PROXECTO EPÍSTOLA

----

TEMÁTICA: Escuela Española de Middlebury College

Middlebury College é un colexio privado situado en Middlebury, Vermont, (USA). Fundado no ano 1800, está entre os máis antigos de Estados Unidos, e foi o primeiro en otorgar o grado de bachiller a un negro, Alexander Twilight, quen se graduou en 1823. Middlebury College posúe unha importante tradición na ensinanza de lenguas. Durante varios veráns, a partires de 1937, Pedro Salinas deu clase na súa Escala de Verán.
Epístolas
1
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1966-10-01
Carta de Piñeiro a Seoane. 1966
Santiago de Compostela
Nova York
Bos Aires
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Piñeiro a Seoane. 1966 en 01/10/1966



Compostela, 1-X-66


Sr. D. Luis Seoane
Montevideo, 1985, piso 13, dept. 68
Buenos Aires

Benquerido Seoane:

Estuven ausente de Compostela durante tres meses. Acabo de chegar de volta. Entre as cartas que me agardaban, atópomeme con unha tua de presentación de González Lanuza. Sentín ben non cadrar eiquí con il, pois certamente gustaríame conocelo persoalmente.
Eu estuven nos EE.UU. Por rara coincidencia, recibín simultaneamente duas invitacións pra ir alá: unha de Emilio González pra dar un curso sobre Ortega i outro sobre o ensaio español contemporáneo na Escola Española de Middlebury –onde conocín ó profesor Castagnino– e outra invitación da Universidade de Harvard pra tomar parte no vi Coloquio Internacional de Estudos Luso-Brasileiros. O Coloquio foi interesante pola numerosa e calificada concurrencia. Houbo por primeira vez, unha sesión galega. Falouse galego en Harvard.
Tíñanme dito que pensabades vir. Xa vexo que eso ocurrirá a fin de ano. Alegrarémonos moito de vos ver.
Apertas nosas pra os dous

Ramón