Proxecto Epístola

----

Segundo Pampillón (1907-1980)

Funda en Mos o partido Acción Republicana. O 9 de marzo de 1936 é elixido Alcalde. Tralo golpe de estado de 1936 é encarcerado en Tui, no frontón de Vigo e no cárcere da rúa Príncipe. Grazas á mediación do seu sogro logra saír en liberdade e ao pouco tempo foxe a Portugal e de aí a Arxentina. Á súa chegada a Bos Aires en abril de 1937, súmase ao Centro Republicano Español. Foi membro do Consello de Galiza en 1960 e participou moi activamente do Instituto Arxentino de Cultura Galega do Centro Galego de Bos Aires. Tamén traballou na radio sendo o coordinador do programa "Galiza en América" de Radio Nacional, así mesmo colaborou no programa "Galicia Emigrante" que dirixía Luís Seoane.
Epístolas
0
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]