Proxecto epístola

----
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1978-08-14
Carta de Palmás a Seoane. 1978
Londres
Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Palmás a Seoane. 1978 en 14/08/1978


Londres
14.8.1978

Benquerido Seoane:

Apenas unhas liñas para lle pedir algunhas cousas. Acabo de recibir unha carta de John Purkis –lémbrase del?, estivo na súa casa d-A Coruña e vostede lle fixo un retrato para Figuracións–; pois ben, quere escribir un artigo sobre Vd. con destino a Proteus, que é a revista sobre artes que edita aquí a “Open University”. Pídeme algunha bibliografía en castelán. Eu verei de conseguir algo cando vaia a España o mes vindeiro, mais sería bon se se lle puidera dar algo feito na Arxentina. Sería posíbel?
Por desgracia, eu non teño material aquí, está todo en Bs. As. Tamén sería comenente algunhas transparencias ou fotos de obras suas, para ilustrar o artigo.
Purkis ignora que Vd. estivo aquí no 49, sería bon darlle información sobre isto e a sua relación con Read e Moore. Ten copia da correspondencia que, coido, tivo con eles?
Desculpe que lle pida estas cousas, mais ocúrreseme que é o medio máis direto, en Galicia siguen coa teima de non respostar ás cartas.

Gracias e unha aperta para Vd. e Maruxa.

Ricardo Palmás