PROXECTO EPÍSTOLA

----

TEMÁTICA: Voltar: Seis persoaxes e un fado

[libro] Novela de Xavier Alcalá editada por Galaxia en 1972.
Epístolas
1
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1975-11-05
Carta de Piñeiro a Seoane. 1975
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Piñeiro a Seoane. 1975 en 05/11/1975



Compostela, 5-XI-75

Querido Luis:

Hoxe estivo aquí o Xavier Alcalá e díxome que tanto el como a sua muller –que é unha rapaza angloarxentina– tiñan moito interés en te conocer. O Xavier é un rapaz novo, enxiñeiro de telecomunicación, que agora traballa ahí na Coruña. Naceu na Mancha –seu pai é andaluz e a súa nai castellana– e, polas cousas da guerra, os pais viñeron vivir ao Ferrol. Como se criou en Galicia, considérase galego e, como tal, síntese galeguista. A pesares da súa formación científico-técnica, ten unha fonda vocación literaria, e é un bon escritor galego. Publicou en Galaxia unha novela que se titula Voltar, e ten outras duas escritas. Tamén ten escrito bastante nos xornais. Agora pertence ao Facho, porque desde hai 15 ou 20 dias vive na Coruña.
A muller del, Elena, é filla de inglés e non sei si a nai tamén é inglesa ou arxentina, pro ela naceu en Buenos Aires. Como alá ten ouvido falar moito de ti, ilusiónalle conocerte na Coruña. É moi leitora, sobre todo, de literatura.
Eu deille ao Xavier o teu enderezo porque me dixo que tiña que che pedir uns datos de parte do Siro. Os dous son amigos dalá do Ferrol, onde teñen colaborado xuntos en diversas actividades culturais galegas (conferencias, emisións radiofónicas, etc.).
Como o Xavier Alcalá é un dos nosos escritores xóvenes, quizáis poderías aproveitar para lle faceres un dibuxo.
Apertas nosas para os dous.

Ramón