epistolarios

----

Alejandra Martínez-Murguía (1859-1937)

Primoxénita de Rosalía de Castro e Manuel Murguía, tivo como padriño a Alejandro Chao. Formouse como debuxante e por esa razón participou na formación artística do seu irmán Ovidio. Colaborou con debuxos en La Ilustración Cantábrica e La Ilustración Gallega y Asturiana e consérvase un retrato de Rosalía feito por ela. Estreita colaboradora do seu pai, debuxou monumentos, edificios e obxectos para ilustrar o traballo do historiador. Viviu na casa do seu avó paterno, Juan Martínez Castro, cando os pais residían na Coruña. Foi vivir a Madrid co seu pai cando este asumiu o cargo de director de La Ilustración Gallega y Asturiana, entre 1879 e 1882. Encargouse da queima dos papeis inéditos de Rosalía de Castro, atendendo á vontade expresa da escritora. En diversas ocasións informou sobre as calidades musicais da súa nai, que adoitaba tocar varios instrumentos. Interpretou varias veces en público a Alborada composta por Rosalía de Castro, e por esa razón actuou como informante para os folcloristas Casto Sampedro e Perfecto Feijoo.



Fontes
Naya, Juan (1974). “El final de una estirpe: Rosalía de Castro y Manuel Murguía”. Boletín de la Real Academia Gallega, n.º 356, p. 24-49.

Filgueira Valverde, Xosé (1986). “Rosalía de Castro e a música”. Actas do Congreso Internacional sobre Rosalía de Castro e o seu tempo. Santiago de Compostela: S.P. da Universidade de Santiago de Compostela, p. 33-56.
Epístolas
0
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]