Proxecto Epístola

----
Epístolas
2 Destinatario/a [1]
Remitente [1]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1980-10-30 Destinatario/a
de Lois Tobío Fernández, a Arximiro Rojo
Madrid
Vigo
Orixinal

Epístola de Lois Tobío Fernández, a Arximiro Rojo en 30/10/1980

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Lois Tobío Fernández, a Arximiro Rojo en 30/10/1980

Madrid, 31 de outubro de 1980

Querido amigo Argimiro: Moito me aledóu a tua carta ao saber que es profesor, nese Colexio Universitario, de Teoría do Estado, a miña máis vella afición e especialización (non sei si sabes que eu traducín a Teoría do Estado de Hermann Heller). Pra as cousas do galeguismo supoño que xa estarás en contacto co grupo de Galaxia. A Fundación Penzol coa sua estupenda Biblioteca, poderá ser un instrumento de traballo sen parello.
Sentín non estar en Madride pra asistir á leitura da tua tesis. Eu mándoche a máis afervoada felicitación polo éxito acadado con "cum laude".
Cando me chamaches eu estaba en Sitges coa miña muller. Alí púxenme malo e tivéronme que operar de urxencia (cousa da próstata). Pasei un tempo amolado pero agora xa me atopo ben.
Se eu for a Vigo non deixaréi de chamarte. Coñezo esa terra que é maravillosa. Paséi un vran na chamada "Playa América", perto de Panxón.
A organización xuvenil checa de que algunha vez falamos chamábase o "Sokol". Un amigo meu, checo, a quen lle preguntei, díxome que ese nome quer dicer "falcón". Era algo así como os "Boy-Scouts" pero andemáis con senso patriótico checo, como antagistas do réxime habsburguiano. Foi fundada en 1862. Os cataláns crearan algo semellante nos anos 20, co nome de "Palestra". En realidad, o Sokol tiña tamén unha sección de adultos.
Si ves por Madride, non deixes de chamarme pra falarmos un pouco das tuas cousas. O de ires a Bós Aires podes deixalo pra máis adiante coma dis. Por certo que hai un rapaz, Delfín Mariño, que é de Vigo e profesor na Escola de Inxenieiros de Telecomunicacións que me chamóu para informarse encol do movimento galeguista na América. Seica está a facer algún ensaio ou traballo verbo delo.
Penso que non che estaría mal que te puxeses en contacto co Seminario de Estudos Galegos (Santo Domingo de Bonaval. Santiago) que está a rexurdir con novos azos e ten varias seccións. Como sabes eu fun un dos fundadores. Ten boas perspectivas de ir adiante.
Sabes que podes contar conmigo pra o que precises e mándoche unha boa aperta.

1980-09-28 Remitente
de Arximiro Rojo, a Lois Tobío Fernández
Vigo
Madrid
Orixinal

Epístola de Arximiro Rojo, a Lois Tobío Fernández en 28/09/1980

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Arximiro Rojo, a Lois Tobío Fernández en 28/09/1980

COLEGIO UNIVERSITARIO DE VIGO
CIENCIAS ECONOMICAS
––––––––––––––––––––
28/IX/1980

Querido amigo:
Como ves estou en Vigo traballando niste Colexio, en calidade de Profesor Adxunto de Teoría do Estado e Sistemas Políticos. Podo decirche que estou muy contento con iste traballo y estou seguro que a travès del podrèi desenvolver certas aitividades relacionadas co maravilloso mundo do Galeguismo.
Chameite varias veces a tua casa pra invitarche a leitura da Teisis pero xa estabas lonxe de Madrì, según me dixo a tua filla. Dèronos o "Cum laude", que eu brindo o galeguismo e os vos galegos como tì. Espero que todo che vaya ben e que pronto poidamos vernos pra falar de cousas tan interesantes como de costumbre. Tèñoche ademais que devolver unhos libriños que me deixaches o ano pasado.
Teño que decirche tamèn que me denegaron a beca pra ir a Bòs Aires a estudiar o fenòmeno do galeguismo político. Penso que a compensación a esa negativa foi boa e agora estou contento de ter esto e non ir o extranxeiro. Mais adiante pode ser.
Amigo Tobìo, eiquì me tes a tua disposiciòn. Cando queiras verme facer unha visita; estou seguro que che gustarà o sitio, as aforas de Vigo, rodeados de piñeirales... todo muy bucòlico.
Recibe unha aperta de teu amigo

Argimiro Rojo [sinatura autógrafa]