PROXECTO EPÍSTOLA

----

TEMÁTICA: Adoración do carneiro místico

[obra plástica] Tamén coñecido como políptico de Gante, é un retablo ao óleo realizado polos irmáns Hubert e Jan van Eyck para o altar maior da Catedral de San Bavón da cidade de Gante en 1432.
Epístolas
1
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1976-09-02
Carta de García Sabell a Seoane. 1976
Nova York
Santiago de Compostela
Bos Aires
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de García Sabell a Seoane. 1976 en 02/09/1976

DR. DOMINGO GARCÍA-SABELL/DR. TEIJEIRO, 11/TELÉFONO 592116/SANTIAGO


2-IX-1976
Querido Luis:

Non sabes como agradecín as túas verbas, tan xenerosas, tan abertas e tan aleicionadoras. Os amigos, coma tí, axudan a aturar tódalas incomodidades do diario traballo. E as inquedanzas do país. Estamos confusos, inritados, sufrindo inxusticias e malas valoracións. Pro, ¿qué vou eu a contarte a tí que tanto levas apañado pola iñorancia e a mala intención dos demáis?
O que escribiches sobor de Maletvich e Rodchenko é moi bó, e sorprendentemente adiviñador.
Eu aproveitei o mes de Agosto –as miñas vacacións– para dar unha paseata por Bélxica e por Holanda. Os Memling de Bruxas e o Van Eyck de Gante deixáronme estupefacto. O Museo Boymanns-van Beuningen de Rotterdam, que de seguro tí xa conoces, contituie unha mostra sumamente completa do Arte do noso tempo. Matinei moito en tí e na tua obra, en tantos respeitos ben superior a gran parte da que alí se exhibe. E tomei notas que están xa no meu Xornal. En suma, que voltei fortecido, tonificado, e con desexos de traballar. O novo libro de ensaios anda, por ende, a ritmo decente.
Agardo o catálogo da túa nova Mostra. Non deixes de remesalo.
Apertas moi cordiales de Elena e miñas para Maruxa e para tí. E que regresedes axiña. Necesitamos de vós.

Domingo.

[Escrito a man]
Teño carta de Otero Espasandín. Operárono dún cáncer no colon. Está recuperándose. Penso que debías escribirlle.