epistolarios

----

Ramón Rodríguez Correa (1835-1894)

Escritor, xornalista e político de orixe cubana, frecuentou os círculos de sociabilidade da etapa madrileña de Manuel Murguía e Rosalía de Castro, canda a autores como Gustavo Adolfo Bécquer, Julio Nombela ou o catalán Roberto Robert. Rodríguez Correa exerceu como redactor do xornal La Discusión, onde tamén colaboraba Robert (destinatario explícito do rosaliano “Conto de Vidal” dos Cantares gallegos) e onde se publicaría unha breve recensión de A mi madre. Foi asemade fundador de Las Noticias, e é coñecido sobre todo como benefactor de Bécquer, de quen foi o seu primeiro prologuista e editor. Lucía García Vega relaciona a residencia do escritor (no número 7 da madrileña rúa Claudio Coello) coa estadía de Rosalía de Castro e Murguía, xunto coas súas fillas Alejandra e Aura, no número 13 da mesma rúa.

Referencias:

Afonso Fernández, Adalberto (2011). “El cubano amigo de Bécquer: Ramón Rodríguez Correa”. Mis investigaciones y algo más, vol. 2. Palibrio: Bloomington, pp. 469-512.
García Vega, Lucía (2013). “Caminos de hierro y sal: un viaje por las ciudades de Rosalía de Castro entre 1859 y 1863”. Ángulo Recto. Revista de estudios sobre la ciudad como espacio plural 5, 1, pp. 197-216.
Ménguez, Felipe (2010). “La propiedad literaria de las obras de Gustavo Adolfo Bécquer”. Revista de Literatura, LXXII, 143 (xan.-xull.), pp. 119-136.
Epístolas
0
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]