epistolarios

----

Ramón Piñeiro (1915-1990)

Senlleiro intelectual, escritor e político galego do século XX. Foi homenaxeado co Día das Letras Galegas de 2009. Foi o primeiro presidente do Consello da Cultura Galega trala súa constitución.
Epístolas
136 Destinatario/a [87]
Remitente [49]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1982-00-00 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 00/00/1982

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1974-01-11 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 11/01/1974

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1973-11-19 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 19/11/1973

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1973-08-01 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 01/08/1973

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1971-11-13 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 13/11/1971

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1971-10-31 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 31/10/1971

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1971-10-29 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Madrid
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 29/10/1971

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1971-10-06 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 06/10/1971

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1971-05-28 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Nova York
Santiago de Compostela
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 28/05/1971

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1971-02-05 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 05/02/1971

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1970-12-00 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 00/12/1970

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1969-07-15 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Rentería
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 15/07/1969

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1968-11-24 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 24/11/1968

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1968-06-12 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 12/06/1968

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1967-09-27 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Rentería
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 27/09/1967

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1967-08-21 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Rentería
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 21/08/1967

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1966-02-15 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 15/02/1966

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1965-07-20 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 20/07/1965

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1965-04-15 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Rentería
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 15/04/1965

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1965-02-04 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 04/02/1965

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1964-09-13 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 13/09/1964

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1964-03-08 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Donostia
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 08/03/1964

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1963-01-21 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 21/01/1963

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1962-12-21 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Rentería
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 21/12/1962

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1962-02-10 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 10/02/1962

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1961-02-12 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Rentería
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 12/02/1961

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1961-01-30 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 30/01/1961

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1960-07-11 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 11/07/1960

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1959-11-25 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 25/11/1959

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1958-07-24 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 24/07/1958

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1958-03-24 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 24/03/1958

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1958-03-03 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 03/03/1958

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1958-02-14 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Rentería
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 14/02/1958

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1957-12-10 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 10/12/1957

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1957-06-07 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 07/06/1957

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1957-03-22 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 22/03/1957

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1957-01-23 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 23/01/1957

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1956-07-29 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Rentería
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 29/07/1956

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1956-06-22 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Donostia
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 22/06/1956

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1956-05-23 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Donostia
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 23/05/1956

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1955-12-23 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Rentería
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 23/12/1955

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1955-09-20 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Donostia
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 20/09/1955

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1955-05-27 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Donostia
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 27/05/1955

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1954-12-22 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Donostia
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 22/12/1954

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1954-11-02 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Rentería
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 02/11/1954

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1954-09-07 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Rentería
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 07/09/1954

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1954-02-00 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 00/02/1954

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1954-01-31 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Rentería
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 31/01/1954

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1954-01-01 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Rentería
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 01/01/1954

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1953-08-22 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Rentería
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 22/08/1953

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1952-12-14 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Rentería
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 14/12/1952

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1952-08-02 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Rentería
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 02/08/1952

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1953-07-19 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Rentería
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 19/07/1953

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1952-06-17 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Rentería
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 17/06/1952

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1952-04-05 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 05/04/1952

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1951-12-22 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Rentería
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 22/12/1951

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1951-10-26 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 26/10/1951

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1951-10-23 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Rentería
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 23/10/1951

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1951-05-03 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Rentería
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 03/05/1951

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1951-03-01 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Rentería
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 01/03/1951

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1950-06-30 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Madrid
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 30/06/1950

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1950-06-18 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Madrid
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 18/06/1950

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1950-05-13 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Rentería
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 13/05/1950

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1949-12-06 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Rentería
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 06/12/1949

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1949-09-05 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Rentería
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 05/09/1949

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1949-07-28 Destinatario/a
de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro
Rentería
Orixinal

Epístola de Koldo Mitxelena, a Ramón Piñeiro en 28/07/1949

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1978-12-00 Remitente
de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 00/12/1978

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 00/12/1978

Compostela, Nadal 78


Benquerido Luis:

Hai días que chegou Imágenes de Galicia e, contemplando o seu contido, sentinme engaiolado pola extraordinaria forza evocativa que del se desprende. Para min, vén ser como un fermoso códice capaz de despertar no noso espírito os tesouros do noso pasado lexendario, mítico, histórico, poético. Un pasado que herdamos dos nosos devanceiros e que está vivo nas camadas máis profundas do noso ser, moitas veces ensumido no estado latente de emoción vaga, imprecisa, neboenta. Pero o teu libro, que merece ser manexado coa devoción íntima con que noutros tempos manexaban os “libros de horas”, ese sustrato neboento do noso ser colectivo cobra presencia máxica. As distintas dimensións de Galicia aparecen nesas páxinas con toda a forza da súa significación, ennobrecida pola gracia do arte, do teu arte. Gran parte da tua obra, querido Luis, é o mellor testemuño con que conta a nosa cultura da Galicia soñada e vivida desde o exilio, desde a emigración. Hai unha Galicia de Seoane, e esa Galicia ten tanta personalidade artística e tanta orixinalidade creadora como a Galicia de Valle Inclán, ou a Galicia de Otero Pedrayo, ou a Galicia de Castelao. Graciñas polo exemplar do libro. ¿Cándo che poderei corresponder mínimamente?

Polos viaxeiros que foron ahí, fomos sabendo de vós. Tamén soupemos por iles que chegaredes aquí coa primavera, cousa que nos alegra. Sempre nos lembramos de vós, e nestas datas aínda máis.

Apertas nosas para os dous


Ramón

1978-04-17 Destinatario/a
de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro
Bos Aires
Santiago de Compostela
Orixinal

Epístola de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro en 17/04/1978

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro en 17/04/1978

Buenos Aires, 17/IV/78


Querido Piñeiro:

Remitinlle a Xulio Maside, fai mais dun mes por certificado aéreo o 11 de Marzal, un traballo sobor do seu tio Carlos para un libro que tiña de se imprentar nesa. O envío leva esa data e o número de certificado no correo de Buenos Aires é o 1672. A pesares de lle pregar unha resposta inmediata por tratarse dun orixinal, aínda é hoxe o dia que non sei si o recibín ou non. Lamento ter que pregarche este novo favor de preguntarlle si o recibíu. O traballo está feito de presa, mais creo que pode interesar.

Recibide tí, Isabel e Sara a forte aperta de Maruxa e miña:


Seoane

1978-04-05 Destinatario/a
de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro
Bos Aires
Santiago de Compostela
Transcrición

Transcripción da epistola de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro en 05/04/1978


Buenos Aires, 5 de Abril de 1978

Sr. D. Ramón Piñeiro
Santiago

Querido Piñeiro:

Recibín os recortes que me enviaches e unha nota na que evocas o plebiscito do 36. Pasaron, efectivamente, 42 anos dende entón e si ben a idea da autonomía é mais popular, matino, en troques, que as testas que a sosteñen son menos sabias, senón, ¿cómo é posible que o descoñecido señor Rosón, do que falan mal políticamente seus veciños emigrantes, sexa presidente da Xunta de Galicia, e non tí, que tanto traballaches nun medio tan dificil como o universitario durante trinta anos, ou Domingo, cuias dotes políticas eu coñezo dende a época da F.U.E. e cuia laboura de ensaísta, de conferenciante, etc., feita tamén dende entón é da mais importante da sua xeneración, e tamén é un parlamentario? ¿É que Galicia vai ter sempre en cada unha das provincias catro ou cinco concellos de cuios votos poder dispoñerse en unha elección pra erguer a categoría de parlamentarios a calquera? E posibre que dentro dun ano Galicia teña a sua autonomía. Mais ¿terá de ser con xente como a que agora compón a sua Xunta? Fágoche estas preguntas, non as contestes si queres. Eu, logo de ter traballado casi soio, sin medios, eiquí, e feito moitos plans que nunca se cumplirán para ahí, xa non espero nada senón o continuar grabando e pintando que parece ser o meu. Tampouco estou xa seguro. Agradezoche os recortes. Hoxe recibín o número 3 de A Nosa Terra, seguramente porque trae unha carta do lector Xosé Abraira, referíndose a A Nosa Terra de Buenos Aires, unha caricatura de aquela feita polas Irmandades da Fala e logo do Partido Galeguista. Ou cecáis pra que vexamos como se meten con Valentín, porque a historia da vida dos homes non conta.
Unha gran aperta pra Isabel, Sara e tí de Maruxa e miña:


[Escrito a man]
Agradezoche moito o envío dos recortes e a única información miña de Galicia.

1978-02-07 Destinatario/a
de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro
Bos Aires
Santiago de Compostela
Orixinal

Epístola de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro en 07/02/1978

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro en 07/02/1978


Buenos Aires, 7 de Febreiro de 1978

Sr. D. Ramón Piñeiro
Santiago

Querido Piñeiro:

Poucas verbas pra che agradecer os recortes que me remitiches encol da preautonomía. Na prensa de eiquí non se publica nada sobor Galicia, ou moi pouco. O que se publica son noticias de moi pouco interés, o que non ocurre cos problemas bascos e cataláns. A xente está, en xeral, informada da eisistencia da preautonomía de eses dous países, mais non se dou a noticia da referida a Galicia, a pesares de que a axencia Efe está chea de periodistas galegos, e é da que se nutren nas referencias a España os xornaes arxentinos.
Cheguei mal a Buenos Aires, con unha gripe collida en Madride e pola que estuve mal uns dez días, mais xa estou traballando, aínda que non coa intensidade que acostumo, en parte, penso, polo clima déste mes de vran, calor, tormentas, inundacións, fresco, ao mellor nun mesmo día todo. Estes dias inicio os grabados dun libro de cen estampas de grabados en madeira adicados a Galicia para unha editorial arxentina. Esto é todo hoxe.
Unha gran aperta pra Isabel e pra tí de Maruja e miña. Tamén para Sara

Nota: Ao finar esta carta chegáronme as probas de Galicia 2002 que foron remitidas a Coruña o 24 de Xaneiro. E da Coruña aquí uns sete dias. Na imposibilidade de poder comprir co plazo que sinalaba o Vicerrector pra entregar as probas correxidas, pregaríache que ti ou Ruibal, ou García Bodaño, ou quen dispuxeses, as correxisen, suprimindo as miñas intervencións, mal recollidas polo aparello grabador e transformadas adiviñando o que eu dixen por quen interpretóu, coa mellor intención, o que eu dixen. Por exemplo, en unha delas fanme decir que os italians viñan a Arxentina en millores condicións de alfabetismo que os galegos, facendo o eloxio da escola primaria en Italia. E esto é inexacto, os italiáns viñan a este país en condicións similares aos galegos, resto dos españoles e portugueses. Penso que nos primeiros trinta anos déste século con maior proporción de analfabetos que os galegos. Por eso penso que deben de borrarse as miñas intervencións verbales. Eu sinto moito todo esto, non me importan demasiado as erratas cando non alteran o que se escribe. Mais estas non son erratas, senón malas interpretacións do que o aparello grabador recolleu mal polo que fose.
Nunca me pasou nada similar a esto. Perdóademe, mais eu non quixera que a xente matinara que non sei o que digo.

1978-00-00 Remitente
de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 00/00/1978

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 00/00/1978

Ca 1978

Querido Luis:

Tardei en contestar a tua carta porque esta tempada tiven que facer varias viaxes e a correspondencia foi quedando sin resposta inmediata.
Cando recibín a carta, púxenme á fala co profesor Díaz e díxome que el mesmo correxiría personalmente as probas da tua colaboración. Faleille dos fallos de transcripción a que facías referencia na tua carta e mostrou a mellor disposición para complacer os teus desexos. Desde logo, mostrou unha actitude máximamente amistosa en todo o referente a tí. Incluso me dixo que, en principio, tivera a ilusión de que a portada do libro a fixeses tí, pero que ao cabo non puidera ser porque estabas canso.
Houbo un compás de espera no proceso preautonómico. Coido que non tardarán en poñelo de novo en marcha. Nestas últimas semanas, houbo moito rebumbio coa candidatura de Pío Cabanillas á Presidencia da Xunta de Galicia. Eu coido que o bon do Pío non ten interés ningún en vir para Galicia porque os seus intereses e cobizas políticas están en Madrid. Sería ben raro que deixara de ser ministro alá para vir presidir a Xunta. Máis ben penso que a sua candidatura foi unha andrómena para ganar tempo, millor dito, para retrasar o momento de aprobación do decreto.
Por aquí temos unha tremenda invernía.
Onte ingresou Mariñas del Valle na Academia Galega e contestoulle o Másimo. Os dous estiveron moi ben.
Apertas nosas para os dous

Ramón

1977-10-01 Destinatario/a
de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro
Bos Aires
Santiago de Compostela
Orixinal

Epístola de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro en 01/10/1977

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro en 01/10/1977

Buenos Aires, 1º de Outubro de 1977

Sr. D. Ramón Piñeiro
Santiago

Querido Ramón:

Recibín a tua carta do 16 do mes pasado que agradecín moito, púxonos moi ledos o que tivésedes estado xuntos Lorenzo e Marika con vos. Houbéseme gustado estar presente na vosa xuntanza despois de mais de corenta anos de non se ter visto. Varela é un home de gran talento, con unha obra de poeta en castelán moi espallada en pequenas monografías, catálogos, prólogos e con unha laboura de crítico de arte que a xente lembra con moito respeto pola súa xusteza e sensibilidade. Do que ocurre en España, en xeral, estamos moi informados pola prensa. Trátase en cada país de ter ao tanto ao lector das desgracias, ou supostas desgracias, de outros países. Para min o máis importante é que a apertura progrese aínda que de momento non os satisfagan moitas das medidas que se toman. E, en canto a Galicia, con unha concencia galeguista superior ao pasado, penso que lle falta prensa no exterior, que as axencias periodísticas non se ocupan dos sucesos galegos ou dos problemas de Galicia na proporción que deberan e en relación con cataláns e vascos. Matino que tiña de se estudar a creación de unha axencia de noticias galega que surtise esa información á prensa da penínsua e das terras onde hai emigrantes nosos.
Recibín o libro de Freixanes que che agradezo. Lástima que nesa entrevista que se refire a min casi invéntame unha vida que non é a miña. Nin meu pai foi tendeiro, senón un emigrante que traballou en moitas cousas como todolos emigrantes, rematou sendo un comerciante moi chestertoniano, algún dia escribirei desto, nin eu fun á escola na Coruña porque me mandaron meus pais, senón simplemente porque vivíamos na Coruña, onde logo traballei de abogado con bastante éxito, para os dous ou tres anos en que me adiquei a elo; nin teño sillón de vimbio na miña casa da Coruña, nin a muller que pintei con un cartel no peito era a nai de un emigrante, sinón unha emigrante que escarneceron as autoridades suizas, etc. E non entendeu tampouco a miña posición en canto aos emigrantes. Eu deféndoos como pobo, no seu conxunto, non me refiro senón en poucos casos, a eles individualmente. Cando son centos de miles os que saen de un país cara outro é como si se tratara de unha invasión pacífica e van creando hestoria. E tamén cando son centos de miles algo fan sempre pola sua terra. Eu tamén estou resentido persoalmente con algúns emigrantes mais penso que equivalen na sua mentalidade aos comerciantes de ultramarinos de Galicia, e estes tampouco endexamais me preocuparon. Eu separeime absolutamente da colectividade galega de Buenos Aires aínda que ela colectivamente hónrame como galego e ademíroa, como ademiro a todos os homes da terra que loitan soios sen outra axuda que a sua solidaridade. Nunca lles pedín nada, e cando traballei para eles pagáronme. Todo o outro que fixen fíxeno por Galicia e non tiven necesidade do estímulo da colectividade. A miña vida intelectual estivo sempre en relación cos que tiñan iguales preocupacións artísticas e literarias fosen ou non galegos. Eu nunca, estando en Galicia, me preocupei da opinión encol de min da Cámara de Comercio da Coruña, por poñer un exempro, ou do Casino de Santiago, por poñer outro. A Dónega escribinlle algo de esto. Editei libros que eles nin siquera coñecen e que, sin embargo, están dedicados a eles polos seus autores, pero que foron a pagar as mans dos seus fillos arxentinos. E os emigrantes cos seus traballos e uns poucos de nós, moi poucos, co noso de intelectuales, ben alleo do deles, erguemos o nome de Galicia en América e fumos facendo algo ao mesmo tempo por Galicia. Eu non desprecio a ninguén, esto é o que quero decir. E posible que algún dia escriba desto, dos emigrantes, para Grial si o publicades. Non se estudou o seu aporte colectivo a Galicia, as suas influencias, nin o aporte de Galicia a América a traveso deles.
Perdóname, a Freixanes dille que me gustou moito o libro, mais si o reedita ten que recoller ben, correxir o que se refire á miña vida. Porque o curioso é que tomou notas que logo non interpretou ben.
Recibide garimosas apertas nosas pra vos os tres.

Seoane.

1977-06-21 Remitente
de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 21/06/1977

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 21/06/1977



Compostela, 21-VI-77

Benquerido Luis:

De volta da aventura luguesa, que rematou sin sorpresas, atopeime aquí co fermosísimo caderno Soma de craridades no que a colaboración de Seoane, de Cunqueiro e de Montero Díaz fainos revivir o ambiente entusiasta e creador dos anos trinta. Realmente, este caderno é unha fina xoia bibliofílica e, ao mesmo tempo, un espello máxico que nos fai presente o ambiente xeneroso, entusiasta e cordial dos anos mozos.
Moito che temos que agradecer os amigos a tua inagotable xenerosidade. Cada ano chega ás nosas mans un novo libro, un novo album ou un novo caderno nos que a túa riqueza espiritoal se vai concretando en orixinais creacións artísticas. Admirable cousa é ter o don de crear tesouros e a xenerosidade de os regalar.
Os grabados son magníficos. Dos dibuxos, eu conocía Natureza viva na versión que apareceu en Yunque, inda que esta versión seméllame máis animada. A carta do Montero Díaz é notablemente aguda.
Graciñas, Luis. Apertas nosas para os dous

Ramón

1976-12-15 Destinatario/a
de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro
Bos Aires
Santiago de Compostela
Orixinal

Epístola de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro en 15/12/1976

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro en 15/12/1976


Buenos Aires, 15 de Nadal de 1976

Sr. D. Ramón Piñeiro
Santiago

Querido Piñeiro:

Soio duas liñas para agradecerche o envío da páxina da Voz de Galicia coa entrevista a Francine Sucarrat. Nos estaremos en esa dentro de poucas semanas. Inauguro agora eiquí unha nova mostra de pintura e nos primeiros días de Xaneiro estaremos na Coruña. Falaremos das moitas cousas que pasaron no 76. Entre elas da reunión que tivéchedes despois de coarenta anos Varela, Fole e tí. Para mín foi éste un ano de moito traballo. Estes días salíu un Bestiario que vos levarei. Hoxe nada mais. Supoño estará en esa Palmás. Escribíume fai poucos días.
Unha gran aperta de Maruja e miña pra Isabel, Sara e para tí:

Seoane.

1976-11-00 Remitente
de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 00/11/1976

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 00/11/1976

XI-1976

Querido Luis:

Recibín a tua carta e onte chegou o fermoso libro que che adicou Rafael Squirru. Dá xenio velo. Sería interesante un exemplar para a Fundación Penzol, porque é importante que estes libros figuren nas bibliotecas públicas do noso país. Desde logo, a nós prodúcenos, ademáis da alegría amistosa, un verdadeiro goce espiritoal.
Por aquí, as cousas van indo cara adiante. Certo que con atrancos, que a maior parte das veces proceden da ultra-dereita e ás veces tamén da ultra-esquerda. Estes, de seu, móvense nunha dirección utópica, pero a súa acción violenta beneficia grandemente ao bunker. De todolos xeitos, a ultra-dereita ten perdida a partida –e de ahí os seus esforzos desesperados por estrangular o proceso aperturista–, porque o Rei necesita afianzarse como “Rei dos españois” en lugar de ser o “Rei posto por Franco”, a alta finanza e sectores importantes da economía queren entrar no Mercado Común e a presión europea é favorable á democratización, presión á que se suma, con moitas cautelas, a mesma U.S.A. Os bunqueriáns queren “arxentinizar” o ambiente político para provocar a dictadura militar –os seus berros sempre son: “¡Ejército al poder!”– como único medio de impedir a evolución democratizadora. Pero, hoxe por hoxe, e coido que cada dia con máis firmeza, o Exército está na liña do Rei, así que respalda a apertura.
En Galicia, o ambiente está moi sensibilizado para as reivindicacións colectivas do noso pobo como tal. Nunca houbo tanto galeguismo. A actuación dos partidos é polo de agora demasiado doutrinaria e un tanto confusa –cousa inevitable despois de tantos anos de clandestinidade–, pero pouco a pouco, van madurecendo. Polo de pronto, conqueríuse que a oposición incluía as libertades autónomas de Cataluña, Euzkadi e Galicia nas súas bases de negociación co Goberno.
O libro de Freixanes tivo un éxito grande. En dous meses, vendéronse dous mil exemplares. Coméntase moito e, en xeral, foi acollido con moita simpatía. No teu caso, son de lamentar esas inexactitudes de que me falas.
Nós publicaremos encantados no Grial ese teu traballo sobre os emigrantes cando o escribas.
Cando veñades, atoparedes esto bastante animado.
Apertas nosas para os dous

Ramón

1976-09-16 Remitente
de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 16/09/1976

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 16/09/1976


16-IX-76

Benquerido Luis:

Estes días están en Compostela Lorenzo e Marika e botamos grandes parrafadas. Desde logo, os catro botamos de menos a vosa presencia. Como é natural, a vosa lembranza xurde de continuo nas nosas conversas. Foi unha experiencia bastante emotiva o reencontro despois de 42 anos. A Xesús atopeino moi ben e interiormente cheo de azos.
Das cousas de por aquí, xa vos supoño enterados polos xornais. Na miña opinión, a operación de apertura democratizadora irá adiante perfeitamente controlada polas forzas conservadoras. A oposición, hoxe por hoxe, é feble. Terán que pasar algúns anos para que a sociedade se politice e para que os partidos políticos de base popular cheguen a ter arraigo e consistencia.
En Galicia ocurre o mesmo, claro, pero é indudable que a conciencia galeguista é hoxe máis forte que en ningunha ocasión anterior. Si acadamos que esto prosiga no mesmo ritmo de crecemento, poderemos confiar fundadamente nas posibilidades dun futuro relativamente próximo.
Xa saíu o libro de Víctor Freixanes Conversas con unha dúcea de galegos. Tivo unha boa acollida e véndese moi ben. Mandáronche un exemplar por correo marítimo, pero como tarda bastante en chegar, díxenlles que che enviasen outro por vía aérea. Supoño que non tardarás en recibilo.
O Lorenzo estivo un día en Lugo e falou co Fole e mais co Celestino. Xantaron todos, tamén cos Díaz Pardo, acarón do Miño.
Tivemos recentemente unha xuntanza do Patronato do Museo Carlos Maside. Grande parte foi informativa dos trámites administrativos e dos atrancos xurídicos derivados dos pleitos cos socios de Isaac. Tamén se acordou o traslado provisional dos fondos do Museo a unhas salas acondicionadas no grande edificio que se está construíndo alí no Castro, acarón do futuro edificio do Museo.
En fin, os amigos de por aquí máis ou menos como sempre.
Apertas nosas para os dous

Ramón

1976-05-07 Destinatario/a
de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro
Bos Aires
Santiago de Compostela
Orixinal

Epístola de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro en 07/05/1976

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro en 07/05/1976


Buenos Aires, 7 de Maio de 1976

A Ramón Piñeiro
Compostela

Querido Ramón:

Recibín a tua carta do 26/IV/76 e casi simultanemente a tua conferencia Lembrando a Castelao que me parece un dos aportes mais importantes feitos arredor desta gran persoalidade nosa e que axuda a aclarar moitas confusións a xente máis moza, o que non quere decir que non as aclare tamén a xentes da miña edade. Agradézoche a adicatoria polo que ten de fondamente amiga, incluso na sua esaxeración.
Nos aquí estamos vivindo un período de silencio arredor de calquer suceso interno i eu traballo todo o que podo, que cada dia vai sendo menos. Teño catro exposicións neste ano.
Non sei si terás visto a Varela. Matinaba atoparte en Santiago, mais tampouco sei si salíu de Madrid, pois denantes trataba de arranxar a sua situación.
Apertas de Maruxa e miñas para Isabel, Sara e para tí:

Seoane.

1976-04-26 Remitente
de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 26/04/1976

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 26/04/1976



Compostela, 26-IV-76


Querido Luis:

A Asociación Amigos da Cultura de Pontevedra quixo conmemorar o ano pasado o 25 aniversario da morte de Castelao. Con tal motivo, pedíronme que dese alí unha conferencia o día 7 de xaneiro, que se celebrou no local do antigo Café Moderno. Segundo me informou o Manolo Torres, a mesa desde a que eu falei estaba xusto no lugar onde Castelao e os seus amigos tiñan a tertulia cotián. Por ser en Pontevedra, por ser naquel lugar e porque estaban presentes bastantes amigos de Castelao, o acto resultou moi emotivo. Pedíronme o texto da conferencia para publicala. Logo deron na trécola de editala en galego, castelán, catalán e euskera, co que retrasaron moito a publicación. Sairá agora, aos dezaseis meses de ser pronunciada. Acabo de recibir uns cantos exemplares e mándoche un por avión. Prodúceme grande alegría poder mandarche algo meu. ¡Recibo tantas e tan valiosas cousas tuas!
Apertas nosas para os dous

Ramón

1976-02-29 Destinatario/a
de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro
Bos Aires
Santiago de Compostela
Orixinal

Epístola de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro en 29/02/1976

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro en 29/02/1976


Buenos Aires, 29 de Febreiro de 1976

Sr. D. Ramón Piñeiro
Santiago de Compostela

Querido Ramón:

Recibín duas cartas que agradezo moito, referidas a Insectario, e a noticia que me remites da mostra dos grabados de ese album na galería Mestre Mateo de A Coruña. Efectivamente non tiña noticia desto, supoñía que a farían mais ninguén me dixo que a estaban facendo. Entereime polo recorte da Voz que me remitiche.
Sigo con atención as noticias que chegan de España, que están inquedando a algunha xente de aquí, e tamén chegou algunha particular como a interrupción de un núcleo de estudantes en Santiago a Valenzuela, nunha conferencia sua, sin saber nos por qué ou sin sospeitalo. Das noticias de aquí non podo decirche nada. As que se publican son, en xeral, exactas, mais ben pálidas e poucas. A realidade e variedade delas é superior.
Eu traballo o que podo pechado no meu estudo, apenas vexo a ninguén e non saio casi nada á rúa. Teño tres mostras neste ano e agardo poder facelas. Non teño a seguridade tal como están as cousas, mais eu traballo.
Lembrámonos moito de todos vos, os amigos de ahí. Voltaremos no 77, cecáis en Xaneiro. Unha grande e agarimosa aperta de Maruxa e miña para Isabel, Sara e pra tí:

Seoane.

1976-02-04 Remitente
de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 04/02/1976

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 04/02/1976


Compostela, 4-II-76

Querido Luis:

De Sargadelos enviáronme o espléndido Insectario que con tanto entusiasmo editou e prologou o Raimundo Patiño. Tantos anos soñando en facer edicións como ésta, ten que se sentir feliz ao presentar, prologada por el, unha colección de grabados teus. E eu tamén me alegrei moito de ver que leva adiante unhas arelas editoriais das que xa me falaba afervoadamente hai bastantes anos.
Os grabados son fermosos. Resulta unha boa colección de insectos ennobrecidos polo arte, que mesmo os humaniza. Ramallos, Caracolas, Insectos, Pulpo, seres moi presentes no noso mundo vital que agora estarán tamén moi presentes no noso mundo cultural polo milagre do arte. Do teu arte.
Por aquí non hai grandes novedades. Bon, das novedades políticas coido que vos informarán os xornais de ahí. O que non sei si saberás, e esta noticia sei que che agrada, é que a Fundación Barrié outorgoulle a Blanco Amor unha beca vitalicia de 250.000 pesetas anuales. Tamén a Otero Pedrayo e mais ao Artaza Malvárez. E por iniciativa do Laxeiro, vanlle facer ao Eduardo un homenaxe os pintores, que consistirá nunha exposición en Vigo na que o importe das ventas será para o escritor homenaxeado. Supoño que, nestes días, estará feliz.
Apertas nosas para os dous

Ramón

1975-11-05 Remitente
de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 05/11/1975

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 05/11/1975



Compostela, 5-XI-75

Querido Luis:

Hoxe estivo aquí o Xavier Alcalá e díxome que tanto el como a sua muller –que é unha rapaza angloarxentina– tiñan moito interés en te conocer. O Xavier é un rapaz novo, enxiñeiro de telecomunicación, que agora traballa ahí na Coruña. Naceu na Mancha –seu pai é andaluz e a súa nai castellana– e, polas cousas da guerra, os pais viñeron vivir ao Ferrol. Como se criou en Galicia, considérase galego e, como tal, síntese galeguista. A pesares da súa formación científico-técnica, ten unha fonda vocación literaria, e é un bon escritor galego. Publicou en Galaxia unha novela que se titula Voltar, e ten outras duas escritas. Tamén ten escrito bastante nos xornais. Agora pertence ao Facho, porque desde hai 15 ou 20 dias vive na Coruña.
A muller del, Elena, é filla de inglés e non sei si a nai tamén é inglesa ou arxentina, pro ela naceu en Buenos Aires. Como alá ten ouvido falar moito de ti, ilusiónalle conocerte na Coruña. É moi leitora, sobre todo, de literatura.
Eu deille ao Xavier o teu enderezo porque me dixo que tiña que che pedir uns datos de parte do Siro. Os dous son amigos dalá do Ferrol, onde teñen colaborado xuntos en diversas actividades culturais galegas (conferencias, emisións radiofónicas, etc.).
Como o Xavier Alcalá é un dos nosos escritores xóvenes, quizáis poderías aproveitar para lle faceres un dibuxo.
Apertas nosas para os dous.

Ramón

1975-02-03 Remitente
de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 03/02/1975

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 03/02/1975



Compostela, 3-II-75
Querido Luis:

O meu amigo Xesús Piñeiro quere facer a tesis de Licenciatura en Arte sobre a tua pintura. Como sabes, agora hai a Sección de Arte na nosa Facultade de Filosofía e Letras, na que o meu amigo é alumno avanzado, polo que ten que ir preparando a tesis de Licenciatura. Quería facela sobre un tema do arte galego e escolleu a tua pintura. Por se dar a feliz circunstancia de estares tí en Galicia, aconselleille que se poña en contacto persoal contigo, oportunidade que lle interesou moito. Por eso lle dei o teu enderezo e mais esta carta de presentación.
Unha forte aperta do teu amigo

Ramón Piñeiro
T. 430456

1974-01-15 Destinatario/a
de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro
Bos Aires
Santiago de Compostela
Orixinal

Epístola de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro en 15/01/1974

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro en 15/01/1974

Buenos Aires, 15 de Xaneiro de 1974

Sr. D. Ramón Piñeiro
Santiago de Compostela

Meu querido amigo:

Recibín a separata da tua resposta a Rodrigues Lapa que me parecéu moi boa e que suscribo íntegramente. Non me explico como Rodrigues Lapa poido manter esa posición coñecendo, como él evidentemente coñece, os esforzos galegos encol do idioma e as difrenzas xa fondas entre o galego e o portugués, moi similares por outra parte ás que van distanciando o brasileiro do idioma de Portugal, moito mais importantes das que poden separar o castelán dos países latinoamericanos do castelán. Engadindo que no caso brasileiro media a influencia do castelán, aínda que nunha provincia arxentina, Misiones, se incorpore o portugués, brasileiro pódese decir, á enseñanza por se extender este idioma ó territorio arxentino. Mais eu desto sei moi pouco. Paréceme moi craro o teu traballo, e non soio provisto de unha grande lóxica senón moi atinado con respecto á realidade galega.
Agradézovos moito as vosas condolencias polo pasamento da miña nai. Nos lamentámonos ter saído desa moi poucos días de que ocurrise, deixámola ben e non podíamos prevelo. Mais non podemos deixar de pensar nelo. Temos tamén que agradecérevos as vosas atenciós no tempo que estivemos en Galicia que foron moitas.
Unha grande aperta de Maruja e miña pra Isabel e pra tí de:

Seoane

1974-01-02 Remitente
de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 02/01/1974

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 02/01/1974




Compostela, 2-I-74

Benquerido Luis:

Acabamos de nos enterar do falecemento da túa nai. Como sabemos por propia experiencia o que esa perda significa, comprendemos ben a vosa mágoa. E sabemos tamén que non hai palabras para podela curar. En realidade só o paso do tempo, ao convertir a presencia en lembranza, pode crear a necesaria serenidade para aceptar o feito. Entretanto, tedes que pensar que polo menos pasóu pola vida coa profunda satisfacción de sentir realizado o seu destino personal; e que puido disfrutar a felicidade de ver aos seus fillos asentados na vida. Ben seguro que ela non arelaba outra cousa que lle poidera proporcionar maior felicidade que esa.
Nestas horas penosas, queremos decirvos que compartimos moi sinceramente a vosa mágoa. De todo corazón vos desexamos serenidade para aceptar intimamente tan tremenda perda.
Fraternalmente vosos

Isabel
Ramón

1973-07-10 Remitente
de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 10/07/1973

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 10/07/1973

Compostela, 10-VII-73

Querido Luis:

Mándoche esta reseña do teu libro que apareceu no Progreso de Lugo. Supoño que xa che mandaría Fole, mais por si se esqueceu de o facer, envíocha eu tamén.
Supoño que logo aparecerá por eiquí o Ricardo Palmás, de volta de Londres.
Apertas nosas para os dous

Ramón

1973-06-02 Remitente
de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 02/06/1973

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 02/06/1973



Compostela, 2-VI-73
Querido Luis:

O outro día preguntáchesme o teléfono do Cilistro e eu nono lembraba de memoria. Hoxe mándocho por si precisas chamalo. É este: 21-16-85. Con Lugo aínda non se marca directamente.
Pola miña parte, tamén che quería pedir o enderezo do Antonio Pérez Pardo, pois teño que lle escribir decíndolle que recibín o seu libro.
O Ramón Martínez López quer preguntarche datos sobre a literatura galega no exilio, porque está encarregado de escribir un traballo sobre ise tema pra unha obra colectiva sobre a cultura española no exilio. A el encarregáronlle a parte galega por indicación de Dieste.
Apertas nosas pra os dous

Ramón

1972-12-12 Remitente
de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 12/12/1972

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 12/12/1972



Compostela, 12-XII-72

Benquerido Luis:

Onte chegounos, coma un paxaro latexante que viña de cruzar o Atlántico, o teu A maior abondamento. Estivémolo lendo pola noite. Hai dous poemas que me gustaron especialmente, O home que marcha, e mais Verdadeiro sucedido nun Nadal. Certamente, gustáronme todos, mais eses dous impresionáronme fondamente. Desde logo tamén ten forza sarcástica o poema satírico Terceiros, alcaiotes, primeira parte de Outro canto ós emigrantes.
Moitas gracias por este libriño tan xentil, portador dun vibrante mensaxe poético e plástico. Graciñas tamén pola xentil adicatoria.
Dixéronnos que viredes a Galicia no xaneiro. Alégranos moito.
Que teñades un feliz Nadal.
Apertas nosas para os dous.

Ramón
Isabel

1972-07-09 Remitente
de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 09/07/1972

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 09/07/1972


Compostela, 9-VII-72

Benquerido Luis:

Supóñote moi ben enterado de todo o relativo á Mostra do libro galego que se celebrou en Barcelona e que recentemente se repetiu no Museo Carlos Maside. Como o Isaac foi o gran animador de ambas, el te informaría compridamente. Dias pasados, coincidindo coa segunda destas exposicións, celebrouse no Museo Carlos Maside un Seminario do libro galego patrocinado polo Laboratorio de Formas, do que te supoño así mesmo moi ben informado. Mais como ocurre que presidín eu o Seminario –sin dúbida por ser o representante da Fundación Penzol, pois outro motivo nono había–, non quero deixar de che comunicar a miña impresión de conxunto. Para min resulta un deber –un gustoso deber– informarte precisamente a tí, que tan presente estiveches na mente de todos no curso do Seminario, pois todos somos ben conscientes do teu importantísimo papel na promoción, na ilustración e na realización do libro galego do século xx. Na futura historia da bibliografía galega, un dos capítulos importantes terá que estar adicado a Luis Seoane.
O Seminario resultóu unha xuntanza positiva. Acudíu bastante xente, inda que en realidade recibiron moi tarde as invitacións. Había editores, escritores, artistas, libreiros e leitores. Houbo ponencias de Dieste, Filgueira, Blanco Amor, Xohán Ledo e Xesús Alonso. Contábase recibir unha túa que non chegou a tempo. A do Dieste viña ser unha vella carta que lle escribira ao Isaac sobre o que debe ser unha editorial galega, carta que seguramente conoces; a do Filgueira foi unha interesante historia do libro galego; a do Blanco Amor insistíu en que a actual curiosidade xuvenil pola literatura galega débese á politización da mocedade e en que é necesaria a profesionalización do escritor galego; a do Xohán Ledo fixo atinadas consideracións sobre o papel do libro na nosa cultura; a do Alonso –leuse porque el non asistíu– era un breve “Chamamento dramático” encol do idioma.
No decorrer do Seminario tuveron intervencións destacadas o Dieste, o Celestino Fernández de la Vega, o Xohán Ledo, o Filgueira –este só como ponente–, o Isaac, o Alexandro Finisterre, o Blanco Amor, o Manuel María, o Patiño (Librouro) e varios rapaces da Cruña.
O ton xeral do Seminario foi de gran interés polos problemas do libro e de gran cordialidade no ambiente. Naturalmente, houbo intervencións máis ou menos utopistas, pro houbo un craro predominio da vontade realista. Moitas cousas que alí se dixeron, eran ben conocidas para os que temos experiencia editorial, pro resultaba moi interesante velas xurdir e revolotear nas mentes dos outros. A nota que poderiamos decir que dominóu máis foi a da necesidade de “popularizar” por todolos medios a edición e a difusión do libro galego.
Coido que foi un éxito do Laboratorio de Formas.
Nestes dias –mañán ou pasado– terei que marchar a Barcelona para lle facer compaña a Fermín Penzol que está hospitalizado con unha grave doenza –un tumor de vexiga– e vai ser operado proximamente.
Apertas nosas para os dous

Ramón

1972-03-02 Destinatario/a
de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro
Bos Aires
Santiago de Compostela
Orixinal

Epístola de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro en 02/03/1972

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro en 02/03/1972


Buenos Aires, 2 de Marzo de 1972

Sr. D. Ramón Piñeiro
Santiago

Querido Piñeiro:

Agradézoche moito a tua carta do 21/II/72, pois non tiña noticia nengunha de que as oposiciós de Carballo Calero poderían sere para estas datas, mais ben matinaba que terían de sere, non sei por qué, no vrau. Destaves non o vin, pois as moitas idas a Santiago foron sempre por breves horas e pra atoparme coa familia da que teño unha chea nesa cidade. Hoxe escríbolle felicitándoo. Penso que é unha moi boa adequisición pra Universidade. Noutras condiciós fai xa anos que tiña de sere cadeirádego da Universidade Compostelán.
Pola miña parte traballo illado. Renunciéi a unhas eisposiciós de obras miñas proieitadas polo Ministerio de Relaciós Exteriores deiquí polas razós que te imaxinarás i en solidaridade con outros pintores con obras censuradas polos seus temas. Mais estóu contento do traballo. Traballo tamén nunha escolma de crónicas que foron pra a radio deiquí referidas a cusas (sic) galegas e que cecáis remitiréille a Paco.
Trátase de crónicas encol de temas moi pouco tratados. Traballo, esto é todo, e remítolle as “Figuraciós” que podo a La Voz de Galicia.
Saúdos moi garimosos a Maruxa e meus pra Isabel, pra tua irmán e pra tí. Mais unha aperta grande pra tí de:

Seoane

1972-02-21 Remitente
de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 21/02/1972

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 21/02/1972

Compostela, 21-II-72

Querido Luis:

Hoxe póñoche dúas liñas apresuradas para informarte de unha boa noticia: xa temos catedrático titular de Lingüística e Literatura Galega na Universidade de Compostela. Na semana pasada celebráronse en Madrid as oposicións, que Ricardo Carballo Calero ganou brillantemente. Eu asistín aos exercicios –e moitos amigos– e resultaba emocionante. Tres dos exercicios foron en galego. O tribunal estaba formado por Moralejo, Moreno Báez, Zamora Vicente, Alarcos e Filgueira como presidente (por renuncia de Dámaso Alonso).
Saúdos garimosos a Maruxa e de Isabel para os dous. Unha forte e cordial aperta do teu amigo

Ramón


Como o Carballo é amigo teu, por si lle queres escribir, mándoche o enderezo:
Carrera del Conde 4, 1º
Santiago de Compostela

1972-01-17 Destinatario/a
de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro
Bos Aires
Santiago de Compostela
Orixinal

Epístola de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro en 17/01/1972

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro en 17/01/1972


Buenos Aires, 17 de Xaneiro de 1972

Sr. D. Ramón Piñeiro
Santiago

Meu querido amigo:

Recibín as tuas duas cartas e coa derradeira o recorte da entrevista a López Garabal encol do acordo dos albaceas sobor o destino da obra de Maside. Cando os albaceas se xuntaron en Santiago non eisistía, que eu sepa, nesta cidade museo algún de pintura e cando dispoñan de ditas obras facíano, polo menos eu, pensando en que Galicia enteira é unha cidade e que as obras dun artista o mesmo dá que estén en calisquera das suas poboaciós, Vigo, A Cruña, Santiago, etc. Cando Isaac e mais eu matinamos no Museo Carlos Maside decidímonos a facelo no Castro percisamente con ese criterio moi dacordo coas aspiraciós urbanísticas do noso tempo. Dentro de 20 ou 30 anos mais as distancias serán menores e mais a descentralización urbana. A mín danme ganas de rir cando os cruñeses queren sacarlle o que poidan á Universidade de Santiago, ou os vigueses ós cruñeses calquer industria ou escola téinica. O señor López Garabal debe entendere que o Museo de Santiago non eisiste aínda. Que si nunha época o aúntamento de Santiago fíxolle encárregos a Maside, logo do fallecimento déste con motivo da sua eisposición nesa cidade o aúntamento negóuse a pagar o catálogo, o úneco de Galicia. Pero o máis importante é que o Museo de Santiago non eisiste y (sic) eu pola miña parte estaría cecáis en contra da sua fundación. Abondan cos que hai en Galicia. Non se dixo en ningún intre polos albaceas que Santiago tivese sido allea á tendencia renovadora do pintor. Os que estimulábamos a Maside ou éramos de Santiago ou vivíamos alí. O que se dixo sí, é que pra vender ou traballar como artista gráfico tivo que vivir en Vigo. Non pretenderá ninguén que dous ou tres encárregos polo aúntamento poden xustificar nada.
Non sei por que escribo todo esto. Cecáis porque penso que todo o mal noso reside nas pequenas diferencias, nos resentimentos producidos por cousas miudas. Por esas “rencillas parroquiales de nuestros aldeanos” coma dí moi inxustamente López Garabal atribuíndolle ós aldeáns un xeito de aituar distinto ós cidadáns galegos, e sin matinar que en Galicia todos somos aldeáns.
Participéille os teus saúdos a Varela que chos agradeceu moito. Sempre se lembra de tí, de Fole, de Lois, e de outros amigos de Lugo. Non anda ben de saúde.
Unha grande aperta de Maruja e miña pra Isabel e pra tí:

Seoane.

Remitente
de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane

Querido Luis: [s/d]

Figúrome que xa che terán enviado estas decraracións aparecidas en La Voz de Galicia. De todolos xeitos, por si non chas mandaron, ahí che van. Polo de agora, non vin que tiveran eco.
Están compoñendo o libro de homenaxe ao Penzol. Cando o teñamos listo, xa cho mandaremos. O Colmeiro fixo un dibuxo, e tamén o Laxeiro.

Apertas nosas para os dous.

Ramón
Cando vexas ao Lorenzo Varela dille que estes dias estuvo eiquí en Santiago o lugués Saturno Lois para operarse da próstata. Pasei algunhas tardes con el e lembrámonos moito do “Argentino”, que así lle chamabamos en Lugo ao Varela. Dalle saúdos.

1971-12-10 Remitente
de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 10/12/1971

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 10/12/1971


Compostela, 10-XII-71

Benquerido Luis:

Supoño que estaredes xa en B. Aires e que fariades felizmente o viaxe.
¿Sabes? O domingo aparecéu na Voz o dibuxo que me fixeras. Foi unha sorpresa porque non sabía cando iba sair. A semblanza que lle escribiches producíume unha gran emoción, que aumentaba según iba avanzando na leitura. Sei da tua inmensa xenerosidade e contaba con ela, pro, neste caso, ademais da xenerosidade percíbese unha vontade consciente de valoración que só o agarimo amistoso pode espricar. Sinceramente cho digo: impresionoume moito.
Tamén che quero decir que moitos amigos me levan falado desa semblanza. Producíu sensación entre os amigos. Nestes días teño que gardar cama –dende a cama che escribo– por mor dunha vella doenza gástrica que estaba esquecida e déuselle por repetoutear de súpeto, e, con tal motivo, viñéronme ver moitos amigos. Todos, todos me falaron da tua semblanza. Algúns recortárona. Sin duda porque coinciden no agarimo amistoso, acolleron con sinceras loubanzas os teus xuicios.
Eu pouco che podo decir. Somentes que me emocionei moito. E que a conservaréi sempre como unha das mellores prendas de amistad que teño recibido.
Apertas nosas para os dous

Ramón

1971-10-12 Remitente
de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 12/10/1971

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 12/10/1971


Compostela, 12-X-71

Benquerido Luis:

Xa che falóu o Domingo do homenaxe que lle queremos facer ao Fermín Penzol, no que percuramos cadrar ben o seu gusto pola bibliofilia coa sua inclinación a eludir a publicidade e a espectacularidade. Por eso, matinamos nun libro ben editado, de tirada moi reducida e non venal, que veña ser como un amistoso homenaxe íntimo. Non se trata, craro está, de incluír no tomo a todos os amigos do Penzol, que son demasiados para este fin. Tomamos por base cinco entidades culturais que o homenaxeado quere e admira moi sinceramente: Galaxia, a Fundación Penzol, o Museo Carlos Maside, o Laboratorio de Formas de Galicia e mais a Academia. O conxunto dos colaboracións recollerá a presencia destas entidades, a través das persoas que sabemos son motivo de alegría para o Penzol. Por eso, pensamos no teu nome, no de Isaac e mais no de Dieste, por séredes persoas que el admira e estima.
Pedinlle a Paco, para cho poder enviar, o tamaño do libro. Paco tratouno co Ricardo e hoxe mandáromo. Ahí che vai. Si posible for, gustaríanos ter arrecadados os orixináis para o cabo deste mes, entre eles as vosas colaboracións artísticas e máis as duas holandesas de prosa diesteana. Estou seguro de que xa che acraróu Domingo que estas duas holandesas son para refrexar a imaxe que o autor ten do Penzol ou ben para facer as consideracións que coide oportunas encol da sua personalidade.
Como che dixen, despois da nosa conversa o día da inauguración da exposición Picasso-Miró falei longamente co Xulio Maside. Comentei con el a necesidade de que no Museo Carlos Maside estea presente o máis representativo da sua obra, e mostrouse de acordo en que así tiña que ser. Penso que, antes de que tí marches, sería ben deixar resolto este asunto.
Apertas nosas para os dous.

Ramón

1971-03-31 Remitente
de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 31/03/1971

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 31/03/1971

Compostela, 31-III-71

Querido Luis:

Acabo de recibir a tua resposta aos ataques que che fixeron nas páxinas de A Nosa Terra. Vexo que te magoaron –cousa ben natural–, e confésoche que o sinto moito, porque ninguén que te conoza pode facer outra cousa que desprecialos.
Si a limpa e fecunda emoción galega que foi enchendo a tua vida, e dándolle craro sentido á tua obra, non merece admiración e respeito a quenes a conocen, mal andan as cousas pra nós. E coido que ahí en Bos Aires teñen motivos pra conocela, de donde se sigue que as nosas cousas non andan ben ahí. Afortunadamente, os ataques non responden a un sentir colectivo. Estóu seguro de que se contarán cos dedos da man os que os suscriban, e sobrarán dedos. Non pode ser de outra maneira. Tanto ahí como eiquí somos moitos os que te conocemos, ou seña, moitos os que despreciamos por estúpidos tales ataques.
Alégranos saber que viredes en maio. E alegraranos moito máis poder darvos unha aperta máis forte e máis cordial que nunca.

Isabel e Ramón

1969-05-12 Remitente
de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 12/05/1969

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 12/05/1969


Compostela, 12-V-69

Querido Luis:

Deloutro dia do enterro da miña nai tuven que coller o avión pra Barcelona pra asistir a unha xuntanza das Academias. Demorei alá algúns días e, de volta, tamén demorei en Madrid. Cando cheguei a Compostela, agardábanme os mensaxes de condoencia que foran chegando durante a miña ausencia.
Emocionoume moito a tua carta pola sua sobria e fonda sinceridade. Cando xa se cumpliron os 50 anos un vaille dando cada vez máis valor á sinceridade amistosa e cada vez menos valor ás vixencias convencionás.
Agradezo de todo corazón as tuas liñas.
Unha forte aperta do teu amigo

Ramón

1968-09-22 Remitente
de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 22/09/1968

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 22/09/1968


Compostela, 22-IX-68

Querido Luis:

Nistes dias regresamos de América. Eiquí agardábanos o teu novo e fermoso libro de dibuxos Retratos furtivos. Xunto con il agardábanos tamén o catálogo da tua “exposición retrospectiva”. Foi unha leda sorpresa, e tamén, pola oportunidade do encontro, foi como a chave cordial que nos reintegrou ó mundo galego súpetamente e con toda a fondura emotiva do noso sentir.
Verdadeiramente, é gozo profundo e sutil ir pasando as páxinas do teu libro, tan animadas de expresión viva como cheas de sabiduría humá. Despois de ver –repetidas veces– istes Retratos furtivos da humanidade europea, agardo con ilusión os 54 retratos de humanidade galega que se anuncian no prólogo. Serán, estou seguro, un gran documento do noso pobo, un documento que fará perenne polo milagre do arte a realidade fuxidía da vida.
¡Canto me gustaría ter visto esa exposición retrospectiva! O xenio artístico galego mostraba nela a sua expresión máis vigorosa e moderna. Trátase dunha exposición que nos honra a todos, que nos ennobrece a todos ante o mundo. Moito che agradezo a xentileza amistosa de nos ter enviado un exemplar do Catálogo, que tanto a Isabel como a min nos emocionou moi sinceramente. Como ocurre co libro dos Retratos furtivos, tamén me gusta ollar de vez en cando o catálogo. Ademais ocurre que, non sei por qué misterioso motivo, a derradeira lámina é a que máis me impresiona, así que sempre me quedan desexos de o ollar de novo.
Dixéranme alá pola primaveira que agora no outono viríades a Galicia. ¡Ogallá seña certo!
Apertas nosas pra os dous


Ramón

1968-02-20 Destinatario/a
de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro
Bos Aires
Santiago de Compostela
Orixinal

Epístola de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro en 20/02/1968

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro en 20/02/1968



Buenos Aires, 20 de Febreiro de 1968

Sr. D. Ramón Piñeiro
Santiago

Meu querido amigo:

Déboche carta dende fai un mes aproximadamente. Fun deixándoa dun día pra outro obrigado polo traballo. Dende que cheguei non fixen outra cousa que traballar. Teño en Xulio unha grande eisposición eiquí dunhas cen obras, retrospeitiva, que abarca 20 anos de miña pintura y (sic) en setembro teño que ir a Lima invitado pola Universidade pra facer outra eisposición. Denantes, o catro do mes que ven, inaugúrase no Museo de Bonn unha mostra con 60 grabados, todo esto con outros traballos que agardaban o meu regreso. Voltarei a Galicia en outubro.
Recibín e lín o teu espléndido traballo de ingreso na Academia, e penso que é do millor, senón o millor, o máis fondo, que se fixo deica hoxe, o menos dos que eu coñezo. Mañífico, así mesmo, e xusto, o discurso de García Sabell. Supoño que sería un día, o da vosa leitura, memorábel na Academia. Agradézoche o envío. Felicitaciós moi sinceras. Paseino a algús rapaces deiquí pra que o lean.
Unha fonda aperta pra Isabel e pra tí de Maruja e miña:


Seoane

1967-01-05 Destinatario/a
de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro
Madrid
Santiago de Compostela
Orixinal

Epístola de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro en 05/01/1967

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro en 05/01/1967





Madrid, 5 de Enero de 1967

Sr. D. Ramón Piñeiro
Santiago

Mi querido amigo:

Dos líneas de prisa. Llegué a Madrid hace tres días y alquilé un pequeño departamento en Paseo del Dr. Esquerdo 75, 3º, derecha., teléfono 273,54,14. Me gustaría verte si vienes a Madrid en los próximos meses. No iré a Galicia hasta Abril o Mayo.
Un gran abrazo para Isabel y para tí de Maruja y mío deseándoos un feliz año de 1967:

1966-11-25 Remitente
de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 25/11/1966

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 25/11/1966


Compostela, 25-XI-66

Benquerido Luis:

Recibín as duas monografías sobre o teu arte. Foi unha leda, emocionante sorpresa, despois de varios meses de incomunicación. De vez en cando, chegábame o rumor de que ibas vir e afincar en Sada. Despois dixéronme que pasaríades por eiquí agora a fin de ano. E, nesta agarda un tanto imprecisa, chegaron as duas fermosas monografías que, certamente, fan enormemente viva a tua presencia. Unha presencia que xa ten o valor indiscutíbel da perennidade a través da obra.
Pola nota que figura na monografía de Ediciones Esquema XX, vexo que tiñas preparada unha xeira polos EE. UU. e que se interrumpíu. Síntoo, porque estou seguro de que chamaría a atención e interesaría alí a tua obra. Eu estiven por alá dous meses e medio e, polo que vin, coido que lles interesaría o teu arte. Fun dar un curso sobre Ortega e máis asistir ó vi Coloquio Internacional de Estudos Luso-Brasileiros. Con tal motivo, estiven en varios sitios e sempre percibín unha gran curiosidade polo arte moderno e mesmo polas formas máis vangardistas.
A monografía de Bonino é interesantísima polo seu caráiter antolóxico de cáseque 20 anos de labor. Algunhas das láminas en color –por exemplo a nº V, ou a nº VI– engaiolan pola súa serena armonía. Verdadeiramente, eiquí en Santiago debería de haber unha gran sala adicada á tua pintura. É unha pena que haxa tanta obra tua polo mundo adiante e tan pouca en Galicia. Está ben, moi ben, que a haxa polo mundo adiante, pro está mal que o país non se ocupe de conservar pra sí parte desa obra.
Saúdos garimosos a Maruxa e de Isabel pra os dous. Pra tí, unha forte e cordial aperta do teu amigo certo

Ramón Piñeiro

1966-10-01 Remitente
de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane
Santiago de Compostela
Nova York
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 01/10/1966

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 01/10/1966



Compostela, 1-X-66


Sr. D. Luis Seoane
Montevideo, 1985, piso 13, dept. 68
Buenos Aires

Benquerido Seoane:

Estuven ausente de Compostela durante tres meses. Acabo de chegar de volta. Entre as cartas que me agardaban, atópomeme con unha tua de presentación de González Lanuza. Sentín ben non cadrar eiquí con il, pois certamente gustaríame conocelo persoalmente.
Eu estuven nos EE.UU. Por rara coincidencia, recibín simultaneamente duas invitacións pra ir alá: unha de Emilio González pra dar un curso sobre Ortega i outro sobre o ensaio español contemporáneo na Escola Española de Middlebury –onde conocín ó profesor Castagnino– e outra invitación da Universidade de Harvard pra tomar parte no vi Coloquio Internacional de Estudos Luso-Brasileiros. O Coloquio foi interesante pola numerosa e calificada concurrencia. Houbo por primeira vez, unha sesión galega. Falouse galego en Harvard.
Tíñanme dito que pensabades vir. Xa vexo que eso ocurrirá a fin de ano. Alegrarémonos moito de vos ver.
Apertas nosas pra os dous

Ramón

1965-12-00 Remitente
de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane
París
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 00/12/1965

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 00/12/1965

Chinesische Farbholzschnitte. 567 Lotosblüte

París, Nadal de 1965


Sr. D. Luis Seoane
B. Aires

Feliz Nadal, ledo Aninovo e moitas venturanzas no 66.
Isabel

Ramón Piñeiro

1965-09-20 Remitente
de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 20/09/1965

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 20/09/1965



Compostela, 20-IX-65
Sr. D. Luis Seoane
Buenos Aires

Benquerido Seoane:

Hoxe recibín de Galaxia a monografía dos teus grabados e pasei un par de horas felices ollando as láminas e léndo o espléndido prólogo que lles puxo Domingo. Quedoume o esprito invadido dun estrano e delicioso pracer, talmente como si tivera batido súpetamente con un requintado i escintilante tesouro. Por eso, sinto a íntima tentación de che escribir unhas liñas de cordial felicitación i ó mesmo tempo de sincera gratitude, porque o tesouro, obra do teu traballo creador, é pra todos nós e pra todolos que veñan detrás de nós. O prólogo de Domingo é un breve, agudo e certeiro ensaio que servirá de pauta interpretativa da tua persoalidade e da tua obra, poisque os seus criterios de valoración son atinados e lúcidos.
Xa sei que estás novamente ao fronte da revista do Centro Gallego. Alégrome pola revista e polo prestixio que eso lle dá ao Centro. Figúrome que pra tí, no orde persoal, non deixará de ser unha carga de traballo.
Eiquí en Compostela, tivemos –e aínda temos– un ano de moito rebumbio coas romaxes xacobeas. Confiamos en que tamén vós aparezades calquera dia por estas ruas.
Moitos saúdos a Maruxa e de Isabel pra os dous. Pra tí, unha forte e cordial aperta do teu amigo

Ramón Piñeiro

1965-02-17 Remitente
de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 17/02/1965

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 17/02/1965



Compostela, 17-II-65

Sr. D. Luis Seoane
B. Aires

Benquerido Luis:

Recibín o teu Homenaje a Venecia, que foi pra min unha grata e moi leda sorpresa. Contemplei moitas veces, e sempre de vagariño, ises once grabados. Non me canso de ollar pra iles. Sempre me lembran o entusiasmo con que tí nos falabas de Venecia mentres tomabamos un café con leite no Hostal. Entusiasmo ben fondo e ben persistente, como estas fermosas estampas demostran. Confesas no prólogo, impregnado de serena e sabia emoción evocativa, que lle ofreces esta presada de grabados a Venecia coa mesma intención, e quizáis co mesmo destino efímero, con que se lle podería ofrecer un ramo de rosas. A comparanza metafórica vale somentes no que se refire á intención –e tamén, dende logo, á beleza da oferta--, pro falla no tocante á duración da sua vixencia. A tua oferta é tan xentil e tan fermosa como podía ser un espléndido ramo de rosas escolleitas. Pro é superior a elas nunha cousa importante: na perdurabilidade. Nesto o arte é superior á natureza. As tuas “rosas”, por non seren pura e simple creación espontánea da vida senon obra do esprito, non son efímeras, non están fatalmente condenadas ó ritmo de caducidade vital. Viven –perduran– no tempo espritoal. Durarán máis, moito máis, moitísimo máis do que durará o seu creador, e poden, mesmo durar, máis que a propia Venecia. Ise é un dos prodixios do arte verdadeiro: sobrevivir ó seu creador i ós motivos que o inspiraron.
Dígoche que me gusta moito o teu álbum venecián. Si algunha vez for a Venecia –desgraciadamente é moi pouco probábel–, seguro que ollarei e vivirei o seu ambiente “a través” dos teus grabados e da impresión que deixaron no meu esprito.
Os nosos saúdos garimosos a Maruxa e de Isabel pra tí. E xunto co agradecemento máis sinceiro, recibe unha forte aperta do teu amigo

Ramón Piñeiro

1964-06-19 Destinatario/a
de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro
Nova York
Bos Aires
Santiago de Compostela
Orixinal

Epístola de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro en 19/06/1964

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro en 19/06/1964


Buenos Aires, 19 de Xunio de 1964

Sr. D. Ramón Piñeiro
Santiago

Meu querido amigo:

Recibín o recorte de La Noche coa nota sobor da eisposición de pintura de Lugo. Agradézoche moito o envío, pois non tiña a menor noticia do que tiña pasado, e alegroume tamén de que a xente se interesase polos meus cadros. Un destes días enviaréiche unha separata dun pequeno ensaio encol da integración das artes que fixen pra a revista da Universidade de Buenos Aires e que son, de certo xeito, notas pra un ensaio maior que teño pensado facer. Tamén escribín outro pra revista da Universidade de La Plata sobre o Padre Feijóo e as artes visuaes en relación con problemas da pintura do seu tempo e do noso. Este non sei cando sae. Teño moitas ganas de voltar a Galicia, cicáis, si podo, pro ano que ven, e quedarme a vivir e traballar ahí xunto a unha ría do norte, gustaríame na de Sada. Xa veremos. Estou traballando moito. Rematéi un novo álbum, Bestiario, de grabados en madeira, que editará próisimamente unha editorial de Rosario. Fai poucos días escribinlle a Domingo e a Paco. Estou moi agradecido a todos vos, os amigos de esa. Saúdos a todos no meu nome, e Isabel e ti recibide unha aperta de

Maruja e miña.



A miña nova direición é: Calle Montevideo 1985, piso 13. Dto. 68.
A tua carta derradeira chegoume de casualidade.

1963-01-00 Remitente
de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 00/01/1963

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 00/01/1963


Compostela, xaneiro de 1963

Querido Luis:

Recibín o teu catálogo. Según teño entendido, vas trasladarte a Suiza. En realidade, eu coidaba que ibas vir pra eiquí, porque eso foi o que me dixo Dieste nunha ocasión. De calquera xeito, estando en Suiza será máis doado que veñas dar unha volta en calquera momento.
Xa verías, coido, a reedición que fixemos de Dos Arquivos do Trasno. A Dieste hai tempo que nono vexo.
Temos na imprenta un denso libro de ensaios de Domingo. Tamén enviamos á Censura un espléndido libro de Celestino F. de la Vega sobre o Humor. E deben de estar a punto de sair un libro de contos de Blanco Amor e máis o primeiro tomo da Historia da Literatura Galega de Carballo Calero. Como ves, vaise traballando.
Que iste novo ano vos traia moitas venturanzas e trunfos en Europa, posto que o pasaredes nela.
Moitos saúdos nosos a Maruxa. Pra tí, unha forte e cordial aperta do teu amigo.

Ramón

1962-08-12 Remitente
de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 12/08/1962

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 12/08/1962

Compostela, 12-VIII-62
Sr. D. Luis Seoane
B. Aires

Benquerido e lembrado Luis:

Hai dias, o matrimonio Diaz pasou pola miña casa e deixou, da tua parte, unha fermosísima xoia bibliográfica: Del diario poético de Miguel Unamuno. Sintín ben non estar na casa cando viñeron, que foi un dia que eu andaba acompañando a Prada. Como estaban de paso, non cheguei a velos. E non che escribín antes porque alguén me dixo que te cambiaras de casa –coido que foi o Dieste– e tiven que percurar as novas señas.
Con todo o rarecho i o egotista que era o gran don Miguel, estou certo que se quedaría admirado, si a vise, da espléndida edición que lle fixéstedes ós seus poemas. E, dende logo, non é pra menos, porque o libro é moi fermoso. Figúrome que nunca soñou con ver os seus poemas editados tan maravillosamente.
Ben se pode decir, meu querido Seoane, que eres tí un dos que máis teñen contribuído á diñificación –á categorización– estética do libro hispánico no século xx. A tua aitividade artística é moi amplia e diversa, pro unha das facetas dela que non deberán esquencerse é mesmamente a da renovación e valorización estética do libro.
Moito che agradezo que me teñas enviado un exemplar adicado. Tanto a Isabel como a min producíunos gran emoción. Os dous lembramos con frecuencia e sempre con agrado as horas fugaces que pasamos xuntos e que pra nós son inesquecentes.
Pasou por eiquí Francisco Romero, que é, por certo, gran amigo e admirador teu. Acompañámolo unha tarde polas Rías Baixas. Ademáis do seu interés inteleitual, que eu xa conocía a través da súa aitividade filosófica, ten tamén un gran interés humán.
Díxome o Dieste que andabas matinando en vir a Galicia. Ben sabes cánto me alegraría. Quen veu, como sabes, foi Arturo Souto. Aínda non o vín.
Ahí en B. Aires editaron os rapaces unha tradución castelán dos dous ensaios que eu escribín encol da Saudade. Acabo de recibir uns cantos exemplares. Inda que tí os conoces na súa versión orixinal, mándoche un exemplar.
Moitos saúdos nosos a Maruxa e de Isabel pra tí. Unha forte e cordial aperta do teu amigo certo

Ramón Piñeiro

1961-12-27 Remitente
de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 27/12/1961

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 27/12/1961

Compostela, 27-XII-61

Benqueridos amigos:

Nistes dias de convivencia e de evocación familiar e amistosa, lembrámonos moi especialmente dos bos amigos que están lonxe. De corazón vos desexamos un ledo Aninovo e as meirandes venturanzas pra iste ano que agora imos comenzar.
Non volvin ver a Dieste. Coido que marchou a Madrid. Un plan que había de que viñeran pasar un fin de semana á casa de Domingo quedou aplazado pola enfermedade e morte da nai diste.
A novedade máis recente de por eiquí que che podo dar non é nada grata: hai catro días, un coche pasou por enriba de Valentín Paz Andrade en Pontevedra. Fracturoulle as duas pernas, a cadeira, a clavícula i esnafroulle a cara. Hoxe fómolo ver ó sanatorio. Semella un Lázaro. Con todo, as impresións médicas son boas. Agardan que curará normalmente e que quedará ben.
Moitos saúdos nosos a Maruja e de Isabel pra tí. Unha forte e cordial aperta do teu amigo.

Ramón Piñeiro

Moito nos alegramos dos teus triunfos artísticos, que son triunfos nosos.

1961-12-11 Destinatario/a
de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro
Bos Aires
Santiago de Compostela
Orixinal

Epístola de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro en 11/12/1961

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro en 11/12/1961



Buenos Aires, 11 de Diciembre de 1961

Sr. D.
Ramón Piñeiro
Santiago

Meu querido amigo:

Recibín fai poucos días a tua carta na que me falas do paso de Susana i Edgardo Kleinnman por Compostela. Agradecémoste moito as tuas atenciós. Eu xa tiña sabido pol-os seus familiares que tiñan estado contigo, que os encantaches, e que Galicia foi pra eles unha sorpresa. Son xentes novas e aínda en formación e que tiñan pensado facer en España o itinerario de Barcelona, Madrid, Andalucía, que eu fixen o posibre por trocalo pedíndolles que atravesasen Santander, Asturias, Galicia e León. Galicia fíxolles unha profunda impresión pol-o paisaxe, e as xentes que coñeceron.
Tiven noticias de Dieste que tamén me fixo gabanzas tuas, gustaríame que vós tratásedes o máis posible. A mín parésceme unha das máis outas persoalidades de Galicia e das mais puras. Eisixente consigo mesmo como casi non coñecín a ninguén da sua fecundidade inteleitual, aínda que teña pubricado pouco, e do seu talento, e de unha dignidade persoal que non é, entre os seus moitos méritos, dos menos recoñecibres. Sei que está agora gozoso de Rianxo e das suas xentes e que estivo moi contento entre vos.
A noticia que me envías dos estudantes sobor do idioma comenteina por radio. E unha grande noticia pol-o significado tamén de quenes piden. Soupen do nombramento de Fole de académico numerario da galega, e leveime, como podes maxinar, unha gran alegría. E un dos meus compañeiros do meu comezo con outros benqueridos que tamén xa son académicos. Eu continúo traballando. Fixen duas novas eisposiciós con éisito, unha de grabados en madeira en New York e outra de pintura eiquí, e pra Editorial Losada remato de facer os grabados en madeira pra Llanto por la muerte de Sánchez Mejías de Lorca, e Del diario político de Miguel de Unamuno, ediciós feitas en homaxe deles co gallo de cumplirse o 25 aniversario de suas mortes.
Moitos saúdos de Maruja e meus pra Isabel e pra tí, desexándovos que pasedes unhas felices Navidades, e pra tí un abrazo de teu amigo:

1961-11-21 Remitente
de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 21/11/1961

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 21/11/1961


Compostela, 21-XI-61

Sr. D. Luis Seoane
B. Aires

Benquerido Luis:

Os teus amigos Susana i-Edgardo Kleinman estiveron por eiquí recentemente. Pararon pouco –dia e medio– en Compostela. Adiqueilles todo o tempo que puiden e presenteilles xente nova. Coido que marcharon ledos. Lémbrome que, mentres viñamos subindo do Sar, iles comentaron as impresións eiquí recollidas no senso de que confirmaran o que tí lles tiñas anunciado. As preocupacións diles xa as conoces de sobra, así que nada preciso decirche. Agora andarán polos medios cinematográficos de Madrí.
Haberá cousa dun mes, conocín persoalmente a Rafael Dieste. Parolamos longamente e paseamos de noite polas rúas e plazas de Compostela. É home simpático, intelixente e cordial, tres cualidás que poucas veces se dan xuntas no mesmo grado. Está en Rianxo, polo que se bota de ver, bastante feliz de estar alí. Tamén a sua dona é moi simpática. Alegreime de os conocer.
Eiquí os estudantes pediron a través do SEU a creación dunha cátedra de língoa galega. Sumáronse os de todalas Facultás.
Xa sabes que elexiron recentemente a Ánxel Fole académico numerario da Galega. Está moi ledo. Recibiu moitas felicitacións i en Lugo foi acollida a eleición con viva simpatía.
Moitos saúdos nosos a Maruxa e de Isabel pra tí. Unha forte e cordial aperta do teu amigo

Ramón Piñeiro

1961-09-04 Remitente
de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 04/09/1961

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 04/09/1961

Compostela, 4-IX-61

Querido Luis:

Chegamos hai dous dias de Asturias, pois Isabel é de Xixón e sempre pasamos alí parte das vacacións. O mes de agosto repartímolo entre Coruxo, Láncara, Xixón e Castropol. Por eso non puiden recibir e atender o teu amigo Jacobo Kogan, que veu a Compostela coincidindo coa nosa ausencia. Pasou igual con Canito, o direitor de Ínsula, e con un profesor brasileiro. Sinto de veras non lle ter podido amostrar Compostela ó profesor Kogan. Tódolos anos nos ocurre o mesmo, por ser o mes de Agosto de moita afluencia de forasteiros.
O de Aquilino foi abraiante. Il sentíase algo froxo de saúde, pro era debido á sua vella e descoidada diabetes. Aquiles dias andivo normalmente con uns i outros. O mesmo dia que morreu fixo vida normal e tiña un taxi agardando pra saír de viaxe cando se sentíu mal. Un súpeto infarto de miocardio estranguloulle o folgo en poucos minutos. Eiquí tivo resoanza a sua morte e veu xente de toda Galicia ó enterro. Eu estaba en Vigo e viñen co Cunqueiro, o Paco, o Ferreiro e mailo Alvarez Blázquez. Pouquiños dias antes estiveramos falando longamente no Instituto P. Sarmiento do seu Diccionario e dos problemas ortográficos do galego. Tamén falamos da sua saúde, pro non lle notei desalento. Pola contra, mostrábase disposto a se someter a un tratamento serio. E faloume dunha idea que íl tiña pra facéremos unha escursión de varios dias por Galicia. Foi unha pena que morrese tan prematuramente. Aínda tiña moito que facer na nosa cultura.
Dixéronme que estivo eiquí Rafael Dieste e que marchou a Extremadura e Madrid. Tamén lín nun xornal atrasado que se puxera A Fiestra valdeira en Rianxo. Eiquí, na Coruña e mais en Vilagarcía púxose Os vellos non deben de namorarse. Acudíu moita xente nos tres sitios.
Moitos saúdos nosos a Maruja e de Isabel pra tí. Unha aperta moi forte do teu amigo

Ramón

1960-10-08 Remitente
de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 08/10/1960

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 08/10/1960



Compostela, 8-X-60

Sr. D. Luis Seoane
B. Aires

Meu querido e lembrado amigo:

Recibín a tua carta e con ela a fonda alegría de saber que o voso recente paso pola nosa terra deixou en vós un calco perdurábel de impresións gratas. Pódovos asegurar, porque é certo, que o voso itinerario por Galicia deixou un ronsel de cordial simpatía en todos, tanto nos vellos amigos coma nos conocidos de novas. Polo que a Isabel e mais a min se refire, estade seguros de que non poidemos esquecer os brevísimos días que pasamos xuntos.
Nistes días celebrouse en Lugo o 1º Festival do Miño, un de cuios números foi un certamen literario galaico-portugués. Pra o Premio López Cuevillas, de teatro galego, presentáronse nada menos que dez obras. Premiaron ó Cunqueiro e déronlles accesit a Franco Grande, Cortezón e máis Manuel María.
Mañán elixirán presidente da Real Academia Gallega a Sebastián Martínez Risco.
Saúdos nosos a Maruxa. Pra tí, unha aperta moi forte do teu amigo certo

Ramón

1960-09-14 Destinatario/a
de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro
Bos Aires
Santiago de Compostela
Orixinal

Epístola de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro en 14/09/1960

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro en 14/09/1960



Buenos Aires, 14 de setembre de 1960

Sr. D.
Ramón Piñeiro
Santiago de Compostela.

Meu querido amigo:

Hoxe escribinlle a Domingo co gallo dun traballo moi bon, ao meu xuicio, que fixo encol do Dr. Marañón. A tí e a íl tiña de escribirvos fai xa casi tres meses, agradecéndovos os intres cordiás que nos adicáchedes facéndovos perder o voso tempo. Eu ganeino con vos e ganeino en Santiago en xeral, aínda que non sei si o ter pasado por Galicia, coma lle escribín a Domingo, fíxome ben. Dende logo sirvíume pra renovar a miña visión de moitas cousas que o tempo e a distancia fan esquecer. A única hora perdida en Galicia foi a do discurso que me botou no Café Español ise médico que falaba como o capitán de bombeiros de unha obra de Ionesco. Mais alegreime moito de ter estado con vos e ter renovado contigo, penso, a nosa amistade. Fun felis cos parentes e cos vellos amigos e compañeiros. Voltando a ver o mar de Malpica, as rúas de Santiago e as vagas do Orzán. Xa é moito pra quen tiña coma imposibre voltar a ise mundo, confinándoo durante tantos anos en si mesmo. Mais agora soio quero eispresarche o noso agradecimento, o de Maruja e meu, á tua dona e a tí, por todas as vosas atenciós. Non quero deixar pasar mais tempo sin decirche diste agradecimento.
Recibide Isabel e tí unha aperta de Maruja e miña, e tí outra forte de:

Seoane

1959-10-24 Remitente
de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 24/10/1959

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 24/10/1959

Compostela, 24-X-59
Sr. D. Luis Seoane
B. Aires

Querido Seoane:

Recibín o teu novo libro Figurando recuerdos, que tan gratamente arrequece a notábel serie de aportacións tuas á millor bibliofilía galega. Porque resulta que entre as numerosas –e todas fecundas– facetas da tua aitividade creadora, unha das que non se poden esquencer é a orixinal e moi notábel aportación tua á revalorización do libro galego. Nunha futura historia da bibliografía e da bibliofilia galega, un dos capítulos máis interesantes será, por certo, o que obrigadamente se consagrará a estudar a aportación de Luis Seoane. Si, meu amigo. Son moitos e moi fermosos os libros que ti levas «presentado».
Esto, craro está, ademais dos que son integramente teus, tanto pola «presentación» coma polo contido, como ocurre con iste que teño diante. No conxunto da tua obra resprandece un maravilloso e titánico esforzo de re-creación da Galicia ausente. Ise heroísmo rememorativo ten moito de patético, porque é coma se teimases encher o gran baleiro de ausencia co teu esforzo creador. No seu día –estou seguro– valorarase plena e rotundamente todo o siñificado dise exemprar esforzo.
Recibe, coa máis cordial noraboa, unha aperta moi forte do teu bó amigo

Ramón Piñeiro

1959-09-29 Remitente
de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 29/09/1959

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 29/09/1959


Compostela, 29-IX-59

Sr. D. Luis Seoane
Buenos Aires

Meu querido amigo:

Recibín a tua carta. Por ela vexo que che gustou o número galego de ínsula. Eu estaba bastante confiado en que che gustaría porque, tomado en conxunto, resulta un número serio e digno. En xeneral, produxo moita sorpresa, mesmo na propia Galicia. Esa súpeta e briosa aparición das letras galegas vén ser como un clarinazo esterior do fondo e intenso rexurdimento interno que se está a producir na i-alma coleitiva de Galicia. Xa ves, tivemos que agardar cinco anos pra o poder sacar, máis o verdadeiramente importante, o siñificativo, é que salíu e, sobre todo, “reflexa unha realidade”.
Vexo que che desagradaron algunhas espresións da “carta” do Landeira. En realidade, tal vez se trate, pola tua parte, dunha reaición máis emotiva que refreisiva, pois, polo que me dixo Domingo, manifestas certa mágoa nos xuicios consagrados a ise tema na carta que íl recibíu. Con todo, si conoceses persoalmente ó Landeira seguramente non lle tomabas tan a mal esas espresións. Il é un mozo galego cheo de vitalidade e de talento, que non tivo á sua disposición máis medios que a sua enerxía i o seu traballo, que conoce e viviu a realidade popular galega, posto que dela é fillo e nela se criou, que emigrou en percura dunha seguridade económica que eiquí non atopaba e que, nas horas libres do traballo, soupo adequirir por si mesmo unha espléndida cultura que xa quixeran moitos universitarios. Home de vontade enérxica e de intelixencia axil e crara é, en cambio, moi pouco inclinado a sensiblerías e sentimentalismos. Ten unha marcada preferencia temperamental por o lado vital, rexo, varonil i emprendedor da realidade humá, e, simultáneamente, certo desdén instintivo polo lado lacrimoso e patético. Esta aititude non é filla de prexuicios senón refrexo da sua auténtica persoalidade temperamental. É un de tantos mozos galegos lanzados en plena mocedade á esperiencia emigratoria. Naceu e viviu no seu do pobo traballador. Conoce e ama a ise pobo, que é o seu. Ora, a sua aititude estimativa nace da esperiencia vivida por íl e máis do seu persoal temperamento. ¿Que non coincide coa visión ou coa idea que outros teñen? Certo, moi certo. Mais esta diversidade é completamente natural e inevitabel. Cada ún, dacordo co seu temperamento, tende a ver ou preferir un lado determinado da vida.
Celebro moito, moitísimo, que che teña gustado o album de Maside. Fixémolo con gran amor. No é doado que te decates da cantidade de dificultás que tivemos que vencer. O esforzo que vimos facendo nútrese do entusiasmo ilimitado e da ilimitada capacidade de sacrificio dunha minoría abnegada que ten concencia do seu deber. Por ser unha minoría conscente e decidida, a obra vai e seguirá indo adiante. Tivemos moitos atrancos. Agárdannos aínda moitos máis. A obra seguirá. Nistes derradeiros tempos démoslle realidade ó Diccionario de D. Eladio, ó libro de Pimentel, ó número de Ínsula e máis ó album de Maside. Toda ela, colleita que quedará pra sempre. E así seguiremos, calada e tenazmente. Partimos dunha convicción fundamental: o que verdadeiramente vale é a obra feita. E nós non percuramos outra xustificación que a da obra que levemos a cabo en común. Pouco importarán as críticas ou ataques que se poidan facer a un ou a outro si a obra realizada polo esforzo común é necesariamente respetabel. E sabemos que xa o é.
Non preciso de che decir canto me folgo de que che teña pracido o prólogo ó album. O teu xuicio, xunto cos de Xohán Ledo e máis Anxel Fole, interesábame francamente, por séredes os tres masidiáns máisimos que eu conozo. Tiven a inmensa ledicia de que fose aprobado polos tres. Tamén me interesaban outras opinións –Domingo, Celestino, Carballo, etc.– pro por motivo distinto. En realidade, dubidei moito antes de me encarregar dil. Inicialmente eu pensara en Domingo, e Domingo en Celestino. Calquera dos dous –eso é completamente certo– houbérano feito millor ca min. Si ó cabo me encarreguei, foi por unha razón ouxetiva: que por se tratar dun homaxe de Galaxia a Maside –na que compartimos dende o comezo dúas funcións paralelas en responsabilidade, íl a direición artística i eu a direición literaria– parecía natural que representase eu a Galaxia niste caso concreto. E tamén por unha razón subxetiva: porque estaba certo de que ó propio Carlos lle tería sido grata esa decisión si a poidese conocer. Seino porque ó longo dos centos e centos de horas que temos consumido en plácido diálogo sobre tantas e tantas cousas, moitas veces tenme estimulado a que escribise sobre temas de arte. Nin il nin eu sospeitábamos que a primeira cousa que escribise sería sobre o seu propio arte. En realidade, máis que de recoller ises estímulos eu preocupábame de facer que íl, Maside, fose quen escribise sobre arte. Conquerín, ó longo de tres meses de persuasivas e insistentes xestións, que escribise o seu fermoso ensaio sobre a estética da fotografía popular, publicado, como sabes, no Grial. Tratarei dispois de que escribise outro ensaio semellante sobre o tema xeneral das “formas” (sobre o que tiveramos moitas conversas). Prometeumo. Mais faltáronlle folgos físicos. Como lle faltaron pra acometer outra tarefa prometida: unha monografía sobre o Palacio de Gelmírez (pra decidilo, eu prometéralle que a faríamos en colaboración, mais coa oculta e decidida intención de ilo empuxando pouco a pouco hastra que tivera feita sin se decatar). Foi pena porque, dado o entusiasmo que tiña por esa xoia románica, houbera feito unha monografía interesantísima. Todos ises proieitos e outros moitos, algúns realizados, xurdían nas nosas conversas sobre Galaxia. Carlos, Pimentel e máis Cuevillas foron tres baixas tremendas que tivemos no núcleo galaxián. Os tres compartían as nosas arelas e inquedanzas. ¡Cantas conversas inesquecentes no estudo de Carlos, no despacho de Pimentel e no comedor do Cuevillas! Na medida das nosas forzas tratamos de honrar ós tres.
Estiven en Vigo con D. Ramón o dia que chegou de ahí. Viña moi ledo e animoso. E cheo de gratitude pra todos. Xa nos contou o homaxe que lle fixo Citania e nos dixo que vos entregara un libro pra editar (unha biografía novelada de Rosalía, coido). Ás poucas horas tivo que salir pra Santander e inda non voltou. Xa non tardará moito.
Despois de moitas viravoltas, os amigos do Cunqueiro conqueriron autorización pra que se representase o D. Hamlet (modificando algunhas espresións do texto) e púxose no Teatro Colón da Coruña o 31 de agosto. Estivo completamente cheo e tivo gran éisito. Agora vaise poñer no Fraga de Vigo e no Círculo das Artes de Lugo. En Vigo figúrome que terá un gran éisito, pois alí hai un numeroso e moi calificado núcleo de cunqueiristas (que foron, en realidade, os que deron a batalla en favor de D. Hamlet). Dende logo, a popularidade que hoxe en dia ten o Cunqueiro é realmente enorme.
Xa sei que celebras varias esposicións simultáneas e que preparas un viaxe a Centroeuropa. ¿Pasarás por Galicia?
Unha aperta moi forte do teu amigo

Ramón Piñeiro

[Escrito a man]
PD: Non estaría mal que lle fixésedes chegar a Canito, direitor de Ínsula, algunhas cartas de felicitación polo número galego. Il, que é granadino, portouse moi ben co número adicado ás letras galegas. Tiña sincero interés en sacalo.

1959-09-18 Destinatario/a
de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro
Bos Aires
Santiago de Compostela
Orixinal

Epístola de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro en 18/09/1959

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro en 18/09/1959

Buenos Aires, 18 de setiembre de 1959

Sr. D.
Ramón Piñeiro
Santiago.

Querido Piñeiro:

Recibín a tua derradeira carta e recibín tamén fai uns días o libro de homaxe a Maside. Felicítovos pol-a edición e o esforzo que supón sobor todo pol-o teu traballo, aínda que sinta que empregues a verba caricatura que ficou nos nosos días relegada a un tipo de dibuxo muy (sic) subalterno –Tono, K. Hito, Galindo– que ren ten que ver co dibuxo satírico ou humorístico de Maside ou Castelao, ou o de Daumier ou Grosz, por poñer exempros alleos, preocupados fondamente pol-a eispresividade da liña e pol-o dibuxo en xeral, coma xénero artístico aparte do destiño da obra. Mais iso ten cicáis moi pouca importancia i é, o teu traballo, un aporte fundamental pra visión de Maside. Recibín tamén fai poucos días a tua separata do ensaio sobor Otero Pedrayo que xa conoscía e cuio eloxio fixen nun comentario radial nista. O número de Insula paréceme moi ben na casi a sua totalidade menos algún comentario incidental de Landeira nesa carta que te dirixe e o artigo de Franco Grande sobor poesía, onde debeu evitar os gestos persoales pra poder oferecer unha panorámica verdadeira da poesía lírica galega, i eisí non ficarían escruídos algús tan importantes na poesía aitual coma Lorenzo Varela e Iglesia Alvariño. De calquer xeito, dígollo en carta a Domingo, o número de Insula é un trunfo sobervo, polo que merecedes o mais fondo recoñecemento. Moi bons cuasi todol-os traballos. O teu, coma os de Domingo e Ledo, deberíades amplialos, eu atópoos moi importantes. O álbun de dibuxos de Maside é un alarde editorial que tendes que continuar. Temos que facer que a nosa xente teña o gosto pol-o libro i en Galiza pódese facer, vos o demostrades. E tí, coma Domingo e Ledo, tedes que continuar adicando algún tempo a escribir sobre temas artísticos. Fai falla. Coma tamén que recollas os teus traballos pubricados nun ou dous tomos, pois son orixinales, moi importantes, e independente, penso, das obras que teñas matinado con outro alento. Son notables os dibuxos de paisaxe de Maside, e tamén o que tí escribes sobor da paisaxe co que estou en absoluto de acordo, téndome manifestado coincidente co mesmo pensamento varias vegadas, aínda que non soupese eispresalo coma tí, igoal sobor do retrato. Aparte, envíoche o meu derradeiro libro de dibuxos, Figurando recuerdos. Tamén fixen un comentario radial sobor do libro de Maside e do número de Insula.
Escríbeme. Recibide unha aperta moi forte do teu amigo:

Seoane

1959-09-09 Remitente
de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 09/09/1959

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 09/09/1959

Compostela, 9-IX-59

Sr. D. Luis Seoane
B. Aires

Meu querido amigo:

Recibín, hai tempo, a túa carta. Como estiven unha tempada en Asturias, fóronse amoreando as cartas seica o recente regreso. Non quero demorar máis e agradecerche o xeneroso ofrecemento que me fas pra editar un libro meu en Citania. Certamente, a oferta considéroa moi honrosa e como tal a agradezo. O verdadeiramente difícil será que o poida escribir. Teño a vida tan absolutamente comprometida en ocupacións e responsabilidás de carácter impersoal e anónimo que non me queda tempo nin folgos pra facer obra “miña”. Tan certo é esto que hai varios anos que teño prometido a Galaxia un libro de ensaios e aínda nono puiden escribir, a pesar das continuas presións amistosas; e a editorial Guimarães, de Lisboa, solicitoume reiteradamente outro libro, coa estimulante oferta de incluilo nunha coleición filosófica na que figuran nomes rimbombantes de toda Europa. Tampouco vexo posibilidade de os poder complacer. Tan esmagado estou nise orde de cousas que unicamente pola presión dun compromiso perentorio escribo –e sempre apresa– os poucos e cativos traballos que co meu nome van saíndo de vez en cando. Hai meses que debera ter enviado unha colaboración pra o Homenagem a Joaquim de Carvalho, en curso de publicación, e inda nono fixen nin teño pensado sobre qué facelo. Naturalmente, ben me decato de que non se perde gran cousa. Con todo, dende o punto de vista puramente subxetivo, non deixa de ser unha renuncia. Polo menos eu ofrézoa como tal en favor de deberes que considero superiores. Da obra, boa ou mala, que eu poidera facer sacrifico unha gran parte con moito gusto pra poder atender a outras obrigas de orde xeneral. Por eso me sinto pouco animado a adequirir compromisos concretos. Teño medo de nonos poder cumprir, cousa que me non gusta.
Coido que terás recibido o número de Ínsula e mailo album de Maside, pois ambas cousas che foron enviadas namais saíren da imprenta.
Repito que che agradezo moito a túa cordial oferta. Dígocho de corazón.
Unha aperta moi forte do teu amigo

Ramón Piñeiro

Acaban de me chamar de Vigo pra me anunciar que pasado mañán chegará D. Ramón.

1959-07-18 Destinatario/a
de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro
Bos Aires
Santiago de Compostela
Orixinal

Epístola de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro en 18/07/1959

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro en 18/07/1959

Buenos Aires, 18 de Xulio de 1959

Sr. D.
Ramón Piñeiro
Santiago de Compostela.

Querido Piñeiro:

Alegreime moito que te tivese gostado o meu álbum de grabados en madeira, Doce Cabezas. Un distes días envíoche outro de dibuxos moitos déles xa tí os coñeces, tidoado Figurando recuerdos que o edita Citania. Xa me dirás a tua opinión. Non recibín a separata de que me falas na tua carta. Tivese querido recibila, mais é seguro que se perdeu no correio, pois a outra xente deiquí fai moito que a recibíu. Tamén gostaríanos editar en Citania algún traballo inédito teu. Dime si é posibre. Eu teño persoal intrés en facer unha edición dunha obra tua e outra de García Sabell. Istes días sal unha monografía de Del Riego, Galicia y nuestro tiempo, e un pequeno libro de poemas de Emilio Pita ademáis do libro meu. A parte entrecomillada da tua carta non quero contestarcha. Simpremente prégoche que non me supoñas filiaciós políticas ás que son alleo. É hora de que vos decatedes de que estades en plena confusión con respecto a nós e que a política cultural que facedes brilantemente e coa nosa ademiración, inicieina eu en Buenos Aires sin mais programa que o da cultura galega arrededor de 1940, coma tí deberías sabere, aínda que non por mín que nunca falei disto. Son boa proba os libros das editoriaes que fundei e a aición cultural do Centro Galego, onde durante moitos anos traballei soio. Si tés amigos progresistas eu tamén os teño. E dos outros, dos contrarios, en tanta cantidade como dos primeiros, e aquí respétanme hoxe tanto uns coma os outros i eu estímoos coma persoas e pol-a sua obra, aínda que non comparta as suas ideias. Penso que ista é a posición humán dun galeguista. Dígoche isto pra que non insistas en trocar a miña posición con supostos e desconfianzas que non veñen ao noso caso. A min non me arredan as posiciós ideolóxicas, o que me arredan son as conductas; dunha persoa, o que máis estimo é a sua conducta humán. Si che parece inxénuo isto, déixao, mais teño que decircho, posto que estimo moito a tua amistade e a tua obra, con ninguén en Galiza me sinto mais vinculado que a tí e aos amigos comús. Fálame de tí e da tua obra que son as cousas que me intresa dun xeito como non sei expresalo. Quixera que non houbese mal entendidos entre nós. Con saúdos a tua dona, recibe unha forte aperta garimosa de:

Seoane.

1959-05-04 Remitente
de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 04/05/1959

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 04/05/1959

Compostela, 4-V-59

Sr. D. Luis Seoane
B. Aires

Meu querido Seoane

Recibín, hai tempo, o teu fermoso álbum Doce cabezas. Gostei moito dil. Millor dito: gosto dil moitas veces, pois cada vez que o amostro a algún amigo, teño ocasión de gozar de novo na súa contemplación. ¡Canto me alegraría de poder corresponder de algún xeito ós teus valiosos e xenerosos envíos! Naturalmente, quixera corresponder con algo persoal que poidese merecer o teu agrado. Confío en que poderei facelo.
Nistes días andan por eiquí os meus amigos Bardem e Muñoz Suay (contra o que algúns pensen, eu teño moi bos amigos no campo «progresista»), pois viñeron a filmar unha película basada nas Sonatas de Valle Inclán (na de Estío e máis na de Otoño). Ceamos xuntos algunha vez. Falamos de tí, pois Muñoz tiña recibido La Soldadera, enviada por Alberti, que é vello amigo seu.
Por Paco e máis por Domingo vou sabendo dos teus trunfos e proieitos. Tamén, moitas veces, por amigos de ahí que veñen ou pasan por eiquí. Por outra banda, a continua espansión da túa ademirabel forza de creación vai consolidando e universalizando a presencia da túa persoalidade espritoal. Esto é evidente. I eu sinto unha íntima e fonda ledicia ó comprobalo.
Unha aperta moi forte i a devota ademiración de

Ramón Piñeiro

1958-12-17 Remitente
de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 17/12/1958

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 17/12/1958



Compostela, 17-XII-58
Sr. D. Luis Seoane
B. Aires

Querido Luis:

Acabo de recibir o Segundo libro de tapas, que é, por certo, moi fermoso. Gozo moito mirando e remirando cada folla do libro. Hainas que pola espresión do dibuxo e pola finura da color acadan unha transparencia emotiva tan pura, sinxela e contaxiosa como a do texto da inicial Breve crónica en relación conmigo y con las artes gráficas, cuia sinceridade me conmoveu. Como queira que, a falta de outros bens, teño o privilexio de contar coa amistade de moitos rapaces galegos, farei que conozan o teu novo libro de tapas e que gocen na sua contemplación como eu mesmo gozo.
Haberá uns 15 ou 20 días mandeiche unha separata do meu traballo incluído no tomo-homaxe a Otero Pedrayo. Por Galicia Emigrante vexo que xa conoces o tomo. Nós contábamos que salise ahí primeiro outro tomo que tiñamos preparado con anterioridade por encargo de uns amigos de Caracas e que deberá estar imprentado en Febreiro pasado. Nise tomo, por editarse fora, podían congregarse todolos galegos de dentro e de fora de Galicia e así foi concebido e disposto. Era a homaxe de todolos galegos ó gran D. Ramón de Trasalba. Como continuación e complemento dise, preparamos un tomo especial de Galaxia, que non podía ser, dende ningún punto de vista, unha especie de duplicado do tomo que debía salir ahí con anterioridade. Por moitas razóns, houbo que o concebir de xeito distinto: non como a homaxe a D. Ramón, senón como a homaxe ó profesor Otero Pedrayo. Diste xeito non había redundancia en relación co tomo editado fóra. Proieitámolo, pois, ó xeito clásico diste tipo de homaxe-miscelánea que se fai en todo o mundo en casos semellantes. Fundamentalmente foi concebido como un diálogo entre a cultura “española” e maila galega. Procurouse que a cultura española estivera representada por persoeiros eminentes de varias correntes de pensamento, dende o representante eisilado da Institución, Américo Castro, hastra o Tradicionalismo, pasando polo liberalismo de Marañón, polo catolicismo liberal de Aranguren, polo neoliberalismo de Laín, polo culturalismo de Dámaso Alonso. Entre os portugueses, escollemos deliberadamente a Rodrigues Lapa, cuia siñificación non desconoces, i entre os galegos eisilados a Guerra da Cal. Tratábase de que, nise diálogo cultural, Galicia quedase a boa altura. Gracias ós traballos de Carballo Calero, Celestino, Parga, Torre Enciso, Da Cal e Blanco Freijeiro, o ouxetivo conqueriuse plenamente. Polo menos así o creemos nós.
Que teñades un feliz Nadal e un bó Aninovo e que o 59 te traia á Terra das túas añoranzas.
Unha forte aperta do teu bó amigo.

Ramón Piñeiro

1958-02-11 Destinatario/a
de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro
Bos Aires
Santiago de Compostela
Orixinal

Epístola de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro en 11/02/1958

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro en 11/02/1958

Buenos Aires, 11 de febreiro de 1958

Sr. D.
Ramón Piñeiro
Santiago de Compostela

Meu querido amigo:

Agradézoche moito as frases garimosas inxustificadas polas que siguen, que me adicas na primeira parte da tua carta que acabo de recibir, pois estiven fora dista cidade unhas semáns. Mais non podo ademitir en silenzo as da derradeira parte, eistranamente inxénua, de dita carta, na que te refires ao editorialista de G. E., e nas que usas, ademáis dun lenguaxe que non corresponde, uns conceptos trabucados e alonxados no meu caso da realidade.
1) O que chamas tí a confusión “arte-literatura-loita de clases-revolución”, no ten ren que ver coa posición estética nin política do “pueril” editorialista de G. E., é decir miña, a que te refires. Si algunha vez tiveses perdido tempo ollando o que fixen no terreo da pintura ou escribindo, tes que ter ollado que non é fácil clasificarme, nin desexo que me clasifiquen ledamente no meu traballo, e pódese notar que non descoñezo as tentativas estéticas que poidan ser unha novedade nos días que vivo, eisperimentando nalgunhas delas cando me pareceron serias. Falarme a mín desa confusión de fai vinte ou trinta anos e simplemente por non ter dialogado nin por carta endexamáis conmigo, nin térese tomado a molestia de ollar o que fago. Esa posición que tí tes por confusa e rematada descoñecendo a sua vitalidade aitual, gústenos ou non, sigue levantando polémicas, continúa sendo respetábel e non “puro anacronismo” como tí dís. Supoño que non terás por rematado xa a Sartre e aos seus meditando –e facéndoa– nunha literatura, (nin aos realistas norteamericáns, nin aos neorrealistas italiás), sumerxida en aición.
2) A xusticia social como tema ten de encher aínda moitas páxinas, unhas boas, e outras coma tí dís “propaganda”, sin que perdan novedade. A sua novedade ten pol-o menos os séculos do Novo Testamento e namentras eisista dalgún xeito a inxusticia non ten de transformarse en tema de cabaleiría. Algunhas das mellores páxinas da nosa literatura do xix nasceron con ese tema. En canto ós fins a que te refires, “o servicio de fins distintos”, no meu caso o servicio ten un nome, Galicia, e os fins un programa, o que nos fixo irmáns que tí deberas non esquencer, e que pola tua carta pensaría que estás esquecendo. Calquer outro nome que lle poñas ó meu servicio e aos meus fins sería coincidente co que lle poder pór a policía, por exemplo; e tí, estou seguro, non eres capaz deso.
3) Non creo dende logo que os rapaces de hoxe pensen coma fai vinte ou trinta anos. Algús dos rapaces a que te refires son esaitamente un verdadeiro anacronismo, son mais vellos que nós, e dende logo non viven en Europa. Dígoo polo que parecen pensar. Si poidese falar con eles demostraríallo. Escribirlles dame preguiza. Eu vivo en Buenos Aires, e vivo polo tanto independentemente da xeografía –a xeografía humán e cultural dunha cidade é as veces cousa distinta á xeografía dun estado– en Europa. Aparte de que eu son fondamente europeo, sabendo, penso, por qué. Non estou tan seguro que sexan europeos no senso do pensamento aitual, moitos países, cidades, vilas, etc., da penínsua; mais ben, si fas aistración da xeografía, poderían ser polo que se vé unha provincia ou unha cidade do norte arxentino ou de Bolivia. Cochabamba, da que falaba Unamuno. Escríboche esto margurado. Os homes maduros en edade pensamos desde logo en moitas cousas de xeito distinto aos días da nosa mocedade, (pra mín estes días no senso do traballo e da inquietude, penso non pasaron) mais a distinción non se refire ao que era verdade, verdade sin tempo nin data, naqueles días. O noso pensamento, o dos que estamos fora, evolucionóu como evolucionóu o voso, vivindo cada un as suas propias esperencias en terras de Europa ou de América, da América americán, por decílo así, e da América europea. A esperencia histórica/coleitiva e universal é a de cada un, esta rodeada das circunstancias que o destino lles deparou. Mais si cando te refires de que vivides en Europa a tua afirmación tén un sentido peiorativo, estás trabucado en canto a esta cidade. Nos trinta ou mais teatros que eisisten nela, profesionaes i esperimentaes, podemos ver millor ou peor representado todo o teatro europeo desde os crásicos deica Esperando a Godod1, ou as obras de Ionesco. En pintura estase ao día e o mesmo ocurre en literatura. Temos, pois, oportunidade de adherirnos á derradeira escola con tempo si nos peta. En todo caso con retraso duns días. Supoño que pasará o mesmo en canto ás cencias, non o sei. Dígoche esto polo posíbel estancamento estético a que pareces referirte poda ocurrir en un. Eu estou ao día, penso, non por moda nin afán de novedade, sinón porque vivo a miña época.
4) Si o estancamento refírese a lembranza e trátase en canto ao tema, non podo ademitir esa inxenuidade túa. Supoño que basta con citarte o exempro de Proust e Joyce. Sinón se refire a eso non sei a que podes referirte cando dís “estancarse” nunha etapa da sua vida “que pode ser a mocedade quedando un convertido paradóxicamente nun vello”. Mais penso que a calquera cousa a que te refiras, forma ou tema, é posíbel que sexa máis ridículo cando se ten unha vida feita, o que supón unha obra sinón feita en desenrolo, poñerse cosméticos que o simulen mozo. Non. A mocedade e a vellez non é nin o cándido exemplo que tí pos nin este con que te podo responder. Eu penso de acordo con Martín du Gard, e si queres con Iñacio de Loyola, que todo pensar, creer e ver, non é nada si un non pode convertilo en acto, refírome á eisistencia e ao pensamento.
5) En “amarga soedade” no que se refire a Galicia estamos todos en xéral os que nos topamos eiquí. A soedade é unha condición que acompaña á proscripción. Mais tamén en mais “amarga soedade” poden sumilos a falla de diálogo, e a tua carta non é unha invitación a él, dos que están na terra. Tí nin eu non poseémos a verdade absoluta, nin a nosa esperencia é escrusivo refrexo da verdade, nin podemos tomar en ningún intre sin faltar, –e o galego é cursidoso de non faltar– aititudes inxustificadas de mestres, sobor de todo cando non se mediron suficientemente terreo do saber e da esperencia as forza[s] de un e outro, do que toma a aititude de guiar cas do presunto guiado. Lémbrome dun estudante de dereito da miña época que desdeñaba a unha peña de café porque nela nos sentabamos mozos de preocupaciós distintas y (sic) algún sin preocupación algunha, porque non leíamos, decía él, Gracian. El debe continuar lendo a Gracian, supoño que entre tinto e tinto, e conmovéndose por xestos supostamente fidalgos. Algús daquela peña fixeron unha obra á medida sua por Galicia. Outros déronlle a vida. Dende logo aquel estudante non era entón un persoaxe de Gracian e nono foi despois, polo que sei.
Resúmen: Non teño outra filiación política que a que tiña fai vintedous anos. Defendo as nosas verdades dentón porque continúan sendo verdades. Algunhas dende moi vello tempo. Defendo aquelo que o programa do G. imponía aos seus afiliados no que ten de permanente, e aitúo con libertade que me dá a desfeita e a pasividade dos que coma eu compartiron aquela irmandade. En canto ás novedades estéticas, a moda e as circunstancias do mundo penso que estou ao día. Podo orientarme sobor dunha corbata, dun libro, dun cadro, da política en canto á moda. No relativo a Europa non todo o que está en Europa é Europa no senso de civilización e da cultura. As Hurdes, por eisempro, non son Europa no que entendemos por ela. Referíndose a América ten de terse ollo. Eisisten moitas Américas, tantas ao menos coma Europas, e América non é dende logo o analfabeto europeo que volta cun “haiga” e cartos, e que non deixou de sere analfabeto aínda que teña moitas virtudes. Este persoaxe queren evitalo por igual os americáns e os europeos. Mais pra moitos de ahí parecen ser os únecos galegos que eisisten aquí. Con respeito á mocedade non ademito mais mocedade que aquela que ten a xenerosidade de defender con actos as súas conviciós, comezando, naturalmente, por ter conviciós. A vellez pra mín aínda non sei o que é aínda peiteando canas, e as obras que millor me representan, penso, están por facer. O tema desa obra pode ser no porvir por igual a descrición pintada ou escrita da folla dun arbre, o voo dunha mosca, ou o asesiñato en masa dun pobo iñocente, e pode ter tamén por igual unha forma descritiva hermética ou relatárese en estilo naturalista ou periodístico. Pode non ter tema.
Desafogado de todo esto invítote a voltar á cordialidade que nunca nos separou e a matinar que as rifas prodúcense por mal entendidos e entre xentes que se estiman e queren, e mentras tanto recibe unha aperta moi forte e fonda de verdade de

[Escrito a man]
Contestación de Luis Seoane á carta de Ramón Piñeiro do 30 de xaneiro de 1958.




1. O título correcto da obra é Esperando a Godot.

1958-01-30 Remitente
de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 30/01/1958

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 30/01/1958


Compostela, 30 de xaneiro de 1958
Sr. D. Luis Seoane
B. Aires

Meu querido amigo:

Recibín e lin con todo interés o teu novo libro La soldadera. Pra che decir a verdade, estou mesmamente asombrado da tua estraordinaria capacidade creadora, non menos sorprendente pola intensidade que pola diversidade dos seus campos de cultivo. Semella talmente que tiveras dentro de tí a enerxía de media dúcea de homes dinámicos. Como eu non teño nin a décima parte desa capacidade de traballo, ademiro moito, cada día máis, a tua inesgotábel fertilidade espritoal.
Desta máis recente obra pouco che poido decir dada a miña impericia crítica en materia de teatro, que quizais seña estensiva a toda materia literaria a xuzgar polas airadas protestas que teñen provocado os poucos xuicios valorativos que fixen en tal terreo. Vexo que insistes unha vez máis, nesta ocasión por vía teatral, en lles percurar ouxetividade artística ás tuas vellas e sinceiras inquedanzas de tipo social–revolucionario. Tes pleno direito a facelo, que duda cabe, máis aínda no teu caso, en que tales inquedanzas responden a sentimentos moi arraigados. Pro non deberás esquencer, con todo, que tal camiño é abondo arriscado, como se pode ver contemplando a gran cantidade de producións artístico–literarias dise tipo nas que os resultados estéticos son tremendamente febles. Cando un escritor ou un artista se pon a dar voltas e máis voltas arredor dunha ideoloxía –seña ou non revolucionaria, pois o resultado é o mesmo– acércase perigosamente ó artificio, que é bastante distinto –tí sábelo millor que eu– do arte verdadeiro. O xirar demasiado insistentemente arredor dun punto, ademáis de que impide unha visión crara da realidade... produce mareo. Afortunadamente, a ti non che ten ocurrido tal cousa polo dagora. Pro tamén é ben certo que estás en perigo de que che chegue a ocurrir algún día. Por eso che falo desto, con amistosa lealtade, pois eu de todo corazón desexo que sigas libre dise perigro certo.
E non vaias pensar, como tantas veces lle ocurre ó editorialista de Galicia Emigrante, que todolos que en Galicia renunciamos ó cultivo da literatura ou do arte como instrumento de propaganda social-revolucionaria estamos anestesiados pra o problema da xusticia social. Nono penses, pois si o pensases, equivocaríaste tan rotundamente como ise editorialista, cuias elucubracións, por certo, a min resúltanme sumamente simpáticas cando descarga nelas toda a inocente cólera pueril que domina ás veces o seu esprito, sin duda porque non pode evitar que o corazón lle asoballe a cabeza máis veces das necesarias. O que ocurre éche moi sinxelo de esplicar: somos moitos os que distinguimos nidiamente o problema da xusticia social como un fin en si mesmo, do “problema social” como vehículo propagandístico ó servicio de fins distintos. A confusión arte-literatura-loita de clases-revolución, tan en boga fai 25 ou 30 anos, cando nós eramos rapaces, hoxe en Europa é un puro anacronismo (e Galicia, craro está, pertenece a Europa). O tempo non pasa en valde. Nin os rapaces de hoxe pensan coma fai 25 anos pensaban os rapaces, nin os homes maduros pensan hoxe o mesmo que cando eran rapaces, fai 25 ou 30 anos. A esperiencia vital de cada un e maila esperiencia histórica coleitiva non foron infecundas en orde á evolución do pensamento. A peor traxedia que lle pode pasar a un home é quedarse atrás en relación co tempo, “estancarse” nunha etapa da sua vida, por exemplo na mocedade, porque queda convertido paradoxicamente nun «vello» condenado a unha crecente e amarga soedade. Por eso, á altura do tempo en que vivimos, o noso amor á xusticia –tanto á xusticia social, como ás demais– non nos impide saber que a literatura, o arte i a cultura en xeneral valen por si mesmas e representan un papel propio no destino da humanidade que non se identifica necesariamente co papel do mero propagandismo revolucionario. Canto máis teñades esto en conta menos vos equivocaredes ó xuzgar as cousas deiquí.

[Escrito a man]
Bueno, acaboúseme o papel. Unha aperta moi forte do teu amigo.

Ramón Piñeiro

1956-07-20 Remitente
de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 20/07/1956

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 20/07/1956

Compostela, 20-VII-56
Sr. D. Luis Seoane
B. Aires

Meu querido e lembrado amigo:
Fai tempo que recibín o teu libro Na Brétema, San-Iago. Tamén fai tempo que tiña mentes de che escribir pra comunicarche que o tiña recibido e, sobre todo, pra che facer presente a miña gratitude máis sincera por me teres incluído entre o número dos favorecidos con tan fermoso agasallo. Os mil trafegos cotiáns dos que endexamais me dou desencerellado foron aplazando a miña carta. Non quero, con todo, que pase máis tempo. Nistes días en que se achegan as festas da Terra, lémbrome moito de vós e non quero deixar de che escribir unhas liñas.
Como podes supoñer, lin o teu libro con devoción. Góstame a forte sinxeleza poética das evocacións. Si, amigo, a nota predominante dos teus poemas e, ó meu ver, a sinxeleza. Pro unha sinxeleza forte. Algunhas das evocacións teñen unha certa plasticidade valleinclanesca, pro, aínda estas, singularízanse craramente pol-o seu recendo e espontaneidade emotiva, pol-a sua carenza de ourivería literaria. Con todo, como teño a obriga de che ofrecer o amistoso homenaxe de sinceridade, debo de che confesar que me impresionaron máis fondamente os grabados, algúns dos cales parécenme sinxelamente estraordinarios. O libro en conxunto é unha fermosa xoia.
Eu douno a conocer ós mozos, cos que teño frecuente contaito. E agora cando me marche de vacacións, levareino pra amostralo ós devotos das nosas letras.
Con Maside, con Domingo e con Fole –eiquí ou en Lugo– teño moitas ocasións de te lembrar e de comentar a tua asombrosa capacidade creadora, que a todos nos ten ademirados.
Unha aperta moi forte do teu amigo.
Ramón Piñeiro.

1955-01-03 Remitente
de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 03/01/1955

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 03/01/1955

Compostela, 3-1-55
Querido Seoane:
No mes pasado chegou ás miñas mans o teu album Campesinos. Nunca poderás maxinarte a inmensa alegría que tiven cando Domingo mo entregou. Xa o tiña contemplado dúceas de veces na casa do Paco, sempre con nova emoción. Pra che espresar con verbas o meu agradecemento, tería que saber traducir os sentimentos en palabras co-a mesma pureza con que ti os sabes traducir en liñas e coores. Ben sabes, querido amigo meu, que non teño ise don. Recibe, pois, a miña gratitude inda que seña espresada cáseque en silencio. Por se tratar de un dises libros ós que un normalmente no pode chegar cos medios propios, a sua posesión prodúxome unha mezcla de ledicia e de estraneza, mesmo coma si non me correspondese telo. Tranquilizouse a miña concencia ó pensar que eiquí á miña casa veñen moitos que, estando en condicións semellantes, poderán disfroitar plenamente na sua contemplación. Moitos dos rapaces galegos que levan no peito a quentura do amor ós nosos valores espritoás, veñen adoito cabo de min. Satisfaime moito o poderlles amostrar o teu album – i-en xeneral o que ahí facedes– como exemplo i-estímulo pra as suas arelas. ¿Non é iste o destino máis nobre e máis auténtico do voso labor?
Xa sei que che gustou a monografía do Maside. Non deixes de llo decir a íl, pois alegrarase infinito co-a tua aprobación. A tua, que axiña estará lista, tamén che gustará. Estou seguro.
Mándoche iste artigo que lle entregara a Borobó pra o estraordinario de fin de ano. Como no mesmo número iba a saír a tradución do artigo de Domingo adicado a Lonxe, o meu terá caráiter máis xeneral. Saíron os dous ocupando unha mesma páxina adicada ás letras galegas na emigración. Por moitas razóns, eu quixen destacar, máis que unha obra individual, a vitalidade da cultura galega fora de Galicia. O título tan periodístico do artigo é obra do Borobó. Eu puxéralle iste: Creciente amplitud de nuestra cultura, que íl aproveitou pra titular a páxina. O artigo de Domingo xa o conocedes, fermoso coma un verdadeiro poema.
Os meus desexos agora ó comenzar iste novo ano son de que poidamos xuntarnos todos, vós e nós, nunha gran romaría eiquí na terra durante o ano 55.
Unha aperta moi forte do teu amigo
Ramón Piñeiro

1954-11-12 Remitente
de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 12/11/1954

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 12/11/1954

Compostela, 12-XI-54

Meu querido Seoane:
De mans de Paco, recibín o libro Lonxe. Como podes comprender, foi pra mín motivo de fonda e grande emoción. ¡Fermoso libro, tanto pol-o contido como pol-a presentación! Merecedes unánimes parabéns de cantos aman a cultura galega. Ofrézovos os meus de todo corazón. Prégoche que llo fagas presente a Varela e mais a Cuadrado, de quenes non teño as señas. Con obras así, ben podemos acudir con orgulo a calisquera parte do mundo.
Quero tamén felicitarte moi de veras pol-o gran acerto de Galicia Emigrante, sin duda a millor revista galega dise tipo que nunca teña eisistido. Agora comenzará a vos facer competencia unha nova revista galega que acaba de saír en Madrid e que se chama La ilustración gallega. Como dispón de grandes medios, pois trátase de unha publicación subvencionada por Prensa del movimiento, supoño que tratarán de facer dela unha publicación moi difundida. Tamén en Vigo os do Pueblo tratan de resucitar a vella Vida gallega.
O día 4 vivimos uns intres de viva e plena emoción escoitando o discurso de apertura de curso, que iste ano, como sabes, tocoulle lelo a D. Ramón. Adicouno á emigración galega, tema que por primeira vez e con toda dinidade chegou ó Paraninfo da Universidade compostelán. Falou de tí, de Varela e de moitos outros. A tí adicouche párrafos moi espresivos e moi merecidos. Ó cabo, por boca de D. Ramón, na Universidade de Compostela, onde tí fuches alumno, reconoceuse plenamente o grande mérito da tua labor cultural galega en terras lonxanas. Foi un aito de outa xusticia e tamén de gran valor moral por parte de D. Ramón. Ó remate démoslle a íl a forte aperta que boa gana vos houbéramos dado a todos vós. Mándoche copiado o que dixo de tí. Dentro de uns días recibirás o discurso impreso.
Unha aperta moi forte do teu amigo.
R. Piñeiro.

O orixinal inclúe extracto do discurso de apertura do curso universitario 54/55 por Ramón Otero Pedrayo.
(DO DISCURSO DE APERTURA LIDO POR D. RAMÓN)
Profesores, ensayistas, poetas, mantienen muy altas llamas en América con alimento de sus vidas. Preferimos el silencio entre dos ondas de un verso, la hondura de un dibujo... Como artista dueño, en su severidad, en su diáfana expresión, de las claves salvadoras de la emigración pensemos en Luís Seoane. Luís Seoane acostumbra a poblar de símbolos sus paisajes apenas suscitados y fugitivos, en artista de un devenir grave, sin angustia. El hombre y la mujer, el niño y el marinero, con la flor y el fruto, el surco y la playa marchan desglosados de circunstancias en una magnífica soledad en que el hombre se reconoce peregrino. En Tapas decora los libros escritos y los no escritos aún, con el trazo seguro de un rayo de sol de San Juan suscitando la inocencia de una Galicia libertada de huellas de tiempo, leve, sorprendida. Seoane en lo íntimo de la tradición sentida con alma de niño suscita los mitos del mar, del poder de la alquimia, de la condena, en Las narraciones de un vagabundo, libro extraño y fuerte de la Colección Botella al mar, sostenida, como otras, en la Argentina, por escritores y artistas gallegos... Llevan el libro también, en la gran metrópoli de la polémica y contraste de las culturas, a una novedad y belleza artística. Nunca el espíritu gallego se había vestido tipográficamente con semejante dignidad... Seoane trasfunde en lo actual las leyendas con una ingenuidad que supone una aproximación del sentido románico y del moderno, del modernísimo en el arte aún escándalo de los medios académicos. Y en el poeta de Torre de amor Lorenzo Varela la amargura se salva en leve sueño. El más fuerte

1954-01-27 Remitente
de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 27/01/1954

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 27/01/1954

Compostela, 27 de xaneiro do 1954
Sr. D. Luis Seoane
B. Aires

Benquerido Seoane:
Recibín a tua carta. Fólgome moito do éisito que tiveron os dous murales que recentemente fixeches. Eu sabía que che foran encomendados, pois informárame oportunamente o Domingo, e confiaba instintivamente no teu trunfo. As mostras que pouco a pouco vannos chegando de teu contínuo e intenso labor artístico non poden ser máis confortadoras. Un vigor san, no que vida e sentimento fúndense nunha pura inocencia ideal, resprandece nidiamente en tódal-as tuas cousas. Máis que a de artista ningún, a tua obra está feita co celme do teu propio corazón, co celme de un grande corazón. E iso, que se percibe misteriosa i-espontaneamente nas tuas cousas, espertou primeiro o noso interés, dispois a nosa simpatía e, derradeiramente, a nosa ademiración afervoada, o noso entusiasmo sin reservas. O teu arte, querido Luís, témolo por un arte “noso”, vivímolo e sentímolo como algo que “nos pertenece”. Níl hai algo co que todos sentímonos identificados, seipamos ou non seipamos ben o qué. Poidera coidarse que consiste nise logradísimo acerto formal de saberes identificar a nosa entrañábele tosquedade románica co-a elementalidade esencial do feitío moderno. A min paréceme, con todo, que non consiste soio niso, senón que máis ben atopamos en todal-as tuas cousas a imaxe de unha realidade vista desde un plano ideal do sentimento. Todo está envolto nunha invisíbele atmósfera de idealismo sentimental, todo se nos amostra con unha presencia real, vigorosa, san, e ó mesmo tempo, con unha sutil e vaga sensación de irrealidade, talmente coma se fosen cousas ó mesmo tempo vividas e soñadas no sentimento, ó mesmo tempo reales e irreales. Ou seña: é unha realidade dotada de toda a súa plenitude entitativa e ó mesmo tempo idealizada, ennobrecida sentimentalmente. De ahí que esteñas en posesión de un dos grandes segredos do esprito galego: o lirismo. O lirismo é o lingoaxe da nosa trascendencia. E tí, querendo ou non, sabéndoo ou sin o saberes, fálasnos nise lingoaxe das nosas verdás íntimas. Por iso as cousas que saen das tuas mans “son de todos nós”. Comprendo moi ben o amargurado dunha vida como a tua que ten que loitar co-a soedade, co-a lonxanía e co-a aspereza do medio. Moitas, moitas, moitas veces pensamos en vós e comprendemos a vosa mágoa. Non penses que non nos doe moi fondamente a lembranza da vosa lonxanía. Mais nós chegamos a nos decatare de que o único xeito de acompañar, a única maneira de crebar o voso isolamento espritoal, é facendo cousas, boas ou malas, que vos leven o alento vivo da Terra, que vos leven a certeza de que eiquí hai vida e confianza na diñidade do noso ser coleitivo. Canto facemos, cada ún na medida das súas forzas, está destinado a vós inantes que a ninguén. Por iso mesmo, prestamos unha grande atención a canto vós facedes, que pra nós vén a ser motivo de confianza e de fe. Cada cousa nova que nos chega, é un testemoio de que os perigos (pasados, presentes ou futuros) que amenacen a creación cultural dentro da terra, nunca poderán comprometer o seu destino inmortal. Fora hai quen a continúe. E tí, meu bó e querido amigo, tés a responsabilidade de encarnar en tí mesmo unha das máis firmes e outas garantías dista nosa fe, dista confianza que tanto nos anima nas horas de inquedanza. Non podes, de ningunha maneira, abandonarte á desilusión, por longa que vaia sendo a tua ausenza, porque todo o teu labor ten pra nós un outo siñificado. Si así non for, non sentiríamos a necesidade de facer presente en Galicia a tua obra. E ista necesidade sentímola, non por impulsos de pura amistade, senón pol-a sua siñificación ouxetiva. E pol-as mesmas razóns ouxetivas foi pol-o que lle encarregamos a Domingo de ser o seu definidor, xa que íl é, entre todos, o único que ten o privilexio de a conocer de maneira plena e direita, ademáis de ser, pol-a sua sensibilidade finísima e pol-a sua crara intelixencia quen millor o podía facer.
Nistes dias sairá o primeiro tomiño da coleición Monografías de Arte Novo, que está adicado a Colmeiro, con introdución de Bonet Correa. Axiña irá o adicado a Maside, con introdución de Xoán Ledo. Dispois virán o Eiroa e máis o Seoane, ún feito por ti i-o outro por Sabell.
Tamén estamos facendo unha nova edición da Guía de Galicia, de Otero Pedrayo, que quixéramos ter lista aló pra o abril. E simultaneamente iremos imprentando o Onomástico Etimológico de la Lengua Gallega, do P. Sarmiento. Xa ves que tratamos de ir facendo cousas. Teño a espranza de que tamén dentro de iste ano pubricaremos un tomo de prosas galegas de Sabell, que por certo será unha verdadeira revelación. Estou convencido de que íl ha ser un verdadeiro renovador da prosa literaria galega.
Como podes comprender, alégrome moito da próisima saída dise libro de Lorenzo Varela. Lémbrome moi ben dos primeiros versos galegos que escribíu nos tempos da nosa adolescencia luguesa. Dende aquiles tempos sempre fun sabendo indireitamente da súa vida e traballos, pois sempre conservei a mesma fe que xa de rapaces tiñamos na súa valía. Daquela, xunto co-as íntimas inquedanzas poéticas, que níl eran ben acusadas, amostraba unha vontade enerxicamente aitiva e unha crara intelixencia, que facían díl un eficaz home de aición. Coido que foi desenvolvendo a súa vida paralelamente nistas duas liñas; supoño que asegún o mandado das circunstancias entregarase á poesía ou á aición. Pol-a miña parte, como sempre gostei da súa poesía, non lamento calisquer impotencia aitiva imposta pol-as circunstancias que lle poida ocurrir, pois nos versos ten un radio de aición máis amplio, tanto espacial como temporalmente, e sempre seremos máis os que participemos nos seus froitos.
Mandeiche o meu traballo novo sobre a saudade. Supoño que xa o terás no teu poder.
Por eiquí estamos padecendo unha boa invernía. Onte e hoxe está Santiago nevado.
Unha aperta moi forte do teu amigo
Ramon.

1954-01-21 Destinatario/a
de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro
Bos Aires
Santiago de Compostela
Transcrición

Transcripción da epistola de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro en 21/01/1954

Buenos Aires, 21 de xaneiro de 1954
Sr. D. Ramón Piñeiro
Santiago de Compostela

Querido Piñeiro:
Recibín fai uns días a túa carta de Decembro e quero contestala denantes que o tempo me esgane no seu aguzado avanzo. Pasei unha tempada abrouxado de traballo. Fixen dous murales importantes que gostan moito e nos que intentéi renovar, na medida das miñas cativas forzas, ese xénero de pintura. Grandes llanos de cór dinamizados con grafismos un pouco á maneira dos románicos, e máis concretamente dos muros pintados de San Isidoro de León, dos que lémbrome a miudo, e que teño no meu curazón coma as pedras labradas do noso románico, endemáis as do Pórtico da Groria, pra mín a obra máis xenial de Galiza e das que me envióu Domingo unhas moi boas fotos que agradézolle fondamente. As lembranzas vanse tamén perdendo co apartamento da terra. Traballo o que poido, traballo sempre, sin saber bén pra qué. Nun meio do que mellor é non falar si temos de referirnos á coleitividade, fundamentada en argalladas sandeas e cuio valor maior reside nas individualidades máis humildosas.
Quixera sere parceiro do voso traballo máis o meu destiño é outro, e os que estamos eiquí temos de traballar isolados, lonxe de todo aquelo que amoramos, e lonxe tamén do que nos cerca. En marzal sae un libro de poemas en galego de Varela con grabados en madeira meus. Os poemas son extraordinarios, entre eles un adicado a Lugo, e trataremos de facer unha boa edición. Todo está feito en homenaxe a esa terra perdida cicáis pra nós.
Non recibín aínda o tomo de Galaxia sobor da saudade que me anuncia Del Riego e que supoño será moi bon. Tiña noticias dél por Domingo.
O Libro de Tapas acadou un gran éxito nesta, téndose pagado en moi pouco tempo, tres ou catro meses, a edición a pesares do seu outo prezo, iestou contento deste eisito. Teño que remitilo aínda a moitos amigos desa e fareino nestes días.
Creo que nunha anterior agradecínche as túas liñas da revista Lar adicadas ao meu libro, que as supoño polas súas xenerosas verbas guiadas pola túa amistade. De todas sortes, coma nunca estou seguro de ter contestado as cartas, quero voltar a manifestarche o meu agradescemento por ese artigo. A todos vós dévobos as máis gratas emociós e os pulos millores, e a todos vós de certo xeito vai adicada toda a miña obra que ven sendo desí o acougo que ninguén pode contarme.
Preparo outras cousas das que xa falaremos.
Nemantras recibe a forte aperta do teu amigo
Seoane.

1953-12-26 Remitente
de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane
Láncara
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 26/12/1953

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 26/12/1953

Láncara (Lugo), 26-XII-1953
Meu querido amigo:
Canto me dispoñía a saír pra istas terras luguesas a pasar o Nadal co-a familia, chegou o teu fermoso Libro de Tapas. Xa o tiña visto na casa do Domingo e moito me gustara. Dous días antes, estando Domingo e máis eu na casa de Paco, en Vigo, e con ocasión de faláremos do teu libro, díxome Domingo que che tiña escrito pedíndoche un exemprar pra mín. Eu alegreime moito co-a noticia, pois non me houbera atrevido a facelo. Cando o carteiro me trouxo o libro enviado por tí, xa podes figurarte a miña emoción. Tróuxeno a Lugo pra llel-o amostrar ós amigos de por eiquí (Pimentel, Celestino, Anxel Xohán, Manuel María, Novoneyra, etc.).
Tamén na casa do Domingo vimos moitas veces un espléndido lenzo teu, no que resplandece un limpo celme galego que non deixa de ser sorprendente. Xa se bota de ver que que si o pintor está lonxe da terra, tena, en cambio, moi viva e moi acesa no corazón.
Nistes días sairá un novo tomo de ensaios editado por Galaxia e adicados ó tema da saudade. A continuación, sairá a primeira monografía de arte galego, que está adicada a Colmeiro.
Dentro de uns dias –en canto chegue ás miñas mans– enviareiche un novo traballo que fixen sobre a saudade. Eu penso que ista é unha vía na que artistas e filósofos poden colaborar pra acadar unha fisonomía espresiva do noso ser íntimo. Niste novo traballo percuro trazar as liñas fundamentás de unha filosofía basada na vivencia da saudade. Dareime por moi satisfeito con que contribuia a lle prestar atención ó problema.
Unha aperta moi forte do teu bó amigo.
Ramón Piñeiro

1953-10-06 Remitente
de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 06/10/1953

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 06/10/1953

Compostela, 6-X-1953

Meu querido Luis:
O noso común amigo Domingo tróuxome, ademáis de moitas noticias da túa vida ahí, un fermoso grabado teu con unha garimosa adicatoria. Non sabes canto cho agradecín. Eu conocía ise grabado porque fora reproducido nun número estraordinario de Galicia. Encarregueille a Domingo que me conquerira un exemplar dise número de Galicia. Xa te podes maxinar a miña sorpresa –e tamén a miña emoción– cando, en lugar da revista, entregoume o grabado. Ise grabado teu e mais outro que me regalou o Maside fanme compaña permanente na biblioteca, que é o meu lugar de traballo.
Xa sei que vas a facer un gran mural e tamén que istes días estás facendo unha exposición. ¡Canto me gustaría podela visitar! A derradeira vez que vín pintura foi na que fixo eiquí o Maside fai uns meses, que foi verdadeiramente espléndida.
Na revista Lar de ahí saíu un traballiño meu adicado ó teu libro Fardel de eisilado. O malo é que ten erratas dabondo.
Bueno, querido Luis, recibe o meu agradecemento pol-o grabado e unha aperta moi forte do teu bó amigo.
Ramón Piñeiro

1953-07-27 Remitente
de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 27/07/1953

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 27/07/1953

Compostela, 27-VII-53

Meu querido Seoane:
Istes días, co-a chegada a esa do amigo Domingo, a túa vella morriña, sedenta de contaito vivo co-a Terra, recibiu unha orballeira de emoción e ledicia. Na fonda e quente cordialidade que Domingo derramará sobor do teu esprito, ten por seguro que vai fundida toda a emoción dos amigos que eiquí te lembramos. Co-íl estamos todos identificados, así que canto che diga, será a espresión do común sentir.
Recibín a túa carta. Agradézoche moito a benevolencia que tes pra xusgar as cousas que eu fago. Non penses, con todo, que son refrexo de un acougo espritoal do que todos quixéramos gozar. Eiquí, querido Luis, tamén estamos minados por inquedanzas moi fondas, das que somentes nos libra a forza do entusiasmo e da fe ideal. ¡Si souperas cantas dificultás, cantos atrancos teñen que vencer os nosos esforzos! Gracias á vitalidade interna da obra común, os esforzos que cada un vai facendo teñen unha fecundidade compensadora.
Fai uns meses pedíronme un artigo pra o número estraordinario de Lar. Fíxeno pensando no teu Fardel. Non sei si o incruiron ou non, porque eiquí aínda non chegou ise número.
Eu saio pasado mañán pra Asturias e dende alí irei a Lugo. Por causas pra mín desconocidas, sinto unha forte necesidade de isolamento total. Vou ver si niste mes de ausencia cúrome dista especie de doenza.
Unha aperta moi forte do teu amigo
Ramón Piñeiro

1953-06-19 Destinatario/a
de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro
Bos Aires
Santiago de Compostela
Orixinal

Epístola de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro en 19/06/1953

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro en 19/06/1953

Buenos Aires, 19 de xuño de 1953
Sr. D. Ramón Piñeiro
Sant-Iago

Meu querido Piñeiro:
Teño recibido as túas derradeiras cartas que por razós alleas ó meu sentimento non poiden contestare coa lixeireza que tivese deseiado, e nesta quero crebar calquer malentendido sobor da nosa correspondencia. Escribinche respondendo á tua enviada por Perfecto López e mandeiche por correio, na oportunidade, o libro Catro poemas galegos, feito con Varela e Bautista. Non recibín nin a separata de que falas na túa, que non coñezo, nin tampouco a túa carta do vran pasado. Máis todo esto, aínda sentindo a súa perda, non ten importanza pra nosa amizade. Escribinlle a Paco falándolle do teu silenzo e logo de terlle escrito arrepentinme, porque supoñe da miña parte unha defianza cara a tí que non tiña dreito a tér. A lonxanía de todol-os amigos e cousas que queremos, afinóu os nosos sentimentos e lévanos a estremalos sen razón. Tedes os que estades ahí que perdoar estes espiñados xeitos nosos, nados de estadeas maxinadas.
Con fonda ledicia veño seguindo os teus traballos que Del Riego xenerosamente remíteme. Teñen eles unha serenidade e forteza que contrasta con noso desamaño, xurdido do desagarimo de Galiza que nos toca viver. Tivésemos querido facer algo máis xusto e cinguido, máis de acordo co povo ó que vai destiñado, máis a distanza estraga todol-os bós propósitos. As nosas precuras, pintando ou escribindo, teñen de manterse dos despoxos das lembranzas e dos alucinamentos xurdidos dunha realidade de mozos, unha realidade que tivemos de deixar cando comenzaba a callar. E unha obra feita a pulos, as vegadas con ár de cridas. Mais xa falaremos desto. Hoxe quero agradecerche as túas liñas que me conmoveron, as referidas a meu libro, feito de corazón coma se dí, e as que se refiren a nosa amizade. Eu quixera loubar mellor do que poido, como o mereces, todo canto tí fas que é moito y (sic) exemprar.
Saúdos a os amigos comús y (sic) tí recibe a forte aperta do teu amigo:
Seoane

1953-04-01 Remitente
de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 01/04/1953

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 01/04/1953

Compostela, 1º de abril do 1953

Meu querido amigo:
O domingo viñeron o del Riego e máis Evelina a pasar dous dias eiquí en Santiago. O Paco aproveitou a ocasión pra me decir que tiña recibido carta tua e que estabas estranado do meu persistente silenzo. Ó mesmo tempo, o bó do Paco reprochábame isa aititude, sobre todo –alegaba il– porque non se corresponde co-a realidade da miña viva estimanza por todo o que tí fas. Tiven que acrararlle ben as cousas pra que se convencese de que non había o máis lixeiro motivo de reproche. Agora quero tamén acrararchas a tí, pois d-ise xeito quedo eu máis tranquío.
Teño que comezar por che decir que eu escribinche a tí en dúas ocasións distintas –a pirmeira, por Perfecto López, a segunda, o vran pasado por correo aéreo– i-endexamáis tiven resposta. Tamén che mandei unha separata do meu ensaio Siñificado metafísico da saudade adicada e non tiven noticia de que a recibises. Sei que o Abraira traguía unha carta tua pra mín, pro isa carta perdeuse no Atlántico e non chegou ás miñas mans. Con todo, eu escribinche no vran pasado unha carta ben espresiva da que tampouco tiven resposta. Tanto ista carta como anteriormente a separata adicada do meu ensaio, mandeichas ás señas da revista Galicia, pois eu non conocía outras. A pirmeira cousa tua que recibín foi Paradojas de la Torre de Marfil, que ma entregou Vázquez da Xesta no mes de Noviembre, e dispois chegoume por correo Fardel de eisilado. Retraseime algo en escribirche porque cando Vázquez me entregou o pirmeiro libro, eu acababa de me casar e poucos dias despois morreu a nai da miña muller, acontecemento que nos obrigou a ausentarnos novamente de Galicia. Entre ambas ausencias, prodúxose un considerabel trastorno na regularidade da miña correspondenza. Cando restablecín a normalidade nas miñas aitividás epistolares, escribinche decontado, ista vez ás señas que veñen manuscritas en Fardel de eisilado. Teño a espranza de que a recibises.
Douche todos istes detalles pra que vexas que pol-a miña parte non houbo reserva ningunha, nin podía habela, pois o certo é que non hai motivo algún pra ter reserva persoal. O único motivo que eu podía ter era talmente o teu silencio, o non recibir resposta tua nunca. Ten presente que o Vázquez entregoume en Noviembre o pirmeiro libro que recibín teu. Con todo, a través do Paco e máis do Maside sempre fun sabendo de tí, non soio de tí persoalmente, senón da tua obra, porque me prestaban os exemprares que iles teñen. E aínda che podo decir que me teño por un dos máis entusiastas propagadores das tuas cousas entre a xente moza, pois heiche de confesar que, pra a miña maneira de ver, a tua obra é unha das poucas cousas que verdadeiramente merecen estima. N-ila refréxase unha visión apasionada de Galicia, unha visión nobremente apasionada, pois sempre é nobre a pasión que nace da sinceridade; unha visión co-a que se podería ou non coincidir si se tratase de valorar ouxetivamente os feitos, mais co-a que non cabe discrepancia algunha en canto que é unha interpretación artística dictada pol-a sinceridade humanísima de un artista de gran corazón. Así é como eu a vexo. E mesmamente por iso é pol-o que penso que debe de ser conocida i-estimada entre nós.
Moito me alegraría de que ista carta servise pra levar ó teu ánimo o convencemento de que a miña aititude non foi nunca reservada, ou seña, non foi estúpida. Tan incomprensibel como lle resultaba ó Paco isa suposta reserva, resultaríame a mín mesmo se tratase de a imaxinar. Ten presente que eu, cando teño motivos de discrepancia ou de discusión con algún amigo, non reparo pouco nin moito en manifestarllo abertamente. Isto xa che indica que non cultivo a “reserva” como forma normal de relación persoal. Tan soio a utilizo no plano político.
Apresureime a escribirche en canto se marcharon Paco e mais Evelina porque quedo máis satisfeito acrarando canto antes iste asunto. Estou seguro de que, dispois de leres ista carta, trocarás de opinión no tocante ó meu comportamento, pois eu estou certo de que foi sempre plena e sinceramente amistoso.
Unha forte aperta do teu decote amigo
Ramón Piñeiro

1953-03-17 Remitente
de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 17/03/1953

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 17/03/1953

Compostela, 17-3-53

Meu querido Seoane:
Fai xa tempo que recibín o teu fermoso libro Fardel de eisilado. Fun demorando o escribirche porque ista tempada estiven verdadeiramente atafegado co-as cousas que tiña retrasadas. Pirmeiro, por causa do casamento –caseime fai uns meses– e logo, pol-a morte case seguida de dous familiares, tiven que me ausentar bastante tempo d-eiquí e tiña moitas cousas atrasadas. Agora xa estou ó día e xa teño lecer para lles escribir ós amigos.
A mín deixárame o Maside o seu exemprar de Fardel de eisilado. Foi a pirmeira leitura. Dispois, cando recibín o que me mandaches a mín, volvín a lelo varias veces. Tamén llo deixei ler a varios amigos, especialmente ós rapaces novos. Atopo níl unha gran forza emotiva, que sin dúbida é a que lle dá ise alento poético que envolve todo o libro. A imaxe representativa do “povoador galego” que se reflexa no poema do Ramón Cernadas é sinxelamente impresionante. Outros, como Building castles in Spain, unen a forza da fatalidade á sinxeleza elemental da espresión, acadando un acerto poético máisimo. Pódesme crer, querido Seoane, que o teu Fardel de eisilado é un dos libros máis orixinais e sinceros que se escribiron na nosa língoa n-istes derradeiros anos. Dígocho de todo corazón, tal como eu o sinto. Tamén me interesou enormemente o teu esforzo idiomático, que será máis apreciado canto máis tempo pase.
Si non mo tomas a mal, quéroche pedir un favor. Nos lotes de libros que o Centro Gallego enviou a varias persoas de por eiquí viña un exemprar da revista Galicia (número estraordinario non sei si do ano 40 ou do 41) no que hai reproducido un grabado en madeira teu que me gustou estraordinariamente e que me gustaría tel-o sempre á vista ¿Poderíasme tí conquerir un exemprar de Galicia e mandarmo? Eu fixen algún sondeo cos que a recibiron no envío dos libros, mais, como é natural, ningún quer desprenderse d-ela.
Por eiquí loitamos con bastantes dificultás técnicas. Con todo, cada dia hai máis azos na xente. Unha nova promoción de rapaces que agora chega tráenos o alento vivo e quente do seu ledo entusiasmo.
O Maside está preparando unha exposición eiquí en Compostela, que será na segunda quincena de abril.
Tomamos café no Español e lembrámoste a ti moitas veces.
Unha aperta moi forte do teu bó amigo
Ramón Piñeiro

1952-01-19 Destinatario/a
de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro
Bos Aires
Santiago de Compostela
Orixinal

Epístola de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro en 19/01/1952

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Luís Seoane, a Ramón Piñeiro en 19/01/1952

Buenos Aires, 19 de xaneiro de 1952

Sr. D.
Ramón Piñeiro
Santiago de Compostela

Querido amigo:
Recibín a túa carta escrita con motivo d-un artigo de Del Riego que che agradezco moito. De tí, coma de todol-os amigos que estades ahí, lémbrome decote. As vegadas falei de tí con un grande amigo teu, de Lugo, que che estima fondamente, Lorenzo Varela, que agora está en Montevideo, un dos máis importantes poetas nosos e cuia laboura é cuasi descoñecida n-esa. De tí e de Fole (de quén non sei ren e ao que adiquei un libro de dibuxos fai anos, Homenaje a la Torre de Hércules que nunca puiden remitirlle por non ter o seu enderezo), falamos Varela i-eu lembrándonos. Pra mín recibir a tua carta despóis de tantos anos de ter novas cuasi perdidas túas, costituíu un contento como non podedes ter idea os que n-esa vivides. Eiquí estamos isolados traballando, coma podemos, facendo máis do que podemos en meio d-este enorme engano. Pol-a nosa parte, temos o orgulo afirmar que soios fixemos tanto por Galiza en doce anos como toda a colectividade xunta n-ese mesmo tempo, aínda que ahí pensedes outras cousas xa que non tedes máis informazón que as nosas corresponsalías en Bos Aires e os viaxeiros, os que poden ir a esa por inócuos que xa é importante que vos visitan cada Dia de Sant-Iago. Máis todo está ben. Non nos abandoamos á propia e xa chegará o dia das aclaracións sen perdón.
Leín o teu mañífico traballo sobre a saudade, xa o tiña lido no númaro 1 de Grial e agradézoche moito o envío da separata. Chamoume atención sobre todo a interpretación galaico-portuguesa de filosofía feita sobre a base do sentimento común da saudade.
Piñeiro agradézoche as tuas verbas d-alento, xa escomeza a facernos falla aos que traballamos lonxe da terra, dos amigos e de todo aquelo qu-estimamos.
Recibe a forte aperta d-este amigo do que podes dispor:
Seoane.

1951-09-22 Remitente
de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 22/09/1951

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 22/09/1951

Santiago de Compostela, 22-9-1951
Sr. D. Luis Seoane
Buenos Aires

Meu querido amigo:
Istes días lin no xornal La Noche un artigo de Lorenzana adicado a tí. Lendo o artigo, sentín ganas de che escribir unhas liñas pra che decir que somos moitos máis dos que tí te imaxinas os que eiquí seguimos con atención e con sinceira ademiración a laboura teimosa, calada i-eficaz que ano tras ano ves realizando en proveito do patrimonio espiritoal galaico. A influencia persoalísima da tua laboura percíbese ben en moitas cousas das que ahí se fan, sobre todo nas que constitúen motivo de orgullo pra nós. Moita xente que non te conoce persoalmente sabe de tí e do que ahí vés facendo. ¡Cantas veces nas miñas pelerinaxes por Galiza tiven que satisfacer a curiosidade dos que me preguntaban por tí! Tamén me preguntaban por outros, craro está, pois eiquí viveuse durante moitos anos cos ollos postos na outra banda do Atlántico. Dígoche todo isto, inda que non veña moito a conto, porque a leitura do artigo de Lorenzana tróuxome ás mentes todas istas lembranzas e sentín un vivo desexo de comunicarchas.
Mándoche tamén un traballiño sobre a saudade que publiquei no nº 1 de Grial. Por eiquí i-en Portugal tivo boa acollida –millor do que eu podía imaxinar– pro en Madri espertou unha reaición violenta n-algún xornal de por aló.
Dispón como gustes e recibe unha forte aperta d-iste teu bó amigo
Ramón Piñeiro

1949-12-17 Remitente
de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane
Vigo
Bos Aires
Orixinal

Epístola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 17/12/1949

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Piñeiro, a Luís Seoane en 17/12/1949

Vigo, 17-12-1949
Sr. D. Luis Seoane
B. Aires

Querido Seoane:
Pol-o noso Del Riego soupen que estiveches unhas horas en Vigo e que falaches con algúns amigos. Tamén me informou do éisito da túa exposición en Londres. Xa te podes supoñer canta é a nosa ledicia, que será máisima cando volvamos a terte entre nós definitivamente.
Aproveito a ocasión que me ofrece ista carta pra te informar de un interesante proieito artístico que te incluie a tí e que agardo mereza a túa axuda. Trátase de isto: En Lugo, tomando por base unha sociedade popular de gran arraigo na cibdade –o Círculo de Artes–, teimase levar a cabo unha gran exposición de toda a pintura galega que representa algo, pra ofrecer unha primeira mostra de conxunto que poña remate a unha polémica que se vén cultivando encol da eisistencia ou ineisistencia de unha pintura galega: Xa te decatas, sin necesidade de que cho diga eu, que non se pretende facer un simple reconto numérico de cadros ou de pintores, que non ten razón de ser, sinón que se pretende axuntar alí unha escolma cualitativa do que a pintura galega leva realizado deica hoxe, procurando, iso sí, que tal escolma sexa completa. Quérese, con ista iniciativa, comenzar unha nova etapa na que se intenten valoracións de conxunto. Pra lle dar á tentativa toda a resonanza que merece, proiéitase coincidir co-ela unha serie de conferencias a cárrego de personalidades galegas de outo renome cultural (Menéndez Pidal, Cotarelo, Sánchez Cantón, Otero Pedrayo, [Salvador] Velayos (o físico) etc., e pra que quede lembranza duradeira da Exposición editarase un libro-catálogo, diñamente presentado, no que se reproduzan os cadros máis representativos de cada autor e se acompañen de estudos críticos de cada un, así como algúns traballos adicados ao tema xéral da “pintura galega”. Os organizadores teñen gran entusiasmo e queren facer as cousas en serio. Pedíronnos axuda a Fole e mais a mín, axuda que nós quixéramos facer eficaz. ¿Quererás tí, querido Luis, axudarnos a Fole e mais a mín a conquerir o novo empeño?
Mira, o problema máis difícil é precisamente o de contar co-a obra dos pintores que estades fora: Colmeiro, Souto, M. Mallo (que é luguesa) e tí mesmo. Do Colmeiro hai algúns cadros antigos que podemos contar co-iles, e dín que recentemente pintou tres eiquí; de Souto tamén hai algúns cadros –poucos– da sua primeira época; de Maruxa Mallo e teus non sabemos de ningún. ¿Como se podería resolver ista dificultade? O criterio dos organizadores, que non responde a inspiracións oficiaes de ningunha crás, é de conquerir que a vosa obra esteña representada axeitadamente. Nós quixéramos conocer as túas suxerencias quixéramos que recolleras, de parte nosa, as de Maruxa Mallo e de Souto, pois non temos comunicación co-iles. Ao Colmeiro xa lle escribimos direitamente a París. Como o plan é de que a exposición se celebre na primaveira que ven, conviña que nos escribises canto antes.
Xa sei que ves a L. Varela. Como é un vello amigo meu, mándoche unha liñas pra íl.
Da xente de por ahí imos tendo novas de vez en cando. Sempre vén algún viaxeiro que nos informa de unhos e de outros. Por eiquí está a producirse un rexurdimento cultural moi alentador, pois amostra unha vitalidade que máis tarde, estou seguro, ha de estenderse a outros campos da aitividade humán.
Está visto que somos inmorrentes, ¿non cho parece?
Moitos saúdos a tódol-os amigos e unha aperta moi forte pra tí do teu amigo
Ramón Piñeiro

Señas:
San Roque 48, 2º
Lugo