Proxecto Epístola

----

Teresa Castro Abadía (1804-1862)

Nai de Rosalía de Castro. Naceu no pazo de Arretén en Iria Flavia (Padrón), filla de Xosé de Castro Salgado e María Xosefa Abadía Taboada. Son irmáns de Teresa o primoxénito Xosé Mª de Castro, herdeiro de Arretén; Ramón, finado da década dos trinta; Xosefa, que casa para o pazo de Hermida en Lestrobe, e María, casada con Tomás García-Lugín Armero. Con trinta e dous anos, e solteira, dá a luz a futura escritora nunha casa de Conxo, preto de Santiago de Compostela atendida polo Dr. Varela Montes. En 1842 residía na Rúa do Sol de Padrón coa súa filla, mais logo trasládanse a Santiago, onde aparecen rexistradas en 1850. Ela e a súa irmá María teñen alugadas habitacións no desamortizado convento de San Agustín para participaren os fillos nas actividades do Liceo de la Juventud. Debía ser unha muller de ideas liberais xa que permitiu que a Rosalía se relacionase cos círculos de estudantes máis progresistas de Santiago, e que marchase a Madrid aos dezanove anos. Ao regresar a escritora, xa casada con Murguía, Teresa de Castro sérvelles de apoio e faise cargo da súa neta Alejandra, mentres os pais residen en Vigo e de novo en Madrid. Á súa morte Rosalía dedícalle o libro A mi madre.

Fontes:
Álvarez Ruíz de Ojeda, Victoria (1999). “Sobre as orixes de Rosalía de Castro: a inclusa de Santiago de Compostela e o caso de Josefa Laureana de Castro”. A trabe de ouro n.º 39, pp. 325-351.
--------- (2011). “16 de xullo de 1885, primeira mención do capelán José Martínez como pai de Rosalía”. Revista de Estudios Rosalianos, n.º 4, pp. 205-217.
Bouza-Brey Trillo, Fermín (1955). “La joven Rosalía en Compostela (1852-1856)”. Cuaderno de Estudios Gallegos, n.º 31, pp. 231-257.
Caamaño Bournacell, José (1968). Rosalía de Castro, en el llanto de su estirpe. Madrid, Ediciones Biosca.
Epístolas
0
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]