PROXECTO EPÍSTOLA

----

TEMÁTICA: I Certame Literario do Miño

Festival literario galego celebrado en Lugo en 1960 coincidente coas festas locais de San Froilán. Durante a súa celebración outorgábase o Premio de novela López Cuevillas. Na primeira edición recaeu en Xosé María Álvarez Blázquez.
Epístolas
1
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1960-10-08
Carta de Piñeiro a Seoane. 1960
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Piñeiro a Seoane. 1960 en 08/10/1960



Compostela, 8-X-60

Sr. D. Luis Seoane
B. Aires

Meu querido e lembrado amigo:

Recibín a tua carta e con ela a fonda alegría de saber que o voso recente paso pola nosa terra deixou en vós un calco perdurábel de impresións gratas. Pódovos asegurar, porque é certo, que o voso itinerario por Galicia deixou un ronsel de cordial simpatía en todos, tanto nos vellos amigos coma nos conocidos de novas. Polo que a Isabel e mais a min se refire, estade seguros de que non poidemos esquecer os brevísimos días que pasamos xuntos.
Nistes días celebrouse en Lugo o 1º Festival do Miño, un de cuios números foi un certamen literario galaico-portugués. Pra o Premio López Cuevillas, de teatro galego, presentáronse nada menos que dez obras. Premiaron ó Cunqueiro e déronlles accesit a Franco Grande, Cortezón e máis Manuel María.
Mañán elixirán presidente da Real Academia Gallega a Sebastián Martínez Risco.
Saúdos nosos a Maruxa. Pra tí, unha aperta moi forte do teu amigo certo

Ramón