Proxecto epístola

----
Epístolas
1 mencións
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1969-03-02
Carta de Seoane a Palmás. 1969
O Castro [parr. Osedo, conc. Sada]
Bos Aires
Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Seoane a Palmás. 1969 en 02/03/1969


El Castro, 2 de Marzo de 1969

Sr. D. Ricardo Palmás
Buenos Aires

Meu querido Palmás:

Recibín a súa carta de fai pronto un mes, mais recibina á miña volta de Coímbra onde estiven por mor das decoraciós, figurís e caretas de Os vellos non deben de namorarse que interpretarán un fato de estudantes universitarios dirixidos por un direitor catalán, Ricardo Salvat. É unha boa esperencia.
O meu viaxe moi ben. Traballei moito. En colaboración con Díaz Pardo fixemos algunhas novas pezas pra Sargadelos e pola miña parte fixen tres bustos-xarras, Valle Inclán, Unamuno e Castelao, que teñen de sair nesta primeira quincena de marzal, con tempo pra unha eisposición en Valencia de Cerámica. Non coñezo o número de Artiempo de que me fala. Prégolle me garde un exemprar. Paseille a Díaz Pardo os encárregos de Dorita Seco e de vostede, e tamén dos catálogos. Vainos facer, tamén íl ten de ocuparse do envío, da cerámica e grabados pra Montevideo. Xa nos puxemos dacordo en principio, en canto ó envío. En canto a Chan vin o primeiro número. Non me gusta. Mais coido que, goste ou non, vostede debe aceitar a corresponsalía. En canto as aitividades galegas en Buenos Aires sería unha garantía. Ademáis pode millorar e chegar a ser a revista que todos desexamos.
O disco de música medieval galega de N. Y. lévallo Inés, que está istes días no Castro. Nós marcharemos deiquí a mediados ou fin do mes de Abril.

Con un saúdo de Maruxa, reciba unha forte aperta de:

[Seoane]