PROXECTO EPÍSTOLA

----

TEMÁTICA: Xardín de San Carlos

[espazo xeofísico]
Epístolas
1
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1978-05-05
Carta de Seoane a Palmás. 1978
Bos Aires
Londres
Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Seoane a Palmás. 1978 en 05/05/1978


Buenos Aires, 5 de Abril de 1978

Sr. Ricardo Palmás
Londres

Querido Palmás:

Recibín fai xa cuase uns vinte dias a sua carta remitida dende Londres. Facíao, non sei por qué, en Barcelona. Nos estamos aínda inquedos, sen acougar como se dí, tratando de traballar, mais eu sin me decidir a facelo de xeito disciplinado. Os grabados sobor Galicia aínda non os iniciéi, teño outros a facer sobre Juan de Garay, cos que debo iniciar a miña laboura deste ano en grabado, para a librería Martina Céspedes, de San Telmo. A verdade é, que independente das atencións e homaxe dos mozos de Santiago, voltamos desesperanzados de Galicia. Aquelo é un gran disparate político con unha ausencia, a do Partido Galeguista, que houbese servido aos desexos de autonomía popular como o catalanismo e o nacionalismo basco. A miña política hoxe é, penso, que para o porvir é facer co meu traballo o que poida por Galicia, sin ter nada que ver coas institucións políticas que se formen e cas vixentes na actualidade. En todo caso estarei con elas nos aspectos mais xenerales sempre que correspondan ó meu pensamento. Tratarei de pintar sobre todo, o millor que poida, que polo visto é o meu. Do tomo de poesía que editou O Castro non sei nada. Non sei si interesóu aos mozos que non coñecían nada meu, ou non. Publicáronse algunhas notas, unha moi interesante de Casares, e outra en Informaciones, creo que nada máis. É posible que se tivesen publicado mais. Non vin ningún númaro de A Nosa Terra. Dixéronme que Abraira escribíu unha carta de lector queixándose de que non se houbesen referido a A Nosa Terra de Buenos Aires, e de paso de que non tiveran en conta o galeguismo de aquí. Non sei nada mais en canto a si lle responderon ou non. En canto ao de Wolf adicado a Moore pareceume moi ben, non tanto Moore que deixou que o defendesen os galegos mentras el pretendía embarcar, e recibíu un tiro providencial para consolidar a sua gloria e por él o espléndido poema romántico de Rosalía. Entre Rosalía e Wolf cimentóuse esa gloria. Tamén axudou o Xardín de San Carlos, onde ergueron a sua tumba.
Esto é todo hoxe. Quedou moi ben o libro sobre a emigración que editóu O Castro. Reciba unha aperta grande de Maruxa e miña:

[Seoane]