PROXECTO EPÍSTOLA

----

TEMÁTICA: «Homenaje a Pedro Salinas»

[artigo] Texto de Domingo García Sabell na revista Índice editada en Madrid entre 1964 e 1976 e que era a continuadora da revista I´ndice: Artes y letras.
Epístolas
1
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1972-06-07
Carta de Seoane a García Sabell. 1972
Bos Aires
Santiago de Compostela
Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Seoane a García Sabell. 1972 en 07/06/1972

Buenos Aires, 7 de Xunio de 1972

Sr. D. Domingo García Sabell
Santiago de Compostela


Querido Domingo:

Recibín a tua separata de Homenaje a Aranguren, o libro Las ideologías en la España de Hoy, coa tua ponencia no coloquio do Departamento de Sociología da Universidade Autónoma de Madride, e o númaro de Indice adicado a Salinas co teu “Homenaje a Pedro Salinas”. Agradézoche moito o envío. Agradézocho pola proba de amistade que eles transmiten e porque góstame moito o xeito teu de escribir, a gracia e o rigor xunguidos na tua prosa e a capacidade para facer retratos, como eses que fas en poucas liñas de Aranguren pra probar de entrada o tídoo: “El desdén de Aranguren”. Outra virtude tua é a capacidade de evocar, ela faite mais fondamente galego. É unha capacidade ben galega, ten que ver coa saudade, cas nosas léendas, co noso gosto pola historia, por deixar as cousas no seu posto. Polo desexo de xusticia que nos arruína como arruína sempre ós pleiteantes. Leín con emoción a tua ponencia referida ó noso pensamento de estudantes composteláns de arredor do 30. Unha visión clarísima de aqueles días e moi xusta a diferencia cos mozos estudantes de hoxe. Tes que ampliar este traballo, é moi importante. E logo ese outro homaxe a Salinas a traveso dun prólogo a Fr. Luis de Granada e do Homo Ludens de Huizinga, que é outra evocación que tivese gostado ó mesmo Salinas. Ren mais. Escríbeme.

Recibide Elena e tí unha moi forte aperta de Maruja e miña:


Seoane.