PROXECTO EPÍSTOLA

----

TEMÁTICA: As cruces de pedra na Galiza

[libro] Estudo dos cruceiros galegos feito por Castelao.
Epístolas
1
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1984-08-24
Carta de Abraira a Paz Andrade. 1984
Madrid
Vigo
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Abraira a Paz Andrade. 1984 en 24/08/1984

Madrid, 24 agosto 1984

Sr.D. Valentín Paz Andrade
Policarpo Sanz, 22
Vigo

Benquerido irmao e amigo Dtr.Valentín Paz Andrade:

Adxúntolle fotocopia da carta de Dna. Teresa da que lle falei por teléfono. Tamén da que eu lle mandei acusando recibo.
Penso escribirlle novamente á señora Tereixa dende Bs. Aires, con vagar e con tranquilidade. Penso tamén porlle -como se di- os puntos sobor das ies, con detalles e demais do rol que me tocou a min e tamén a cada un dos que andivemos cerca do Guieiro. Xa o terei ao tanto mandándolle a Vde. fotocopia. Se vostede entendese que non debo facelo así indíqueme axiña e procederei como Vde. Aconselle. Neste asol escríbame axiña -hoxe mesmo, agora mesmo- pra eu recibil-a sua carta en Bs. Aires nos primeiros días de setembre que é cando eu lle escribirei á irmá de Castelao.
O de segredario de Castelao, Albacea e demais é cousa do periodismo. Eu nunca presumín de tal cousa. Varias vegadas -en Soutomayor, en Sargadelos e con periodistas- acrarei debidamente que eu non fun nin unha cousa nin outra. Como Vde. sabe o meu rol foi outro, acaso muito máis importante.
O libro de que a señora fala: No ano 50 estando Vde. en Bs. Aires, eu fun a Galicia; levei os tres primeiros exemprares do libro de Cruces. Un pra D. Ramón Otero, outro pra D. Jesús Carro (deste non estou mui seguro se foi pra il ou pra unha especie do Instituto que dirixía un señor amigo de Dn. Jesús) e outro para as irmás de Castelao. Iste das irmáns do Guieiro démonos conta aí que tiña catro ou seis páxinas repetidas, e tamén que faltaban algunhas como consecuencia. Así lle lo fixen saber; coas probas á vista- sobor do mesmo libro- a dona Tereixa e a finada irmá que creo chamábase Josefina. Quedamos alí mesmo que se lles mandaría outro. Pensábase entón en alguén que fose a Galicia. Teño pra min que fora ou Núñez Búa ou Dona Virxinia que o levarían. Penso que un dos dous levoullelo. Pol-o menos así o teño entendido. De todos xeitos o certo é que eu trouxen o exemplar de volta pol-as razós que lle deixo ditas. Pode tamén ser que todos –eu e os demais- nos esquencéramos. ¿que sei eu? ¡pasou tanto tempo! O máis probable é que a señora esqueceuse ou tenno perdido.
Como ve vostede o asunto é grave. O que esta señora di e o que pode deducirse do mesmo raia no canallesco. Estou realmente mui molesto. Craro que todo se debe ao mesmo: fan d-ela o que queren.
Eu nunca pensei que o que eu puidese decir nun mitin ou noutro sitio puidese ter tales derivaciós pondo en movemento tanta insidia e tanta pequenez como -pol-o que vimos- se move arredor deste asunto.
Espero as súas noticias. Interésame de modo importante a súa opinión e o seu consello. Vde. é conocedor das pequeneces que se manexan en casos como iste e saberá proceder como eu espero aconsellándome etc.
Mercedes manda lembranzas pra señora Pilar. Vde. reciba unha forte aperta do seu sempre amigo


Abraira



[Carta manuscrita co membrete:] Residencia Hotel Montesol / Montera, 25 y 27 / Telef. 2317600 / Madrid -14

Buenos Aires, 23 maio 1984



Sra. Teresa Rodríguez Castelao:

Mui respetable Sra.
Onte cando me dispoñía a partir de novo recibín a súa carta do día 20. Permítame señora que lle resposte dende Bs. Aires onde cheguarei nos primeiros días do proximo setembre.
Mentras tanto direille que endexamais afirmei que eu fose nin segredario nin albacea do meu admirado mestre; seu ilustre irmao. É cousa dos xornalistas que eu acrarei varias veces.
Sobor desta e d-outras cousas escribireirlle tan axiña como regrese ao meu domicilio habitual onde me porei ás súas ordes.
Saúdolle mui afectuosamente



Abraira


P.D. O meu domicilio Teodoro García, 3535
1427 Buenos Aires - Argentina