PROXECTO EPÍSTOLA

----

TEMÁTICA: Natureza viva

[obra plástica] Debuxo de Luís Seoane publicado no libro Soma de craridades en 1977, cunha tirada non venal de 150 exemplares.
Epístolas
1
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1977-06-21
Carta de Piñeiro a Seoane. 1977
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Piñeiro a Seoane. 1977 en 21/06/1977



Compostela, 21-VI-77

Benquerido Luis:

De volta da aventura luguesa, que rematou sin sorpresas, atopeime aquí co fermosísimo caderno Soma de craridades no que a colaboración de Seoane, de Cunqueiro e de Montero Díaz fainos revivir o ambiente entusiasta e creador dos anos trinta. Realmente, este caderno é unha fina xoia bibliofílica e, ao mesmo tempo, un espello máxico que nos fai presente o ambiente xeneroso, entusiasta e cordial dos anos mozos.
Moito che temos que agradecer os amigos a tua inagotable xenerosidade. Cada ano chega ás nosas mans un novo libro, un novo album ou un novo caderno nos que a túa riqueza espiritoal se vai concretando en orixinais creacións artísticas. Admirable cousa é ter o don de crear tesouros e a xenerosidade de os regalar.
Os grabados son magníficos. Dos dibuxos, eu conocía Natureza viva na versión que apareceu en Yunque, inda que esta versión seméllame máis animada. A carta do Montero Díaz é notablemente aguda.
Graciñas, Luis. Apertas nosas para os dous

Ramón