Proxecto Epístola

----

Ramón Segade (-1887)

Amigo e correspondente do casal Murguía-Castro. Historiador, bibliógrafo e escritor en lingua galega e castelá. Autor da obra Tres cuentos (1884) e un dos primeiros reseñadores da novela Los pazos de Ulloa de Emilia Pardo Bazán, publicou en cabeceiras como Galicia: revista regional, Revista gallega ou Galicia: revista universal de este reino. En carta datada o 6 de xullo de 1864, Segade pídelle a Rosalía de Castro que lle envíe unha obra de Proudhon, referencia que permite documentar as lecturas da autora naquela altura. Tentou mediar, sen éxito, coa Deputación da Coruña para que Manuel Murguía obtivese financiamento para os seus traballos historiográficos. Malia as súas diferenzas políticas (as ideas de Segade Campoamor eran conservadoras), o autor profesaba grande admiración pola parella e colaborou activamente co home de Rosalía de Castro na obra Diccionario de escritores gallegos. Foi membro fundador da Sociedad del Folk-Lore Gallego, presidida por Emilia Pardo Bazán (1883). Recentemente, nun exemplar de Cantares gallegos que con case total certeza foi da súa propiedade apareceron unha carta autógrafa de Fernán Caballero e unha fotografía descoñecida da escritora.

Referencia web

Angueira, Anxo (2013). Unha primeira edición de Cantares gallegos con fotografía, autógrafo e carta de Rosalía. Padrón: Fundación e Casa Museo Rosalía de Castro. link (consulta 3-2-14)

Epístolas
0
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]