixador italiano.
Non estou ainda en Boiro senon en Santiago e ainda estarei bastante tempo.
Espero as tuas novas

Ramón


Fte. De San Miguel, nº 1-2º, ou mais seguro

Seminario de Estudos Galegos

1978-03-07 Remitente
de Ramón Martínez López, a Valentín Paz-Andrade
Vigo
Orixinal

Epístola de Ramón Martínez López, a Valentín Paz-Andrade en 07/03/1978

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Martínez López, a Valentín Paz-Andrade en 07/03/1978

7 de marzal de 1978


Sr. D. Valentín Paz-Andrade
Plaza Compostela, 6
Vigo


Querido Valentín:

Mándoche esas duas cartas, unha do meu libreiro de Austin, a segunda que me escreve, e a outra da Univ. of California Press que ven a decir que "lamentan non ser capaces de identificar o seu pedido a base da información proporcionada. Se poderan averiguar en que campus (a Universidade de California é un complexo de sete ou oito universidades –Los Angeles, Berckeley, Santa Barbara, La Jolla, etc.. etc.-) onde a publicación se orixinou, suxerímoslle que se dirixan directamente ao encarregado das publicacións daquel campus. Pode mandarlle toda a información de que dispoña, autor, título completo, número standar de publicación, título da serie en que se publicou o libro, ou clasificación por materias e volumen das series, data, etc.
Como ves esto é mais difícil que atopar un Presidente pra Xunta. Mais, por si tes algunha indicación que poda axudar, mándama e insistiremos. Non será que a referencia que atopaste era o título dunha tesis doctoral apresentada mais ainda non impresa? Nese caso, obter un microfilm sería posible –se sabemos en que campus da U. de California foi apresentada, mais tamén caro.
O meu libreiro di algo importante: que ese libro non figura no catálogo de libros publicados, nen polo autor nen polo título. E eses catálogos son como a Biblia ou a Constitución naquel país... Tratarase dun artigo nalgunha revista? Vou escrever ao profesor de Portugués da miña Universidade –antigo alumno meu, por ve se él sabe algo desto. Lembranzas de Sabela pra Pilar e pra ti fondas apertas de


Moncho


[Manuscrito:] Mándoche tambén esa carta que me escreve un amigo do meu irmán Pepe a quen non podo faltar. Se puderas conseguir algo ben, mais polo menos agradeceríache a resposta que che manden da Dirección Xeral de Enseñanzas Medias do Ministerio de Educación e Ciencia pra demostrar o meu interés.

1976-07-07 Remitente
de Ramón Martínez López, a Valentín Paz-Andrade
Santiago de Compostela
Orixinal

Epístola de Ramón Martínez López, a Valentín Paz-Andrade en 07/07/1976

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Martínez López, a Valentín Paz-Andrade en 07/07/1976

Santiago de Compostela, 7 de Santiago de 1976


Sr. D. Valentín Paz-Andrade


Meu querido Valentín:

O teu poema fixo o miragre de facerme vivir con agudo dramatismo aqueles días da miña fuxida que ti evocas e nos que tivestes tanta parte, valor e xenerosidade. Si, lémbrome ben, faleiche «polo aramio» dende a casa do finado Trabazo. De seguida te decatastes da gravedade do meu caso. Non fixen mais que darte o meu nome: Moncho. Dempois no teu despacho acima do Derby o encargo ao alcalde, a viaxe, o encontro cos falanxistas que voltaban de Valladolide de asistir aos funerales de Onésimo Redondo, e o paso do río pola tardiña –vai fazer pronto 40 anos- e finalmente a salvación.
Mais o teu poema non é somentes dramaticamente preciso senón de requintado valor artístico e de ritmo amplo e clásicamente «novo». Deus cho pague! Deixareillo á miña filla coa meia ducia mais de documentos referentes á miña vida. Sabela fíxomo ler tres vegadas e eu non sei cantas o leín. Se me perdoas empregarei o teu verso e decirche que eu non serei para ti, para o que fixeches por min e para o teu estupendo poema –cando publicas o libro?- como o «río... unha vida que corre sen memoria».
Apertas fondas do teu irmán

Moncho

1975-06-08 Remitente
de Ramón Martínez López, a Valentín Paz-Andrade
Santiago de Compostela
Orixinal

Epístola de Ramón Martínez López, a Valentín Paz-Andrade en 08/06/1975

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Martínez López, a Valentín Paz-Andrade en 08/06/1975

Santiago de Compostela, 8-S. Xoan, 1975



Meu querido Valentín:

Denantes d’escrevir estas liñas xa botei no correio unha carta para o meu excelente amigo Enrique (Martínez López) que estaba no ano 1971 efectivamente na Universidade de California en Santa Bárbara (Hai 14 universidades naquel Estado). Enrique é granadino, casado e dimpois divorciado dunha rapaza brasileira que nos congresos foi considerada a miña muller por aquelo dos apelidos, etc. etc. Enrique traballou sobre todo no período barroco brasileiro –influencias do Góngora no Gregorio de Matos- e algo fixo tamén en literatura brasileña contemporánea. Ensinou en Recife dous ou tres anos denantes de vir aos EE.UU. Se me ouveras dado a data do traballo sería máis rápido pedir aos meus amigos de Texas un Xerox. De todos modos –supondo que non se foi de Santa Bárbara- non tardará en mandarme copia do seu artigo.
Xa vexo que estás metido en fariña e que a entrada será pronto. Interésame porque estoy facendo cola e ando a voltas xa con meu «rollo» que «rollo» e todo prometo non durará máis de 50 minutiños. Xa lle dixen a Isidoriño que fora un pouco longo. Perto de duas horas...
Nada sei do catalán Francisco Faus... pero coido que será fácil localiza-lo nesta nosa penínsoa.
Tan cedo como teña novas de California, craro, enviareichas. Os nosos amigos académicos según me dixo ainda hoxe Vidal Abascal están nervosos e até ameazantes contra nos os «electos»... Eu vou ver si acabo con ista tarefa despois de ti. Os nosos mellores saudos pra Pilar e pra ti unha grande aperta de

Ramón

1962-07-01 Remitente
de Ramón Martínez López, a Valentín Paz-Andrade
Orixinal

Epístola de Ramón Martínez López, a Valentín Paz-Andrade en 01/07/1962

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Martínez López, a Valentín Paz-Andrade en 01/07/1962

[Hita, xullo 1962]


Querido Valentín:

Aquí tes a Don Melón i a Doña Endrina denantes de folgar. O arcipreste non anda lexos. Logo nos contará como folgaron.
O Festival é unha delicia, unha das cousas que val a pena haber visto. Ti es o esprito galego mais avizor. ¿Por qué non en Galicia algo semellante?
Unha aperta de

Ramón

1954-10-21 Remitente
de Ramón Martínez López, a Valentín Paz-Andrade
Texas
Orixinal

Epístola de Ramón Martínez López, a Valentín Paz-Andrade en 21/10/1954

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Martínez López, a Valentín Paz-Andrade en 21/10/1954

Texas, 21 oct. 1954

Meu querido Valentín:

Fai dos minutos recevin a tua carta. Non podo explicarte con canta emoción. Chamei a Isabel para decirllo e ainda nervoso pola estupenda sorpresa séntome a contestarche. Meu amigo e irmán Valentín! Ainda que non nos escrevimos durante todos estes anos eu teño sabido de ti constantemente por moitos amigos comuns, por Isabel, por meu irmán Pepe por todos os que me podían dar novas tuas. Esquecereime do meu nome mais endexamais do que en circunstancias traxicas fixeches por min. Sen querer darme importancia macabra coido que se non fose por ti a estas alturas moi ben podería estar vigorizando algún toxo ou carqueixa da nosa terra. Aquela escapada co teu amigo foi algo que envexaría calquer romántico emigrado do seculo pasado. Con as suas gotas de contrabandeo e todo. O noso Minho tan axeitado para as miñas escasas habilidades natatorias! As silvas dos torreons de Monção á meia noite! O meu encontro na fonda co Presidente das Juventudes Católicas de España acurrucado alí como un coello á espera de boas novas- que eu me apresurei a dar, naturalmente-! E agora tu ahí ao outro lado da raia e nos eiqui, tan perto! Non pode ser que perdamos esta ocasión de vernos. O meu problema para ira a verte é que Isabel –con quen faría a viaxe- é ainda española e ten dificultades para conseguir o visado para pasar a México. A pequena Maribel –catro anos e tres días- é logicamente ou legalmente se queres, americana como eu ou mellor dito mellor que eu por ter nacido nesta terra. Non poderías ti parar en Houston ou Dallas no teu viaxe a New York? O problema é de tempo pois o boleto de tren ou avión serviríate o mesmo. Nos iríamos a recollerte a calquera de estas cidades. O servicio de tren a New Yok é diario e excelente. Sería un sono pensar que podiamos ter con nos ao Valentín os dias de Nadal? Pero se non pode ser para estes dias calquer dia é bó para nos. Isabel estaba tan nervosa cando ouviu as novas da túa estadía no México que me pediu te mandache unha forte aperta. Maribel é loiriña e para o noso parcialisimo gosto, encantadora. Decembro é o mellor mes en Texas. Moitos anos podemos xantar e estar ate meia noite no back yard que supoño que se chamará xardín ou salido na nosa terra. Falaríamos de moitas cousas. Levariate a ver o que quixeras de esta terra. Presentariache gente interesante e non cowbóyica (Abofellas!). Até saberías das miñas aventuras abogadiles nesta terra. Fai cinco anos estou traballando con firmas de abogados nesta capital en problemas de dereito civil español-mexicano que cobre todas as cesións de millóns de acres feitas antes da independencia. Como eiquí ninguén sabe nada mais que a Common Law eu resulto un «consul tant» en materias de Civil Law. Até é posible que faga a reválida! Traballei con Sánchez Román no asunto das terras sumergidas da costa de Texas nas oficinas do Fiscal general de este Estado. Agora teño entre mans tres pleitos! Dame moita vergoña falarlle ao Valentín destas cousas pero dígochas como si llas contase á miña nai. Non estive en Ancora senón catro kilometros ao Norte, en Moledo do Minho ouvindo ás nosas xentes da Guarda cantar xa que non me deixaron entrar. Agora parece que co novo tratado non precisaría visado co meu pasaporte americano e preparamos un viaxe á terra.
Espero que non precisarei de ti outra vez para fuxir. Sintome orgulloso de saber que os teus coñecimentos únicos en materia economica pesqueira son recoñecidos polo mais alto organismo internacional! Dalle unha aperta ao Bal e a sua dona.
E ti recibe a mais garimosa aperta do teu irman

Ramón



[Na marxe:] Como non quero que esta carta se demore nen un minuto mais do debido aproveito esta vella foto de Maribel –a que levo conmigo na carteira- para mandarcha. Tiña cando foi sacada a foto tres anos.

1986-11-00 Destinatario/a
de Valentín Paz-Andrade, a Ramón Martínez López
Vigo
Santiago de Compostela
Orixinal

Epístola de Valentín Paz-Andrade, a Ramón Martínez López en 00/11/1986

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Valentín Paz-Andrade, a Ramón Martínez López en 00/11/1986

[Vigo, novembro de 1986]


Ilmo. Sr. Ramón Martínez López
Presidente da Fundación Castelao
Pardiñas, 7 – 6º B
Santiago de Compostela


Benquerido Ramón:

Xa te imaxinarás o trauma íntimo que para min supón non me atopar presente e participante nas xornadas do Congreso sobre Castelao. O cativo estado de saúde que veño aturando, con altibaixos, desde hai moitos meses, non me permite arriscarme a un novo atranco no proceso de convalecencia. Desgraciadamente outros compromisos, tambén vinculantes para min, viñeron a recrudecementos ulteriores.
Reducido, como me vexo, a facer patente a miña afervoada adhesión a canto o Congreso ten de merecida exaltación a figura de Castelao e da sua obra, fundamental e lumiosa, permíteme pedirche que o fagas constar así, si estimaras oportuno, n-algunhas das Xornadas a vir, con a miña saudación cordial e saudosa a todos os Congresistas.
Con os meus afervoados votos pol-o éxito do Congreso, recibe arrochadas apertas do teu sempre incondicional



[V. Paz Andrade]

1954-10-18 Destinatario/a
de Valentín Paz-Andrade, a Ramón Martínez López
México
Austin
Orixinal

Epístola de Valentín Paz-Andrade, a Ramón Martínez López en 18/10/1954

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Valentín Paz-Andrade, a Ramón Martínez López en 18/10/1954

México, 18 oct. 1954


Sr. Don Ramón Martínez López
Prof. Texas University
Austin


Querido Ramón:

Xa me imaxino canto te sorprenderá ter novas miñas, denda capital de México. Estou eiqui dende hai dez dias, dirixindo a parte economia pesqueira, n-este Curso organizado pol-as United Nations. Veñen requerindo a miña pouca sabencia n-esa rama, dende hai algúns anos, e ainda sen gran proveito persoal, veño colaborando n-esta laboura de levar mais pan a-os famentos do mundo.
Estaréi na Repubrica deic-a decembre. Na capital soilo ate fin do mes actual, e dez dias de decembre. Unha quincena, a primeira de novembre, en Mazatlan, e a outra en Veracruz. Despois retornaréi por New-York, seguramente. Xa estuven tres dias ao vir.
Séi, por Bal e outros amigos, que te atopas ben, e que tendes un fillo texano. Moito me teño lembrado de ti, e contado a escea derradeira, encamiñada a tua evasión. O pobre Carlos Suarez, de Salvaterra, morréu xa hai anos, de cancer.
Calculo que non poderéi darche unha aperta, n-esta viaxe, mais non queria deixarte de acusar a miña presencia perto de ti. Hai xa dous anos e pico, cando segun dixeron estuveche en Ancora, Ramón Obella i-eu, anduvemos unha mañan petando as portas de todal-as pensions da vila, sin froito. O pobre Ramón tamén morréu, n-unha decadenza corporal tristisima. Tuven que atendel-o, co-a miña muller, até o pasamento. Longo drama, que o gran Ramón, corazón d-ouro e mente bulidora, non merescía.
Esta carta, como denantes indico, soilo é un acuse de presenza no mesmo continente, e de refrexar a ledicia que a vosa produce en min.
Miña lembranza mais garimosa a tua dona, e a aperta mais arrochada do teu sempre irmao


V. PAZ-ANDRADE