Proxecto Epístola

----

Emilio Pita (1910-1981)

Político. Con doce anos emigrou a Bos Aires, regresando a Galicia cando se proclamou a II República, onde viviu durante os anos 1933 e 1934. Logo marchou de novo e non volveu a visitar a terra natal.
Epístolas
10 Remitente [10]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1959-08-04 Remitente
de Emilio Pita, a Lois Tobío Fernández
Bos Aires
Montevideo
Orixinal

Epístola de Emilio Pita, a Lois Tobío Fernández en 04/08/1959

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Emilio Pita, a Lois Tobío Fernández en 04/08/1959

4-8-1959.
Sr. Luís Tobío.
Montevideo
----------------
Benquerido Tobío:
O común amigo Meilán, fíxome chegar as túas follas orixinás do fermoso traballo que adicaches ao meu pequeno e derradeiro libro.
Lido agora de xeito sosegado, atopo ainda mais beleza nos teus xuicios tan xenerosos e ademais, de qué maneira tan perspicas acadaches o meu íntimo pensamento.- O amigo Seoane pideume unha copia para o arquivo da Editorial Citania, e tamén queren pubricalo en "Opinión Gallega".- Como as túas follas están sin firmar, eu quero denantes pedir a túa autorización para que se pubrique coa túa firma si non tés nelo reparos que faguer.
Prégoche entón unha resposta, e reiterando a miña gratitude, envíoche a aperta forte de sempre,
Pita [sinatura autógrafa]
Saúdos a María del Carmen e aos pequenos.

1962-06-13 Remitente
de Emilio Pita, a Lois Tobío Fernández
Bos Aires
Montevideo
Orixinal

Epístola de Emilio Pita, a Lois Tobío Fernández en 13/06/1962

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Emilio Pita, a Lois Tobío Fernández en 13/06/1962

Buenos Aires, 13-6-1962.

Sr. Luís Tobío.
Montevideo

Benquerido Tobío:
Chegou as miñas mans a túa carta tan cordial do día 7, aledándome moito que atoparas axeitado o meu traballo, inda que ben sei que nas túas verbas hai decote exceso de loubanzas para mín.
Podes, dende logo, introducir no traballo as modificaciós de forma e ordeación que atopes necesarias; todo canto tí fagas tén á miña aprobación.
Logo do que xa vín da Historia, estou convencido de que fará "historia" na laboura cultural galega, e neste caso, fora de Galicia.- Por eso que a Terra, e todos nós, débenche fonda gratitude, pola tarefa que botaches enriba de tí.
Teño que voltar por Montevideo, cecais a fíns da semán prósima; agardo poder realizar á viaxe un día de labor para poder verte.
Mentres tanto, e con saúdos garimosos para os teus, recibe unha forte aperta do teu agradecido irmán
Pita [sinatura autógrafa]

1962-05-08 Remitente
de Emilio Pita, a Lois Tobío Fernández
Montevideo
Montevideo
Orixinal

Epístola de Emilio Pita, a Lois Tobío Fernández en 08/05/1962

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Emilio Pita, a Lois Tobío Fernández en 08/05/1962

8-5-1962.

Estimado Luís:
Esta noite, as 7, cando estaba eiquí traballando, recibín un chamado de Bós Aires, da oficina, para que viaxe enseguida, de xeito que mañán tomarei o primeiro avión da mañán.
Déixoche, as primeiras follas do traballo, para que veas si vai bén; a continuación seguirei coa descripción dos instrumentos –a zanfona, a gaita, etc. e logo unha referencia a cada unha das cántigas populares.
Déixoche tamén o "Cancioneiro Musical de Galicia" xunto con dúas follas onde fago unha lista das canciós que se poden transcribir*, co o número da páxina e o número da canción, agardando que esté todo craro.-
En Bós Aires tratarei de finar axiña ó traballo, si a Providencia me axuda.
Unha forte aperta de,
Pita [sinatura autógrafa]
Prégoche, inda que o considero innecesario, cuidarme o Cancioneiro, para entregarmo nun prósimo viaxe. Gracias.
Pita [sinatura autógrafa]

[Nota manuscrita]: * Xuntamente coas que te deixo, xa transcriptas.

1962-04-17 Remitente
de Emilio Pita, a Lois Tobío Fernández
Bos Aires
Montevideo
Orixinal

Epístola de Emilio Pita, a Lois Tobío Fernández en 17/04/1962

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Emilio Pita, a Lois Tobío Fernández en 17/04/1962

B. Aires 17-4-1862

Sr. Luís Tobío Fernández
Montevideo

Estimado Luís:
Escríboche istas liñas para comunicarche que a fíns da semán vindeira, esto é, ó redor do 28 de Abril, viaxarei a Montevideo, e entregareiche persoalmente ó traballo encol da música, e tí verás si sirve. Levarei tamén as transcripciós musicaes.
Deica entón, unha forte aperta de
Pita [sinatura autógrafa]

1962-04-06 Remitente
de Emilio Pita, a Lois Tobío Fernández
Bos Aires
Montevideo
Orixinal

Epístola de Emilio Pita, a Lois Tobío Fernández en 06/04/1962

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Emilio Pita, a Lois Tobío Fernández en 06/04/1962

6 de Abril de 1962.

Sr. Luís Tobío
Montevideo

Benquerido Tobío:
Dúas liñas para informarche que este fín de semán agardo termiñar o traballo e mandarcho axiña; estou sacando tamén copia dos exempros musicaes que engadirei a algunha ilustración que xa teño arredada e que espero sirvan.
Perdóame a demora; pero con todos estos líos de eiquí, me teñen –no traballo da oficiña– dun lado para outro (tiven que viaxar a Rosario de Santa Fé e Necochea) e polo tanto sin tempo para nada.
Unha forte aperta de,
Pita [sinatura autógrafa]
Saúdos a túa familia.

1962-02-13 Remitente
de Emilio Pita, a Lois Tobío Fernández
Bos Aires
Montevideo
Orixinal

Epístola de Emilio Pita, a Lois Tobío Fernández en 13/02/1962

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Emilio Pita, a Lois Tobío Fernández en 13/02/1962

13-2-1962.

Benquerido Tobío:
Recibín a túa carta cordial que paso a respostar.
Un sin fín de problemas de traballo e familiares (a morte dun parente, un ataque de parálisis dunha cuñada) me teñen sin vagar para dar remate ao traballo encol da música popular galea, tendo en conta a responsabilidade do mesmo dado o seu destiño.-
No prósimo mes de Marzo, decidín tomarme unhas vacaciós (fai xa anos que non disfroto delas) e aproveitar ese descanso para dar cumprimento a tan difícil compromiso.- Si é posibel que podas agardar para entón agradeceríacho moito.-
A miña xente agradez e retribuie os teus garimosos saúdos aos que engado a miña aperta forte de sempre,
Pita [sinatura autógrafa]

[Nota manuscrita, a lapis, abaixo do texto, escrita seguramente por Lois Tobío]:
Contest. 22-II-62

1962-00-00 Remitente
de Emilio Pita, a Lois Tobío Fernández
Montevideo
Montevideo
Orixinal

Epístola de Emilio Pita, a Lois Tobío Fernández en 00/00/1962

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Emilio Pita, a Lois Tobío Fernández en 00/00/1962

Querido Tobío:
Eiquí deixoche isto, para que poidas engadilo as follas que xa che deixei.
Agardo que sirva.
Agradézoche moito todalas túas atenciós, e perdóame a demora, pero todo foi por cousas alleas a miña millor vontade.
Voltarei por Montevideo dentro duns 15 días. Non puden comunicarme contigo por teléfono.
Deica axiña e outra vez moitas gracias.
Unha aperta de
Pita [sinatura autógrafa]
––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––
Gárdame ben o Cancioneiro. Gracias
Pita [sinatura autógrafa]

1961-10-02 Remitente
de Emilio Pita, a Lois Tobío Fernández
Bos Aires
Montevideo
Orixinal

Epístola de Emilio Pita, a Lois Tobío Fernández en 02/10/1961

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Emilio Pita, a Lois Tobío Fernández en 02/10/1961

Buenos Aires, 2 de Octubre de 1961.

Sr. Luís Tobío.
Montevideo

Benquerido Tobío:
Os amigos Prada e Puente, déronme traslado dos teus desexos de que eu podería redactar un pequeno traballo encol da música popular galega, para engadir á Historia de Galicia que, gracias ao teu grandeiro esforzo, sairá axiña.-
Como comprenderás á noticia non deixou de encherme de satisfacción; e acarón desa satisfacción a dúbida de si as miñas cativas condiciós son de abondo capaces, para figurar xunto as outas persoalidades que tratan os principales temas de dita Historia.- Creo sinceiramente, que hai na Terra, e fora dela, quen pode faguer ese traballo moito millor que eu; por eso creo que nesta oportunidade pesou á túa amical estimanza hacia miña persoa, tantas veces posta de manifesto e que agradezo en todo canto val.- Agora ben, si tí crées que á miña colaboración pode servir de algo, non terei mais remedio que acatar a túa decisión.-
Si a túa resolución é definitiva, ainda que os amigos Puente e Prada, déronme a lér unha nota túa onde eispresas o que estimas comenente debe ser dito traballo, breve e conciso, a mín gostaríame indicaras cantas follas escritas a máquina, doble espacio (tipo carta ou oficio) consideras debe tér o mesmo, e tamén si é interesante engadir algunha bibliografía.-
Prégoche as túas noticias, sin reservas, e con cordiales lembranzas para María del Carmen e fillos, de todos nós, recibe a aperta forte e cordial de sempre,

Emilio Pita [sinatura autógrafa]

1941-06-21 Remitente
de Emilio Pita, a Lois Tobío Fernández
Rosario
Montevideo
Orixinal

Epístola de Emilio Pita, a Lois Tobío Fernández en 21/06/1941

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Emilio Pita, a Lois Tobío Fernández en 21/06/1941

ROSARIO, 21-6-1941.

Sr. Luís Tobío
Montevideo
---------------

Meu querido amigo e irmán:
Recibín a túa carta, e ainda que pesa encol de mín un trafego extraordinario, non poido menos que compracer ao bó amigo e irmán e tamén aos demais amigos que teño n-esa Casa de Galicia.-
Acompaño estos versiños inéditos por si sirven pra publical-os.- Forman parte do meu "JACOBUSLAND" que creo editará axiña o Cuadrado.- Si prefires outra cousa en prosa, millor que este poema, m-escribes e mándocha.- N-estos tempos estou metido nos papeles encol da nosa música e dos nosos romáticos; si encol d'estos temas atopas algo millor axeitado qu-estos versos non tés mais que ordear.-
Unha aperta forte ao Fernández Veiga: sempre sigue lucazán pra escribir; débeme carta.-
Pra tí e a túa dona, unha cordial lembranza de,

Emilio Pita [sinatura autógrafa]
¡Terra a Nosa!

1959-07-27 Remitente
de Emilio Pita, a Lois Tobío Fernández
Bos Aires
Montevideo
Orixinal

Epístola de Emilio Pita, a Lois Tobío Fernández en 27/07/1959

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Emilio Pita, a Lois Tobío Fernández en 27/07/1959

Bs. As. 27-7-1959.
Sr. Luís Tobío
Montevideo.

Querido Luís:
Recibín a túa carta tan amical do día 22, e agradézoche moito as túas verbas tan agarimosas.
Onte domingo, ainda que con algunha dificultade, escoitei a nosa audición adicada ao Día de Galicia; penso que as túas verbas encol do meu derradeiro fillo lírico sairán ao ár o domingo 2 de Agosto e apréstome a escoitalas con emoción e devoción.- Gracias, moitas gracias dende agora.-
O emu fillo está vivindo en Montevideo, pero non traballa na oficiña ahí, pois a laboura nosa non necesita mais empregados. Está faguendo algúns traballos secundarios, na agarda de entrar no Banco de Galicia, onde o amigo Canabal prometeu ubicalo na primeira oportunidade que se presente.-
Xa voltarei a envíarche as miñas verbas cando escoite as túas.-
Estos días témos a presencia física e espritoal de Don Ramón que é como tér a Terra con nós.
Lembranzas manseliñas a María del Carmen e aos fillos de Maruxa e de todos nós.- Para tí a aperta forte de sempre de,

Pita [sinatura autógrafa]