epistolarios

----

María Josefa Martínez Viojo (1805-)

Irmá de José Martínez Viojo, pai de Rosalía. O matrimonio formado por Miguel Martínez e Manuela Viojo, veciños de Ortoño, tivo oito fillos dos que sobreviviron cinco: Rita Benita Cayetana (1794), José (1798), Juan Antonio (1801), María Josefa (1805) e Teresa (1808). Durante moito tempo considerouse que as irmás máis novas de José Martínez Viojo, Teresa e María Josefa, coidaran a Rosalía de Castro durante a súa estadía en Ortoño, pero isto só podería ser como moito ata que a nena cumpriu catro ou cinco anos, porque con esa idade rexístrase vivindo coa súa nai en Padrón. En realidade Josefa Martínez Viojo casara en 1827 con José Tobío Casal, natural de Lamiño, en Brión e asentáranse na casa del, pois todos os seus fillos figuran inscritos en Brión, se ben irían con certa frecuencia a Ortoño, onde quedara de vinculeiro Juan Antonio. O primoxénito de Josefa, Ramón Tobío Martínez, casou con Juana de Campos e estes son os pais de Luis Tobío Campos, que lle escribe a Rosalía dando noticias da súa avoa.

Fontes
Vilas Barbeito, Lino (2012). “El linaje Martínez-Viojo y la Casa del Castro de Ortoño: nuevas aportaciones sobre la supuesta familia paterna de Rosalía”. Anuario de Estudios Mindonienses, n.º 28, p. 599-634.
Epístolas
0
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]