Proxecto Epístola

----

Alberto Vilanova Rodríguez (1910-1985)

Cursou estudos en Ourense, en Madrid e en Valladolid. Finalizada a Guerra Civil traballou como profesor en colexios privados. Ao cumprirse o primeiro aniversario do centenario do nacemento de Curros Enríquez, o Centro Galego de Bos Aires organizou un concurso no que foi premiado un traballo seu. Como consecuencia destas actividades e invitado polo Centro Orensano para dar unha conferencia. En 1954 trasladouse a Bos Aires de onde non regresou até 1982. Entre 1956-59 ocupou a cátedra de Cultura Galega no Centro Lucense de Bos Aires. Contratado pola Universidade Nacional del Nordeste, rexentou as cátedras de Historia Medieval e Moderna e dirixiu o Instituto de Investigaciones Históricas.
Epístolas
9 Destinatario/a [2]
Remitente [7]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1971-02-03 Destinatario/a
de Luís Seoane, a Alberto Vilanova Rodríguez
Bos Aires
Ourense
Transcrición

Transcripción da epistola de Luís Seoane, a Alberto Vilanova Rodríguez en 03/02/1971


Buenos Aires, 3 de febreiro de 1971

Sr. D.
Alberto Vilanova
Ourense

Meu querido amigo:

Recibín fai días a túa carta que agradézoche moito. Non tiña noticias túas, mais supoñía que andarías por Madride adicado ós teus traballos. Eiquí pasaron moitas cousas. Co gallo de que defendín a Dieste dun ataque na seición Revoldaina de A Nosa Terra, adicáronme no número seguinte tres columnas inxuriándome de tódolos xeitos. Penso que dixeron de min máis cousas que de Mourente e atacaron novamente a Dieste. Tivéronme mal todo iste tempo, pois lembreime de todo canto renunciei pra sere leal a min mesmo e ás miñas ideias, e cal tiña de sere a partir destas colaboraciós, a anónima e a Revoldaina, e o criterio que terán de min a resposta. Xa a verás cando veñas. Supoño que todo vén do Val Capone, como ti lle dis, pois aceptei, con condiciós, integrar, en nome da Xunta Direitiva do Centro, o famoso Instituto de Cultura i él tiña feito toda crase de maniobras pra que eu non aceptase como as fixo pra apartarme da revista. Soio no Centro matina caciquear o que se poida dacordo con dúas ou tres persoas desa. Eu estórbolle. Coma él pasou a sere empregado do Centro, rentado, coma se di eiquí, quedaba en condiciós peores fronte a min, por eso malicio que todo parte del. Xa falaremos con calma desto cando regreses.
Miñones caeu por unha escada i está internado na Sociedade Española de Socorros Mutuos, paresce que a caída afetoulle á columna sen moita importancia, pero ten que gardar repouso. De ahí recibín hoxe a noticia da morte de Fuentes Jorge, na súa casa de Vidán a carón de Santiago.

Esto é todo. Cuco Rei gárdocho eiquí. Recibe o saúdo de Maruja e unha forte aperta do teu amigo:

[Seoane]

1971-01-07 Remitente
de Alberto Vilanova Rodríguez, a Luís Seoane
Ourense
Bos Aires
Transcrición

Transcripción da epistola de Alberto Vilanova Rodríguez, a Luís Seoane en 07/01/1971



Ourense, 7 de xaneiro de 1971

Sr. D. Luis Seoane
Bós Aires

Meu querido amigo:

Fai tempo que pensaba escribirche, mais unha iñorme cantidade de probremas e dificultás que teño ido padecendo, debido principalmente a unha especie de bloqueo económico –pois non é nada fácil recibir xiros de ehí– foron retrasando os meus desexos de comunicarche algunhas impresións.
Estiven máis dun mes en Madride traballando no Arquivo Histórico Nacional, no de algunhas Rs. Academias e na Hemeroteca Municipal, logo fun dez días a Pontevedra, e con moito traballo fun conquerindo bastante documentación. Agora penso dentro dunha semana trasladarme á Cruña e Compostela, verei si me podo chegar a Lugo e Tui, e de inmediato retornar a Madride pra rematar isto rebusco e voar a fins de febreiro pra isa cidade. Os horarios eiquí son incómodos pra labourar, a vida é carísima e, por si fora pouco, estamos padecendo un inverno durísimo, incruso nevou na nosa Terra como fai moitos anos que non o facía. En troques, o outro crima, o que máis nos intresa, é dabondo outimista, pois creo que se aveciñan algúns acontecimentos que polo menos serán máis benignos que os pasados.
Por eiquí saudei a Villamarín, Blanco Amor e a Xosé Suárez, todos iles te relembran con verdadeiro agarimo. Hoxe escrébolle tamén a Núñez Búa.
Por unha nota de Fernández Ferreiro no ABC, sei que saíu O Cuco Rei. Non deixes de mandarme algún exemprar. Tamén sei que o Val-Capone seguie facendo das súas, pois según me din no Centro Gallego, disolveuse a Comisión de Cultura pra entregarlle tudo a un sedicente Institut Argentino de Cultura Gallega que il mangoneará pra seguir facendo as falcatruadas inteleutales a que nos ten acostumbrados. ¡Vállame Deus, que idea terá ise tipo e os demais lampantís que o acompañan do que debe ser unha corporación dise xeito!
Si tes vagar, non deixes de comunicarme algunha novedade. En Madride, atopei a Laxeiro na rúa cando il iba a inaugurar a súa eisposición, quedou en chamarme por teléfono e non o fixo; eu non puden visitala, pois o día seguinte partía pra Ourense. Xa sabrás que outivo o premio de Pontevedra co retrato que lle fixo a Martínez-Monge, sin decir de quen era, simplemente co pé de Retrato.

Ningunha outra cousa se me ocurre contarche. Aproveito iste intre pra desexarche na compaña da túa dona un Aninovo moi felís e froitífero, así como prá nosa benquerida Terra. Unha forte aperta do seu sinxelo e vello amigo.

A. Vilanova

1968-05-30 Remitente
de Alberto Vilanova Rodríguez, a Luís Seoane
Bahía Blanca
Transcrición

Transcripción da epistola de Alberto Vilanova Rodríguez, a Luís Seoane en 30/05/1968



Bahía Blanca, 30-V-1968

Querido amigo Seoane:

Ao chegar eiquí, atópome con ise recorte que me remesaron de Ourense, por il verás o noso veleidoso amigo Eduardo representando ao mourentiano Centro Gallego nise Congreso (?) o que me solprendeu enormemente. Está visto que dos homes que teñen oración en vez de glándulas pouco podemos esperar. A pesares dos burlotes que lle propinou o seu homónimo José, non tivo inconveniente algún en ostentar vaidosamente isa repugnante representación. ¿En que quedamos? Nós, eiquí, loitando iles alí colaborando. Non che digo máis. Os comentarios xa os faremos noutro intre.

Apertas fortes

A. Vilanova

[Anexo.]
[Páxina xornal.]

La I Reunión de la Federación Mundial de Sociedades Gallegas se celebró ayer en nuestra ciudad
Las sesiones de trabajo se realizaron en el aula de cultura de la Caja de Ahorros
A mediodía el Ayuntamiento de Orense ofreció una recepción a los asambleístas
21-4-1968
En la mañana de ayer dieron comienzo las sesiones de trabajo de la Asamblea de la Federación Mundial de Sociedades Gallegas, reunidas en Orense expresamente convocadas por la Oficina de América de La Coruña.
Como hemos dicho en informaciones previas, están representadas en esta Asamblea la casi totalidad de las entidades gallegas de Hispanoamérica más las de Madrid, Barcelona, Valladolid, León. Hay varios observadores de la región y asiste también, como asambleísta, don Eugenio López y López, orensano y actual delegado nacional de Juventudes.
Constitución de la Mesa
A la hora anunciada, el Aula de Cultura de la Caja de Ahorros provincial estaba poblada por la gran cantidad de delegados presentes. Después de unas palabras de bienvenida, que pronunció el escritor y asambleísta, en representación del Centro Gallego de Buenos Aires, y orensano de origen, don Eduardo Blanco Amor, se procedió a la elección de la Mesa que ha de dirigir las discusiones de la Asamblea.
Por aclamación, resultaron elegidos los siguientes señores: Don Eduardo Blanco Amor; el Doctor Torres, delegado de la Casa de Galicia en Montevideo y don Rodrigo Gómez, de la Oficina de América en La Coruña, como secretario.
El ponente, don Manuel García Berenguer, también de la Oficina de América, presentó un proyecto de Reglamento de la Federación Mundial.
Se inició seguidamente la discusión de dicho proyecto, en el que se prevé, entre otras cosas, que cada una de las entidades asociadas conservará su plena autonomía para regir su vida asociativa, pero sin perjuicio de la vinculación con la Federación para casos específicos.
Comienza el estudio del Reglamento
La sesión de la mañana ha sido muy laboriosa. Han sido muchos los delegados que intervinieron y, aunque el proyecto de reglamento es aceptable y posee las cualidades exigibles de claridad, los delegados se entretuvieron largo rato en matizaciones que, según ellos, eran importantes.
La sesión fue suspendida a la una y media de la tarde.
Recepción en el Ayuntamiento
Los asambleístas presididos por la Mesa de la Asamblea se trasladaron al Ayuntamiento, donde la Corporación municipal, presidida por el alcalde, don David Ferrer Garrido, les ofreció una recepción. La escalera estaba cubierta por miembros de la policía municipal con uniforme de gala.
Los asambleístas pasaron al salón de sesiones, donde el alcalde pronunció unas palabras de bienvenida en nombre del pueblo orensano y de la Corporación que preside. Expresó sus deseos de que las sesiones de trabajo de la Asamblea sean todo lo fructíferas que fuere necesario para el logro de los propósitos que les han traído aquí. Y terminó manifestando que los orensanos deseamos de verdad que durante su estancia aquí se encuentren como en su casa.
A estas palabras cordiales de don David Ferrer contestó, en nombre de la Asamblea, don Eduardo Blanco Amor, quien expresó su complacencia por el hecho de que esta Asamblea se esté celebrando precisamente en Orense, “ciudad humilde –dijo– fuera de las encrucijadas donde Galicia se internacionaliza, pero que, sin embargo, es la que mayor número de emigrantes tiene censados. Se trata ahora de censarlos, no con su valor laboral, sino por los valores humanos de afecto y hermandad. Espero –agregó– que al final de estas jornadas la labor desarrollada resulta particularmente importante, no sólo para los emigrantes, sino para las ciudades de las que son oriundos o residentes”.
El señor Blanco Amor terminó agradeciendo al alcalde la afectuosa y cordial acogida que, en nombre de este pueblo, ha dispensado a los asambleístas.
A continuación, todos los asistentes fueron obsequiados con una copa de vino.

Sesión de la tarde
Después del almuerzo, poco más de las cinco de la tarde volvieron a reunirse los asambleístas para continuar el estudio y discusión del proyecto del reglamento de la Federación Mundial. Nuevamente, fuero muchos los que intervinieron en el debate y fueron aprobándose poco a poco los diversos artículos del mismo.
La sesión terminó bien entrada la noche.
La jornada de hoy
Aparte del trabajo que está preparado para las sesiones de hoy, se ha previsto rendir un homenaje al Centro Gallego de Buenos Aires por haber cumplido el pasado año el sesenta aniversario de su fundación, y a la Casa de Galicia de Montevideo, por haber cumplido, asimismo el año pasado el cincuenta aniversario.
Intervendrán los representantes de la Oficina de América en La Coruña y los del Centro Gallego de Buenos Aires y Casa de Galicia de Montevideo.

1965-11-27 Remitente
de Alberto Vilanova Rodríguez, a Luís Seoane
Río Gallegos
Transcrición

Transcripción da epistola de Alberto Vilanova Rodríguez, a Luís Seoane en 27/11/1965


Río Gallegos, 27-XI-1965

Querido amigo:

Ahí che mando o resto do libro que deberá ser engadido ao final. Pensaba mandarcho denantes, mais cheguei eiquí e atopeime cunha cantidade de probremas que me apartaron dooridamente do remate da obra.
A derradeira vez que estiven contigo esquecinme de decirche que a fin de que o libro non apareza tan groso, convén que tódolos párrafos entrecomillados vaian en letra miúda, como se fixo no volume que a Universidade do Plata lle adicou ao Pai Feixóo.
O día 18 parto definitivamente pra Bahía Branca onde espero estar hastra fins do Natal, en que tendrei oportunidade de conversar respeito a esto e outras cousas. Si queres respostarme, xa sabes onde o debes facer (Hotel España, Río Gallegos).

Ren máis. Unha forte aperta de seu sinxelo amigo.

A. Vilanova

1965-08-12 Remitente
de Alberto Vilanova Rodríguez, a Luís Seoane
Bahía Blanca
Transcrición

Transcripción da epistola de Alberto Vilanova Rodríguez, a Luís Seoane en 12/08/1965

Bahía Branca, 12 de agosto de 1965

Amigo Luis:

Ehí che mando o artigo pra revista. Pensaba faguer outro encol do sesquicenteario da morte de Porlier ou do bicenteario da fundación da Academia de Agricultura de Galiza, mais salíanme moi longos, e tendo en conta que o próximo número terá que estar adicado principalmente ás Xornadas Galegas, preferín faguelo curto.
Ademais estou pouco pra istes mesteres, pois tiven unha brutal contrariedade na Universidá, pois nomeáronme Rector do Colexio adscripto de Río Gallegos e teño que trasladarme alí, onde pasarei probabelmente o que resta de ano, co que o meu desexo de entregar o libro no mes de outubre sofre un golpe cáseque mortal, polo que teño que acabalo prescindindo de novas aportacións que estimaba indispensábeles. Xa te podrás maxinar canto me entristurou e desespera iste novo bodrio que me botaron a costas. En fin, gaxes do oficio.
Xa te tendrei ao tanto diste choio malaventurado.

Unha forte aperta do teu invariábel amigo

A. Vilanova

1959-05-08 Remitente
de Alberto Vilanova Rodríguez, a Luís Seoane
Resistencia
Transcrición

Transcripción da epistola de Alberto Vilanova Rodríguez, a Luís Seoane en 08/05/1959



Resistencia a 8 de maio de 1959

Querido amigo Luis:

Fai unhos días que lle anunciei ao amigo Búa que che escrebería ao igoal que a Baltar, mais a direición diste perdina. Pois ben, eiquí estou cangado de atafegos e dun crima moi parescido ao de Bos Aires, en canto aos troques repentiños e bruscos. Xa levo máis dun mes diutando crase nista nova universidade e agora me encarregaron de orgaizare e dirixire o Instituto de Investigación Históricas, pra o cal estou faguendo os nescesarios preparos.
Supoño que xa haberá saído o derradeiro númaro de Galicia emigrante, que coido que, a pesares das iñormes dificultás que atravesa, poderá seguire pubricándose coma deica agora. Cóntame que hai diso, e mándame o derradeiro númaro si saíu, eisí coma os númaros 5, 10 e 27, que me fallan na coleición. Tamén me dirás como van as cousas e si Aguea retomou a súa xeira de labouras anuaes. Que proieutos tedes e coma anda a nosa enigmática coleitividade. Eiquí está o pintor Moreau, que di ser un bon amigo teu, e que está encarregado dunha cras na Escola de Arte, dependente dista Universidade, quere pórche unhas liñas na miña carta.
Eiquí teño moito traballo, pois ademais da cátedra, eisprico Historia Universal Meia e Moderna, e teño a direición do Instituto, estoulle dando os derradeiros retoques ao libro pra dalo ao prelo moi axiña, pois denantes de virme o amigo Mourente prometeume a súa impresión, pois ademais atopei eiquí algúns fondos documentaes na miña rebusca que poden servir pra obra.
Non che molesto máis, probabelmente a fins de maio vos faga unha visita i entón seguiremos falando das nosas cousas, mentras tanto sabes que me tes á túa disposición, e con saúdos á túa distinta dona e a ises fideles amigos, rescibe unha garimosa aperta de teu sinxelo e leial amigo.

M Vilanova

P.D. Estiven esperando por Moreau a ver se escrebía unhas liñas pra ista carta, máis a súa inquedanza nervosa retrasou que cha mande, mais non espero máis, e así vai. Dille ao amigo Dieste que me mande os libros que me prometeu.
Saúdos e abrazos.

1953-04-05 Remitente
de Alberto Vilanova Rodríguez, a Luís Seoane
Ourense
Bos Aires
Transcrición

Transcripción da epistola de Alberto Vilanova Rodríguez, a Luís Seoane en 05/04/1953



Ourense, 5 de abril de 1953

Sr. D. Lois Seoane
Bos Aires

Moi querido amigo:

Resposto á súa afeituosa carta do día 19 do marzal, da que lle agradezo os termos de louvanza que ten pra a miña obriña sobor de Curros, aledándome que a comienda estea en tan boas mans como as súas. A obra, a pesar de todo, non saíu coma eu quixera, pois foi feita contra relox, e no orden literario aquéixase daquilas fallas naturaes dun traballo feito de présa para chegare denantes de vencer o prazo do certame. Tamén houbera querido que escribise o prólogo don Augusto Barcia Trelles, mais vexo que iso habería de atopar con dificultás debido a ter que contar co refrendo dise Centro Galego. Agradecereille me diga cantos exemprares nos enviarán ós autores, eisí como si temos algunha parte do froito da venda.
Rescibín tamén a proposta da Comisión Intersocietaria das Sociedades Patrióticas Galegas pra escribire un traballo con destino ao libro que se lle vai adicare ao noso Castelao, e que figurará á beira doutros debidos á súa pruma e a de Blanco Amor. Nin que decir ten que moi gustoso o farei.
Aprezo no que siñifican as verbas de agarimo que vosté ten pra min e prá miña obra e aitividade. Eu precuro ser tódolo dino que se pode, niste ambiente podrido e noxento que nos tocou vivire, aos que aínda vexetamos nista nosa terra aferrollada. Moito envexo ao que poden en terras eistraordinarias traballar limpamente polo decoro e rexurdimento da nosa Galiza. ¡Canto me gustaría podere estar antre vostedes nise loita xenerosa que desenrolan co ise decoro i exemprar eisilio!

En espera das súas novas, reciba unha forte aperta de seu leial e sinceiro amigo

A. Vilanova

Alberto Vilanova
Lamas Carvajal 18, 2º
Orense

1953-03-19 Destinatario/a
de Luís Seoane, a Alberto Vilanova Rodríguez
Bos Aires
Ourense
Transcrición

Transcripción da epistola de Luís Seoane, a Alberto Vilanova Rodríguez en 19/03/1953


Buenos Aires, 19 de marzo de 1953

Sr. D.
Alberto Vilanova
Orense

Meu benquerido amigo:

Agradezo moito as verbas de alento que me fixo chegar pola súa carta co gallo de ter recibido Fardel de eisilado. Creo ter feito un libro sinceiro, no que intentei concederlle máis importancia á anguria coleitiva que á propia neste intre en que os modelos da máis moza xente galega son aqueles que buscan máis ben eispresar o contrario, e síntome por moi premiado e satisfeito conque os escritores galegos como vostede, que eu estimo fondamente pola súa obra e aititude, tivesen atopado nel algún mérito. Tratei de continuar, coas miñas limitaciós, a liña temática dos precursores que eu supoño moi esquecidos de aqueles que se agachan nun neosaudosismo, cómodo, e que atopan de mal gusto falar do que acontece a carón de un.
Teño leído estes días a súa mañífica biografía de Curros, da que correxín eu as probas e coido a edición, que me pareceu ter de ser por moitos motivos, entre eles pola súa calidade humán, un dos libros fundamentaes feitos nesa e fóra de Galiza nos derradeiros anos, e que sairá do prelo a fines do mes próisimo editado polo Centro Gallego.

Volto a agradecerlle as verbas de agarimo conque recibiu meu Fardel de eisilado e ofrézome a vostede nesta, como fidel amigo e irmán:

[Seoane]

1953-01-30 Remitente
de Alberto Vilanova Rodríguez, a Luís Seoane
Ourense
Bos Aires
Transcrición

Transcripción da epistola de Alberto Vilanova Rodríguez, a Luís Seoane en 30/01/1953



Ourense, 30 de xaneiro de 1953

Sr. D. Lois Seoane
Bos Aires

Meu querido e moi relembrado amigo:

Moito lle agradezo o envío de seu libro Fardel de eisilado, que lin e saborei con eisquisita deleitación.
Prodúxome gran ledicia seu contido, non soio pola importanza literaria, senón pola integridade ideolóxica e polo calor humán que latexa en tódalas súas páxenas. Mañífica a adicatoria e fermoso sobor de todo o poema Dende o Highland Princess e os adicados aos emigrantes. Cando tantos febles de esprito craudican e emporcan en tantas impudizas e vilezas, conforta o ánemo alcontrar persoas que, como vosté, manteñen en pé auténticas arelas no meio de brutaes e corruptoras tempestades.
Moito envexo eu a tódolos que por isas terras teñen ergueito a toda proba seus azos, soio sinto non podere estare antre vostedes pra poñer a miña pedriña na edificación de esa verdadeira Galiza que levantan no eisilio coa forteza de nobres ideiales. Eu soio lles digo que non deben sentir morriña por ista Galiza aferrollada i escrava, eu que son moi pouquiños os que levan unha vida politicamente decente. ¡Levarían unha noxenta deceición se coñeceran coma tantos que lles parescen dende ehí bos e xenerosos, i enfouzaron nista podremia civil que corroe a terra.

Soio me resta felicitarlle moi de corazón pola súa laboura, desexándolle continúe na mesma loita co mesmo carraxe, agradecerlle a súa atención, e recórdalle que eiquí me ten á súa disposición, seu sempre amigo e irmán

Alberto Vilanova