Proxecto Epístola

----

Conde de San Juan (1821-1888)

Estudou dereito na Universidade de Santiago. Conde de San Juan e vizconde de San Vicente, militou no Partido Moderado. Foi deputado sucesivamente polos distritos de Noia (1857), Vilalba (1864), e Mondoñedo (1867), gobernador e presidente da deputación de Pontevedra entre decembro de 1863 e maio de 1864. Durante a Restauración foi senador por Lugo e A Coruña. Rosalía e Murguía parecen confiar na súa boa disposición cos talentos do país para conseguir algunha achega económica da Deputación de Pontevedra. O seu primoxénito Benito Calderón Ozores casou cunha filla de Montero Ríos, Eugenia Montero e Villegas, entrando así dentro da rede de influencias do político compostelán.

Fonte

Barreiro Fernández, Xosé Ramón (2012). Murguía. Vigo: Galaxia.
Epístolas
0
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]