Proxecto Epístola

----

Francisco Antonio Mourelle (1750-1820)

Piloto e explorador galego, contemporáneo de navegantes lendarios como James Cook, Jean François La Pérouse ou Alesandro Malaspina. Ingresou na Academia de Pilotos de Ferrol en 1763, onde recibiu o título de pilotín. Con posterioridade, chegaría a ser xefe de escuadra da Armada e cabaleiro da Orde de Santiago. Participou en expedicións senlleiras no océano Pacífico á procura de novas rutas marítimas e descubriu novas illas en Oceanía. As anotacións escritas como resultado das súas viaxes, en fragatas como a chamada Santiago ou Nova Galicia, teñen grande relevancia desde o punto de vista da xeografía e da historia natural. Na documentación o seu nome por veces figura na forma errónea de Maurelle, o que explica a forma de distintos topónimos como Port Maurelle (Vavao), a Maurelle Island (Canadá) ou as Maurelle Islands de Alaska. Entre as súas misións militares, salienta o desembarco de parte das tropas que se opuxeron en Cádiz ao levantamento de Riego. Está enterrado no Panteón de Mariños Ilustres de San Fernando. Devanceiro de Eduardo Pondal Abente, por liña materna, Murguía interesouse pola figura do mariño e pediulle ao seu amigo Eduardo Pondal que lle enviase información biográfica.

Fonte

Fraga Vázquez, Xosé A. (2014).“Francisco Antonio Mourelle de la Rúa”. Álbum da Ciencia. Consello da Cultura Galega. link (3-2-14)
Epístolas
0
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]