Xornal francés fundado por Hubert Beuve-Méry a petición do Xeneral Charles de Gaulle. A súa primeira edición é do 19 de novembro de 1944, coincidindo coa liberación de Francia da ocupación nazi. A liña editorial de Le Monde pode calificarse como de centro ou centro-esquerda.