Manuel Curros Enríquez (1851-1908)
Escritor e xornalista. Pasa por ser, xunto con Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, o gran referente do denominado “Rexurdimento” da literatura galega de finais do século XIX.A súa obra transcende máis alá da súa poesía e céntrase durante gran parte da súa vida no xornalismo. Prestixioso redactor de “El País” e a “Gaceta de Madrid. Despois dun regreso temporal a súa Galicia natal como funcionario de Facenda en Ourense, finalmente viaxaría a Cuba asentándose na súa capital, La Habana, onde funda o semanario “La Tierra Gallega” chegando a traballar tamén en “El Eco de Galicia” así como no “Diario de la Marina”.
Desde Cuba foi fundamental o seu labor en colaboración con Manuel Murguía e outros intelectuais galegos de un e outro lado do Atlántico para promover a constitución da actual Real Academia Galega da Lingua a través da “Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega”, da que foi elixido presidente-fundador.
- Ricardo Carballo Calero con Otero Pedrayo [3]
- Otero Pedrayo con Antonio Fraguas [1]
- Fundación Luís Seoane [17]
- Epistolario entre Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane [2]
- Artigos: Autor/a [1]; Mencionado/a [14];
- Libros: Autoría [1]; Obxecto de estudo [4];
- Hemeroteca: administración [1]; colaboración [12]; dirección literaria [1]; fundación [1]; sinatura de artigos reproducidos [6];
- Outros: Descrición de audio [1]; Documento [2]; Imaxe. Fotografía [12]; Imaxe. Retrato [1]; Imaxe. Roteiro [1]; Referencia bibliográfica [3]; retrato [1]; Vídeo. Remoto. Youtube [1];
0