Teodosio Vesteiro Torres (1847-1876)Aparece en 0 epistolas
Iniciou a carreira sacerdotal no seminario de Tui onde ocupou, sendo aínda moi novo, unha cátedra de Humanidades e a praza de bibliotecario. Foi, ademais, vicepresidente da Juventud Católica de Tui e director da orquestra da catedral. En 1870 deixou os estudos eclesiásticos e un ano despois trasladouse a Madrid, onde exerceu a ensinanza musical. En 1875 fundou "Galicia Literaria", asociación da que foi secretario e que se disolveu un ano despois coa súa morte.