Fundación Luís Seoane

----

Exposicion de Luís Seoane. Lugo. 1973

[evento cultural] Exposición individual de gravados de Luís Seoane co título “Luis Seoane, grabados madera" celebrada na Librería Alonso de Lugo en 1973.
Epístolas
5
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1973-05-24
Carta de Fole a Seoane. 1973
Nova York
Lugo
Bos Aires
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Fole a Seoane. 1973 en 24/05/1973

El Progreso. Diario de Lugo/ Teléfonos: Dirección-Gerencia-Admón: 212232/Redacción y Talleres: 211055/APARTADO DE CORREOS Nº 5/TELEX: 86509



Lugo, 24 maio 1973

Meu querido amigo:

Estíven o outro día en Guitiriz con Alonso Montero e con Cilistro. Alí fumos sabedores de que tí ibas a inaugurar a túa esposición en Madrid e que por eso non acudiches á xuntanza. O primeiro, prégoche que me mandes un catálogo da túa esposición pra publicalo no periódico.
Vaise inaugurar un novo local na librería Alonso, a máis antiga de Lugo. O propietario pensaba de inaugurala con dibuxos de Miró. Mais decidiron que sería millor con grabados teus. A data diste acontecemento será coincidindo coas festas de San Froilán.
O Domingo que vén sairá no Progreso un capítulo do teu novo libro, que estóu aínda a lér.
A ver si cando me respostes, pódesme decir o enderezo de Maruja Mallo.
O outro día estíven en Santiago e dixéronme que voltarías a Galicia nos primeiros días do mes que ven. Ise mismo día iba en Madrid García Sabell.
Compre que respostes pronto á proposta de esposición dos grabados na librería do meu amigo Alonso.
Unha forte aperta e moitas lembranzas á túa dona.

Ánxel Fole

1973-09-14
Carta de Fole a Seoane. 1973
Lugo
A Coruña
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Fole a Seoane. 1973 en 14/09/1973


Lugo, catorce de setembro do 73

Señor don Luis Seoane. La Coruña

Meu querido amigo:

Souben por unha carta do amigo Piñeiro que habías adiantado o teu viaxe a Bos Aires. Tamén souben que foras homenaxeado na Cruña.
Por sabere o adiantamento do teu viaxe, fun hoxe á librería de Alonso. Habíamos quedado en que se inauguraran as novas estanzas c-unha eisposición de grabados teus, prós días do San Froilán, no cinco do mes de outono.
Mais dixéronme que adiantarían a inauguración de moi grado pró sábado vintedóus de iste mes de setembro. ¿Podrías vir ti cos grabados a Lugo o día vinteún, viernes? Teñen grande intrés en inaugurala cos teus grabados. Ou o mesmo día vintetrés, sábado pol-a mañá.
Mais penso que sería moi procedente a túa presencia o mesmo día da inauguración, sábado, vinte dóus. Prégoche que me respostes á volta de correo, pra dare tempo prá propaganda. Eu pensaba que non te marchabas hastra mediados do mes de outono.
Repito as gracias pol-o tan espléndido regalo do teu cadro, que xa é famoso en Lugo. Todos din que se parece moitísimo ós de Picasso. Boeno. Os meus agarimosos saúdos pra túa dona e unha forte aperta pra tí.
Pronto adicaremos unha Táboa Redonda a pintura galega, na base da Eisposición de Nove Pintores Galegos de fai us anos en Madrid.

Anxel Fole

1973-09-28
Carta de Fole a Seoane. 1973
Lugo
A Coruña
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Fole a Seoane. 1973 en 28/09/1973


Lugo, 28 de setembro de setenta e tres

Señora doña María F. de Seoane. A Cruña.

Miña estimadísima Maruxa:

Quedeime dunha peza cando lin a túa carta. Doíme moito de ise aicidente. Está visto que hai que contar sempre ca chamada “agresión do ausurdo”. Procuraréi, na vindeira semá de vos facer unha visita. Xa me dirás na túa resposta cándo deixades o sanatorio de Santa Teresa.
Hoxe mesmo faléi cos donos da librería Alonso, os irmaos Alonso, e quedaron de vos escribire hoxe mesmo. Mais a propaganda da Eisposición de Luis debédesma de mandare a min, por mor de
facel-o Catálogo.
Pró domingo sairá no Progreso o anuncio da Eisposición, que os mandaréi o mesmo día.
Penso que o día máis de xeito pra inauguración será o día cinco, día de San Froilán. O domingo seguinte, día sete, o chamado “Domingo das mozas” é o día de Festa Maior das Feiras e Festas do bendito San Froilo.
O Cilistro está ainda en Palma de Mallorca. Cando volte, xa escribirá un artigo sobre o acontecemento. Outro tanto fará Juan Soto cando volte de Madrid, un día calisquer d-istes.
Teño a seguridade que Luis se “recuperará” axiña da creba da perna, e folgareime moito de vere andar pol-o seu pe na túa compaña. E supoño qu-os teus hematomas non terán ningúa importancia, o que se di.
A máis longa aperta prá Lois ias miñas mais agraimosas lembranzas pre ti.

Anxel

1973-09-30
Carta de Seoane a Fole. 1973
A Coruña
Lugo
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Seoane a Fole. 1973 en 30/09/1973



A Coruña, 30 de setembro de 1973

Sres.
Anxel Fole y Sr. Alonso
Lugo

Estimados amigos:

Fai catro ou cinco días escribín no nome de Luis, que neste intre síntese imposibilitado de podere escribir, unha carta a Fole onde expricaba os motivos de non poder facer a exposición denantes das festas de San Froilán. Hoxe enviamos unha pequena nota que Luis me foi dictando pra se pubricar no catálogo que fagan, e, endemáis, eses catálogos de exposiciós feitas en Buenos Aires das que poden entresacar algúns párrafos que foron entreliñados por Luis, si lles parece ben. Tamén van entreliñados os Museos donde hai obras suas e endemáis unha lista de libros de dibuxos e álbumes pra engadir no catálogo, pois cavilamos que é convenente pra unha primeira mostra que fai nesa cidade. Os grabados salen pra esa mañán ou pasado, xa con marcos. Pregámoslles, téñanos ó tanto de como chegóu todo e de nos enviar algún dos catálogos que fagan. Mandamos tamén a lista con nomes, e, asimesmo os precios correspondentes.
Sen máis, agarimosos saúdos meus e un forte abrazo de Luis:

Maruja F. de Seoane


Falta a nota para se publicar no catálogo, á que fai referencia.
Nesta mesma carpeta hai outra carta nunha segunda folla adxunta (véxase páxina seguinte) e unha terceira folla cun dibuxo, probablemente o retrato de Anxel Fole (véxase, logo despois a seguir).

Querido amigo: [S/D]

Recibín a tua carta con moito retraso, pois estivemos en Asturias pra nos despedir de miña nai e meus irmáns. Mais eso do retraso non foi o peor, senón que vindo de volta cara a Cruña o 19 diste mes, tivemos un percance no automóvil, derrapamos nunha curva da estrada e paramos da outra beira, o caso foi que Maruxa sofríu algúns hematomas na faciana e uns pequenos cortes nun brazo i eu, con mais mala sorte, rompín a perna dreita perto do xionllo e un oso da moneca do mesmo lado que me imposibilita pra andare.
Sinto moito, pois, non asistir pra inauguración da mostra, pois teño pra, polo menos, trinta longos días mais do que levo. Mandámolos grabados à Librería Alonso cando estén listos os marcos e penso estarán ahí pras festas do San Froilán.
Sin mais unha forte aperta e lembranzas de Maruxa:

1973-11-12
Carta de Fole a Seoane. 1973
Lugo
A Coruña
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Fole a Seoane. 1973 en 12/11/1973







Lugo, doce do mes de Difuntos do ano setenta e tres.

Señor don Luis Seoane. A Cruña.

Meu querido amigo:

Acabo de visitar, por segunda vez, a túa Eisposición de grabados da librería Alonso. Xa tes oito vendidos, catro grandes i-autros tantos pequenos. Alí me dixo a irmá de José María que cecáis viñeses eiquí un día d-istes. Un dos teus grabados foi adequerido pró Museo. Aló está xa.
Supoño que xa haberás chegado ás túas mans o número do domingo do Progreso, ca ampra noticia ilustrada sobor de ti e máis da túa obra.
A túa eisposición é moi visitada, especialmente por rapazas e rapaces estudantes. O autro día estiven na Cruña, na ceremonia académica do recibimento de Marino. O aito resultóu moi ben. Canseime de saudar a moitos amigos de toda Galicia. De volta, ceamos en Betanzos, sin agardar pol-o banquete da Academia. Por iso non poiden dispoñer de tempo pra me achegar á túa casa, como levaba pensado de intento.
Cas miñas agarimosas lembranzas pra Maruxa, unha forte aperta.
Anxel
Estiven en Santiago e faléi con Domingo. Cecáis dispoña de unhas horas pra se achegar a Lugo e visitar a Eisposición.

Anxel Fole