Proxecto Epístola

----

Carlos Casares (1941-2002)

Por Damián Villalaín


Carlos Casares Mouriño naceu en 1941 en Ourense, aínda que pasou boa parte da súa nenez na comarca da Limia. Estudou Filosofía e Letras en Santiago, onde contactou cos círculos galeguistas nucleados en torno a Ramón Piñeiro, con quen establecería unha intensa relación de amizade.
Casares casou en 1971 con Kristina Berg, o que facilitou o seu coñecemento directo de Suecia, o país orixinario da súa dona e que sería decisivo no seu achegamento ás ideas socialdemócratas.

Foi profesor de ensino medio, tarefa que compatibilizou, coa dirección de Editorial Galaxia (1986). Foi deputado no primeiro Parlamento de Galicia nas listas do PSdeG-PSOE. Foi tamén membro da Real Academia Galega, cofundador e primeiro presidente do PEN Clube de Galicia, director da revista Grial e presidente de honra de ACNUR en Galicia, entre outros moitos desempeños.

En 1967 publicou o seu primeiro libro de relatos, Vento ferido, e en 1969 a súa primeira novela, Cambio en tres (1969). De 1975 é Xoguetes para un tempo prohibido (1975). En 1979 volve á narrativa breve con Os escuros soños de Clío, libro ao que seguirán as novelas Ilustrísima (1980) e Os mortos daquel verán (1987), ambientada nos inicios da Guerra Civil. En 1996 apareceu Deus sentado nun sillón azul e xa no ano 2002, ás poucas semanas da súa morte, O sol do verán (2002).

Casares publicou tamén libros destinados ao público infantil. A súa bibliografía complétase cos ensaios reunidos en Un país de palabras e coas biografías dedicadas a Curros Enríquez, Risco, Otero Pedrayo, Ánxel Fole e Ramón Piñeiro. Mención especial merecen os milleiros de de artigos que escribiu, a maior parte deles publicados en La Voz de Galicia.
En 1996 Casares sucedeu a Filgueira Valverde na presidencia do Consello da Cultura Galega, cargo para o que foi reelixido no ano 2000. Nos seus mandatos forneceu ao CCG dun notable e modernizador dinamismo. A principal preocupación da súa presidencia foi a incorporación ao Consello de sectores culturais ata entón escasamente representados, así como o impulso á renovación tecnolóxica da institución.
Epístolas
6 Remitente [6]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1973-09-28 Remitente
de Carlos Casares, a Ramón Piñeiro
Orixinal

Epístola de Carlos Casares, a Ramón Piñeiro en 28/09/1973

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1973-05-21 Remitente
de Carlos Casares, a Ramón Piñeiro
Orixinal

Epístola de Carlos Casares, a Ramón Piñeiro en 21/05/1973

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1972-08-30 Remitente
de Carlos Casares, a Ramón Piñeiro
Orixinal

Epístola de Carlos Casares, a Ramón Piñeiro en 30/08/1972

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1968-04-25 Remitente
de Carlos Casares, a Ramón Piñeiro
Orixinal

Epístola de Carlos Casares, a Ramón Piñeiro en 25/04/1968

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1965-11-18 Remitente
de Carlos Casares, a Ramón Piñeiro
Orixinal

Epístola de Carlos Casares, a Ramón Piñeiro en 18/11/1965

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1963-08-02 Remitente
de Carlos Casares, a Ramón Piñeiro
Orixinal

Epístola de Carlos Casares, a Ramón Piñeiro en 02/08/1963

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.