PROXECTO EPÍSTOLA

----

TEMÁTICA: O segredo do humor

[libro] Ensaio de Celestino Fernández de la Vega publicado por Galaxia en 1963.
Epístolas
1
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1963-01-00
Carta de Piñeiro a Seoane. 1963
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Piñeiro a Seoane. 1963 en 00/01/1963


Compostela, xaneiro de 1963

Querido Luis:

Recibín o teu catálogo. Según teño entendido, vas trasladarte a Suiza. En realidade, eu coidaba que ibas vir pra eiquí, porque eso foi o que me dixo Dieste nunha ocasión. De calquera xeito, estando en Suiza será máis doado que veñas dar unha volta en calquera momento.
Xa verías, coido, a reedición que fixemos de Dos Arquivos do Trasno. A Dieste hai tempo que nono vexo.
Temos na imprenta un denso libro de ensaios de Domingo. Tamén enviamos á Censura un espléndido libro de Celestino F. de la Vega sobre o Humor. E deben de estar a punto de sair un libro de contos de Blanco Amor e máis o primeiro tomo da Historia da Literatura Galega de Carballo Calero. Como ves, vaise traballando.
Que iste novo ano vos traia moitas venturanzas e trunfos en Europa, posto que o pasaredes nela.
Moitos saúdos nosos a Maruxa. Pra tí, unha forte e cordial aperta do teu amigo.

Ramón