Proxecto Epístola

----

Ramón de Valenzuela (1914-1980)

Político e escritor representante da narrativa galega no exilio trala Guerra Civil Española. É autor de dúas novelas: Non agardei por ninguén (1957) e Era tempo de apandar (1980).
Epístolas
7 Remitente [7]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1965-05-28 Remitente
de Ramón de Valenzuela, a Lois Tobío Fernández
Bos Aires
Madrid
Orixinal

Epístola de Ramón de Valenzuela, a Lois Tobío Fernández en 28/05/1965

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón de Valenzuela, a Lois Tobío Fernández en 28/05/1965

Buenos Aires 28-5-65

Querido Tobío:
Eu saio o día 12 do mes que ven no "Monte Udala" que chegará a Vigo arredor das festas de San Pedro (coido que son o 28 de xunio). O barco é de Aznar e o seu axente é Fernando Conde y Cia. Plaza de Compostela 1. Alí saberán se hai atraso ou adianto.
Fixen a xestión que me encomendaches no Centro Galego e xa diron orde a Paco Del Riego que che entregase os cartos.
Este primeiro viaxe de esproración fágoo soio. Mariví fica eiquí atendendo as cousas comerciaes.
Levo unha chea de cousas pra facer no que toca a literatura, xestións económicas miñas e da familia, e como non teño mais que tres meses entre permañencia e viaxe, hei axustar ben as labouras. En Madrí, precisamente, está pendente o asunto de responsabilidades políticas do meu sogro e, con el a entrega de unha cantidade de pesetas que os tíos de Mariví teñen retidas. Confío en que me poidas ourentar.
Vou parar na casa de meu irmán José Manuel. Augusto G. Besada 6. Pontevedra. Podes escribirme alí.
Unha forte aperta pra todos vós
[Ramón Valenzuela, sinatura autógrafa]

[nota manuscrita:] En Madrí estarei na casa da miña irmá Rafael Calvo 11

1961-03-23 Remitente
de Mariví Villaverde,de Ramón de Valenzuela, a Mª del Carmen Soler, a Lois Tobío Fernández
Bos Aires
Montevideo
Orixinal

Epístola de Mariví Villaverde,de Ramón de Valenzuela, a Mª del Carmen Soler, a Lois Tobío Fernández en 23/03/1961

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Mariví Villaverde,de Ramón de Valenzuela, a Mª del Carmen Soler, a Lois Tobío Fernández en 23/03/1961

Castelar - 23 - Marzal 1961

Querido Tobio:
Somentes duas liñas pra vos decir que Marivi e mais eu viaxaremos ahí o mércores 29. Imos no vapor das 8 da mañan a Colonia. Pensamos volver o Domingo de tarde ou luns de mañan.
Decidenos se queredes que vos levemos algunha cousa de eiqui.
Este noso viaxe foi un pouco de arroutada, disposto dun intre pra outro sin outro quefacer mais que vervos a todolos amigos.
Deica o 29 apertas
R. [sinatura autógrafa]

[nota manuscrita de Mariví Villaverde, dirixida a Mª del Carmen Soler, a súa dona]:
Querida María del Carmen: Me siento muy ilusionada pensando en que pronto voy a veros. Dile a Constanza que le contaré nuestras experiencias teatrales.
Abrazos y hasta pronto

Mariví [sinatura autógrafa]

1960-12-18 Remitente
de Mariví Villaverde,de Ramón de Valenzuela, a Mª del Carmen Soler
Bos Aires
Montevideo
Orixinal

Epístola de Mariví Villaverde,de Ramón de Valenzuela, a Mª del Carmen Soler en 18/12/1960

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Mariví Villaverde,de Ramón de Valenzuela, a Mª del Carmen Soler en 18/12/1960

Castelar 18 de Diciembre de 1960

Querida María del Carmen: Acabamos de leer en "Opinión Galega" que Luis hablará en el aniversario de Castelao. Me imagino que tu y los chicos vendreis con él, por eso van estas lineas para deciros que contamos con tenerlos a ellos aquí, y no digo a los cuatro, porque para vosotros ya no resultaría cómodo.
Nuestros hijos están ya entusiasmados con esa idea y Ramón y yo gozosos de veros a todos nuevamente.
Como ya estan próximas las fiestas, no quiero dejar de desearos alegría y felicidad. Para nosotros este año serán penosas, pues acaba de fallecer en Galicia el padre de Ramón y nos ha afectado mucho la noticia, a pesar de que la esperabamos.
Cariños para todos y un abrazo para ti de

Mariví [sinatura autógrafa]

[nota manuscrita con outra letra, a de Ramón de Valenzuela]:
Agardamos con moita ilusión a vosa chegada.
[Ramón Valenzuela: sinatura autógrafa]

Avisarnos con tiempo del dia y hora de vuestra llegada

1958-04-15 Remitente
de Ramón de Valenzuela, a Lois Tobío Fernández
Bos Aires
Montevideo
Orixinal

Epístola de Ramón de Valenzuela, a Lois Tobío Fernández en 15/04/1958

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón de Valenzuela, a Lois Tobío Fernández en 15/04/1958

Ramón de Valenzuela Otero
LICENCIADO EN FILOSOFÍA Y LETRAS
MONTES DE OCA 2166
CASTELAR (F.C.N.D.F.S.)

15 de Abril de 1958

Querido Tobío:
O outro día cheguei ao hotel cando acababa de sair Prada e Neira Vilas que me estiveran agardando. Como tiña ideia de que o avión saía as 7,40 non se me ocurreu seguir deica o aerodromo.
Debeuse a miña tardanza a que se demorou un tren local que tomei engañadamente.
Os do Pontevedrés dixéronme que non se atreveron a tratar contigo o asunto dos pasaxes, pois parecíalles incorreito o falar contigo de cartos. Pedíronme que eu che escribira pra que me mandaras a conta e me dixeras en onde che situarían o importe.
Mañán pola mañán entregarán en Morón a pelota de Rugby de Miguel que axiña lle enviaremos.
Toda a xente está entusiasmada coa tua visita e a conferencia é gabada por cantos asistiron ao aito. Non demores o seu envío cando a teñas correxida.
Apertas de todos nós pra todos vós

[Ramón Valenzuela] [sinatura autógrafa]

1958-03-26 Remitente
de Ramón de Valenzuela, a Lois Tobío Fernández
Bos Aires
Montevideo
Orixinal

Epístola de Ramón de Valenzuela, a Lois Tobío Fernández en 26/03/1958

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón de Valenzuela, a Lois Tobío Fernández en 26/03/1958

Ramón de Valenzuela Otero
LICENCIADO EN FILOSOFÍA Y LETRAS
MONTES DE OCA 2166
CASTELAR (F.C.N.D.F.S.)

26 de Marzal de 1958

Sr. D. Lois Tobío
26 de Marzo 1089
MONTEVIDEO

Querido Tobío:
Está todo arranxado pra cando veñades. Pararedes no Hotel Argentino que está en Carlos Pellegrini e Rivadavia e a estadía vosa e dos nenos correrá por conta do Centro Pontevedrés, cousa da que eles fixeron custión pechada apesares de lle eu ler o anaco da tua carta.
Toda a coleitividade está agardando a tua conferencia. Pedíronme os da Comisión que che preguntara a hora de chegada e o medio de locomoción pra vos ir agardar. Eu prégoche que mo digas con tempo.
Envíoche un programa pra que vexa que o día 12 hai un banquete no que sei (de xeito extraoificial) que seredes convidados de honor e, por elo, discurseador obrigado. Eiquí, cando chega calquera persoalidade de fora, tratan de lle quitar todo o zume.
Mariví e mais eu estámos facendo cálculos pra ver de que vos quede algun tempo que pasar na nosa casa pra falarmos tranquíos dunha chea de cousas.
Agardando a tu carta envíoche unha forte aperta
[Ramón Valenzuela] [sinatura autógrafa]

1966-01-22 Remitente
de Ramón de Valenzuela, a Lois Tobío Fernández
Bos Aires
Madrid
Orixinal

Epístola de Ramón de Valenzuela, a Lois Tobío Fernández en 22/01/1966

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón de Valenzuela, a Lois Tobío Fernández en 22/01/1966

RAMÓN DE VALENZUELA OTERO
LICENCIADO EN FILOSOFÍA Y LETRAS
VENEZUELA 452 - 4º - 21
T.E. 30 - 7694
BUENOS AIRES

22 de xaneiro de 1966

Querido Lois:
Desque cheguei estou estudando o programa das oposicións a cátedra de Xeografía e Historia de Institutos.
Mandoumo Alonso Montero e comencei a traballar nel a todo canto podo dar. Nin son compricados nin difíciles, pero son 166 temas que necesariamente compre saber, porque dous dos cinco exercicios son sorte.
As oposición son arredor de xunio, pero non sei xusto cando, cousa que ben me compría pra axeitar o tempo.
Se non aprobo, cousa moi posibel, verei, tamen, de me quedar ahí, a ser factibel traballando nun colexio privado e donde non aproveitando a miña esperiencia de comerciante.
Co que levo estudado, e calculando o tempo que falla, penso que pra xunio tereille dada unha volta a todolos temas, ainda que non sei se na intensidade e, sobor de todo, na direición que se precisaría.
O caso é que, sexa como sexa, non nos parece que teña ningun sentido o prolongar a nosa vida eiquí.
Fernando ficará en Europa perante 5 anos mais, que pode prolongar a 7. José Ramón comenzou un traballo de corredor dunha casa de eleitricidade e toma os estudos de esguello, cousa que poderá facer en calquera sitio a onde vaya ..... e os feitos de Sudamérica "no andan de buena guisa".
As cousas da nosa coleitividade siguen coma sempre. Variación sobre o mesmo tema. Os "petrucios" quitaron un periódico que dirixe un fillo de Perfecto López. Polo de agora ainda non se meteron con ninguén. Siguen todos soñando nos cartos de Puente, pero resulta que tamen Puente soña no mesmo, nos seus cartos e, soño vai, soño ven, pasan a vida soñando. Cando espertan, ven que Puente tamén está esperto porque él, pra soñar con cartos non precisara durmir.
Os do Consello celebran xuntanzas cada tres meses ou denantes se morre algun dos compoñentes. Teñen previsto que farán xuntanza de urxencia en caso de que caia o goberno ainda sen previo aviso. Conqueriron que a Municipalidad de Buenos Aires lles dira un posto na comisión do moimento a Castelao, o cal é de decisiva importancia pra o futuro de Galiza, pois con esa representación o Consello medrou aos ollos do diputado Parraviccini de UCRI, de Belnnicoff de UCRP e mais do concellal Romanini de Udelpa.
E nos, coma decote, pola Federación, facendo o que se pode, que non é moito.
Unha forte aperta pra María del Carmen, Constanza e Miguel e ti recibe outro moi forte

[Ramón Valenzuela] [sinatura autógrafa]

1958-02-27 Remitente
de Ramón de Valenzuela, a Lois Tobío Fernández
Castelar
Montevideo
Orixinal

Epístola de Ramón de Valenzuela, a Lois Tobío Fernández en 27/02/1958

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón de Valenzuela, a Lois Tobío Fernández en 27/02/1958

Ramón de Valenzuela Otero
LICENCIADO EN FILOSOFÍA Y LETRAS
MONTES DE OCA 21
CASTELAR (F.C.N.D.F.S.)
27 de Febreiro de 1958


Sr. D. Lois Tobío
MONTEVIDEO


Querido Tobío:
A Comisión de Cultura do Centro Pontevedrés encarregoume que che escribira pra che pedir unha conferencia no día 11 de Abril que vén, co gallo de celebrar o aniversario da Repúbrica. Como é natural a dita entidade correría cos gastos de viaxe i estadía teus e da tua dona. No caso que aceitaras a invitación convíñalles (mellor dito convíñanos, porque eu tamén son da dita Comisión) que dixeras o tiduo da conferencia pra facer con tempo os programas e a propaganda.
AGUEA estase animando moito pra este ano. Aparte dos cursos e das conferencias que coido serán como sempre, pensamos intensificar as pubricacións. Ademáis, comezando precisamente no Pontevedrés, faremos varias sesións do Teatro Lído que, de certa maneira, compretará a laboura que B. Amor fai co Teatro Popular Galego. Pensamos comezar con "A Fiestra Valdeira", seguir con "A Soldadeira" de Seoane e despois con unha comedia que eu fixen, da que estou noi contento.
CITANIA está encaixando ben na coleitividade e xa está pra sair "Esmorga" de B. Amor e unha comedia de Fole.
Eu estou satisfeito de como vai eiquí o galeguismo e ainda mais porque vexo que van desaparecendo as pequenas xenreiras que tanto mal nos teñen feito.
Mariví está moi contenta de que veñades e xa fai proieitos pra que o pasedes ben.
Unha forte aperta pra ti e saudos a Mª del Carmen de teu irman

[Ramón Valenzuela] [sinatura autógrafa]

[na marxe esquerda, nota a man]: Agradeceríache un exemplar do diario onde sale unha nota encol da miña novela.