PROXECTO EPÍSTOLA

----

TEMÁTICA: «Las pequeñas variaciones sobre el burlador»

[capítulo] Noveno texto incluído no libro de Domingo García Sabell Testimonio Personal editado en Madrid en 1971.
Epístolas
1
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1972-03-28
Carta de Seoane a García Sabell. 1972
Bos Aires
Santiago de Compostela
Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Seoane a García Sabell. 1972 en 28/03/1972

Buenos Aires, 28 de Marzo de 1972

Sr. D. Domingo García Sabell
Santiago


Meu querido amigo:

Recibín os teus libros A pintura coma comunicación e Testimonio personal, e Maruxa i eu agradecémosche as adicatorias. Non sei si te escribín xa denantes acusando recibo do derradeiro que recibín, penso que sí pois chegóume nun intre de moito traballo. De todolos xeitos quero decirche que Testimonio personal é un libro encantador, cheo, coma todolos teus, de achadegos e suxerencias, escritos enmáis de xeito maxistral. Penso que eres un dos millores escritores galegos do noso tempo. Supoño que xa cho dixeron moitos máis autorizados que eu. En torno a la psicología del financiero ou o primeiro breve ensaio Europa desde Galicia, ou Las pequeñas variaciones sobre el burlador son coma os outros, espléndidos ensaios. Hoxe non quero mais que che manifestar a ledicia que me produce a sua leitura.

Unha grande aperta de Maruxa e miña pra Elena e pra tí:


Seoane.