Proxecto Epístola

----

Peregrina Compañel (1833-1916)

Amiga de Rosalía de Castro, é a irmá menor do impresor de Cantares gallegos, Juan Compañel Rivas. Bautizada como “María de la Peregrina, Martina, Felipa, Antonina”, de pai póstumo, os seus padriños foron Felipe Tilbe e Antonia Ortigosa. Entre os poucos datos biográficos que dela se coñecen, temos noticia de que estivo casada cun home apelidado Neira. Juan e Peregrina eran fillos do matrimonio entre o impresor ferrolán Francisco Luis Compañel e a libreira compostelá Jacoba Rivas, que á morte do home foi quen de sacar adiante a empresa Viuda e Hijos de Compañel. Segundo Xurxo Martínez González, a última obra saída deste obradoiro serían as Monografías de Santiago (1850) do provincialista Antonio Neira de Mosquera (Martínez 108), un dos autores máis influíntes para a xeración do Banquete de Conxo. A propósito da carta na que se fai referencia a Peregrina Compañel, Barreiro Fernández fai notar até que punto estas excursións de Rosalía de Castro e os seus amigos polos arredores de Santiago, que tiñan lugar na ausencia de Murguía, desafiaban todos os convencionalismos sociais da época (Barreiro p. 297).

Fontes

Libro Sacramental. Parroquia de San Juan Apóstol, Libro de bautizados 1817-1838, folio 331 anverso. N.B: As referencias ao bautismo de Peregrina Compañel, e aos datos sobre o seu casamento, son cortesía do investigador Xurxo Martínez González.
Barreiro Fernández, Xosé Ramón (2012). Murguía. Vigo: Galaxia.
Martínez González, Xurxo (2012). “Juan Compañel Rivas (1829-1897). Alén do editor do Rexurdimento”. Grial. Revista galega de cultura, n.º 195, p. 106-117.
Epístolas
0
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]