Proxecto Epístola

----

Salvador Cabeza de León (1864-1934)

Epístolas
5 Remitente [5]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1909-04-04 Remitente
de Salvador Cabeza de León, a Ángel del Castillo López
Santiago de Compostela
A Coruña
Orixinal

Epístola de Salvador Cabeza de León, a Ángel del Castillo López en 04/04/1909

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1909-07-08 Remitente
de Salvador Cabeza de León, a Ángel del Castillo López
Santiago de Compostela
A Coruña
Orixinal

Epístola de Salvador Cabeza de León, a Ángel del Castillo López en 08/07/1909

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1930-12-06 Remitente
de Salvador Cabeza de León, a Valentín Paz-Andrade
Santiago de Compostela
Orixinal

Epístola de Salvador Cabeza de León, a Valentín Paz-Andrade en 06/12/1930

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Salvador Cabeza de León, a Valentín Paz-Andrade en 06/12/1930

Santiago, 6 do Nadal 1930


Sr. D. Valentín Paz Andrade


Meu querido amigo e compañeiro:

Habíamos quedado en que si tiña que actuar antes das vacaciós, me avisaría vosté con duas semáns de anticipación, pra dispoñer as cousas de maneira que poidese cumprir meu compromiso. Pensando que xa este quedaba (según o desexo que lle expresei) hastra despois das vacaciós, dispuxen dos dias da semán entrante de modo que me é imposibre n-ela satisfacer os seus desexos, que son os meus. Rógolle, pois, que si non se apraza miña conferencia pra despois das Páscuas, me avise pra ir en tal caso o xueves, 18 a esa. Pro si ha ser así, dígamo axiña, pois teño un ensamio de cousas que colocar n-esta tempada e convenme moito saber o que detremiñen vostedes.
Xa sabe, supoño, que o Seminario de Estudos Galegos fará n-este curso a sua xuntanza xeneral en Vigo. Serán tres días de laboura nos que tratamos de conseguir veñan algúns socios portugueses a facer seu ingreso no Seminario. Teremos sesiós púbricas po-o xeito das que se celebraron en Pontevedra na derradeira xuntanza de esa crás que celebramos. Temos desexos de dar a coñecer o noso centro n-esa simpática cibdá; e alá iremos.
Non se descoide, si teño que ir o 18, de avisarme axiña. Sempre seu afectisimo e bon amigo e compañeiro


Salvador Cabeza

1930-10-27 Remitente
de Salvador Cabeza de León, a Valentín Paz-Andrade
Santiago de Compostela
Vigo
Orixinal

Epístola de Salvador Cabeza de León, a Valentín Paz-Andrade en 27/10/1930

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Salvador Cabeza de León, a Valentín Paz-Andrade en 27/10/1930

Sant Yago, 27 outono do 1930


Sr. D. Valentín Paz Andrade
Abogado
Vigo


Meu querido amigo e compañeiro:

Recibín o folleto que contén os discursos pronunciados no mitin do Teatro García Barbón. Inda que xa os había leído na prensa diaria, fólgome moito de velos recollidos n-un volume e agradézolle de veras o envío do folleto: os traballos que o forman son de unha enxundia rexa, grandes leiciós de cátedra galeguista, tan outos de pensamento como barudos de lenguaxe. Miña embora, xa que a ocasión se persenta, -pol-a sua intervención destacada e valiosa no acto rifirido.
Non me esquenzo do meu compromiso con vosté: pro déixeme sair do empeño en que estou metido e que comprenda vosté que é de importancia capital. Non sei si sabe que o Ministerio de I.P. autorizou â Universidá (accedendo a unha petición minha) pra que dé aloxamento doado nos seus locales, ô Seminario de E[studos] G[alegos]; e aquí me ten, meu amigo, n-este choio do traslado que é cousa seria e de un traballo e preocupación formidabres.
Xa sabe que é sempre de vosté moi cordial amigo e compañeiro que con toda efusión o sauda,


Salvador Cabeza

1930-07-06 Remitente
de Salvador Cabeza de León, a Valentín Paz-Andrade
Santiago de Compostela
Orixinal

Epístola de Salvador Cabeza de León, a Valentín Paz-Andrade en 06/07/1930

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Salvador Cabeza de León, a Valentín Paz-Andrade en 06/07/1930

Santiago, 6 do mes de Sant Yago de 1930


Sr. D. Valentín Paz Andrade


Meu querido amigo e compañeiro:

Recibo a sua cariñosa invitación pro acto galeguista que se proieita en Vigo. Agora ben: O 25 é un dia en que non m-é posibre sair de Sant Yago. Como sabe vosté ven o Ministro de Gracia e Xusticia a facer a ofrenda; e os que temos cargos de Decanos non podemos sair do pobo sin licencia do de Istrucción Púbrica. En circunstancias ordinarias esto non sería incomente; pro vindo o Señor Ministro, sería cousa improsibre conseguir premiso pra tomar parte n-un acto calquera que o arredase a un da pobración. Ademáis, andan aquí algús elementos coa ideia de que se faga n-ese mesmo dia algún acto en Sant Yago; e anque non sería do mesmo xeito que o que vostedes se propoñen, de todas maneiras ven a engadir un oustáculo máis á miña saida. Síntoo moi de veras, pois tiña desexo de falar de este movimento con todos vostedes os enxebres e ver si antre todos adiviñabamos a causa da frebe galeguista que lles entrou a algús dos que andan n-el e que o diaño leve si se podía sospeitar que tivesen tal entusiasmo po-los nosos ideales.
Non faltará ocasión de que charlemos encol de esto; e hastra destonces e sempre, conte co cordial afecto de seu devoto amigo e compañeiro


Salvador Cabeza