Proxecto Epístola

----

Fernán Caballero (1796-1877)

Escritora costumista e recompiladora de literatura oral, era filla do hispanista Johann Nikolaus Böhl von Faber e da escritora e seguidora de Mary Wollstonecraft, Francisca Larrea. Asinaba co pseudónimo Fernán Caballero e dúas das súas obras, Clemencia (1852) e La Gaviota (1856), aparecen citadas na dedicatoria que abre Cantares gallegos, onde se salienta a súa valía como muller e escritora. Consérvase copia da carta co acuse de recibo dun exemplar de Cantares gallegos, con data do 25 de xaneiro de 1864. Nela felicita a Rosalía de Castro pola súa poesía de fondo sentimento mais tamén lle indica que o libro precisaría un glosario máis detallado, e mostra as súas discrepancias ideolóxicas. A vella escritora non comparte as queixas polo trato que reciben Galicia e os galegos e defende, pola contra, o pintoresquismo. Este comentario explicaría, segundo Anxo Angueira (2013), que Rosalía considere que Fernán Caballero se porte como unha “plebleya”. En 1868 envioulle outros libros seus: A mi madre e El caballero de las botas azules.

Referencia web

Angueira, Anxo (2013). Unha primeira edición de Cantares gallegos con fotografía, autógrafo e carta de Rosalía. Padrón: Fundación e Casa Museo Rosalía de Castro. link (consulta 3-2-14)
Epístolas
0
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]