PROXECTO EPÍSTOLA

----

TEMÁTICA: Galería Twenty Brook Street

[espazo expositivo]
Epístolas
2
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1978-09-12
Carta de Seoane a Palmás. 1978
Bos Aires
Londres
Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Seoane a Palmás. 1978 en 12/09/1978

[Carta mecanografada]

Buenos Aires, 12 de setembro de 1978

Sr. Ricardo Palmás
Londres

Benquerido Palmás:

Contesto uns vinte dias despois á carta urxente que me remitíu pedíndome algunha bibliografía en castelán sobre a miña obra, para John Purkis. Vivín en Richmond no 49, e fixen unha mostra na Galería Twenty Brook Street, que creo desaparecéu e tiña un salón adicado a figuríns e bocetos de decoracións de ballet, dibuxos e acuarelas de Larionov, a Gontcharova, Picasso, Bracque, etc., e un subsuelo onde se facían mostras de arte contemporáneo. Estaba dirixida por un ex Maior do exército británico. Mister Rubín, non me lembro o nome. Unha boa persoa por quén coñecín algunha xente, e que sorprendeuse moito cando rechacéi que viñese un guitarrista e unha actriz pra inauguración, pedíndolle un gaiteiro, pois supoñía ás gaitas como do esclusivo uso dos escoceses. Entón coñecín, de paso, moita xente inglesa, Herbert Read, Moore, Topolski, etc. A miña mostra tuvo o éxito que pode ter un pintor descoñecido, unhas poucas eloxiosas notas, unha de elas moi boa, de Dieste que vivía entón en Londres, e vendín algunhas obras. Tería moito que falar desa cidade e do movimento pictórico que sucedeu á guerra.
Eu matino que D. Ramón e Virxinia Wo[o]lf atopáronse en Galicia. Non sei ben por qué. Coñezo, dende logo, o traballo de Otero Pedrayo. En canto ós liberales houbo moitos galegos desterrados en Londres, e sei que algúns deles exerceron a enseñanza, seguramente de español e interviron na redacción das “cartillas” pra escolas que eloxiou Sarmiento no Senado. Aparte do músico Marcial del Adalid, como os outros desterrado por masón e liberal en Londres.
Este ano fixen exposicións en Rosario, na Plata, unha de grabados no Centro de Estudios Brasileños, outra agora en Bonino, e, o 2 de Outubro farei unha de grabados na Galería Imágen. Probablemente sean as derradeiras que farei por unha longa tempada en Buenos Aires. Tamén publico un libro con 72 grabados con temas galegos nesta cidade. Saldrá en Novembro.
Esto é todo. Contésteme si recibíu os libros. Con este remito tres diapositivas. Unha aperta con saúdos de Maruxa, de:

[Seoane]

1978-11-08
Carta de Seoane a Palmás. 1978
Bos Aires
Londres
Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Seoane a Palmás. 1978 en 08/11/1978


Buenos Aires, 8 de noviembre de 1978

Sr. Ricardo Palmás
Londres

Benquerido Palmás:

Recibín a sua de fai mais de un mes e fun demorando en contestala por razóns que vostede pode supoñer, traballo, o 9 deste mes, mañán, inaugúrase a quinta mostra de obras miñas, e que supón sempre un enredo, e as preocupacións polo retorno definitivo dentro de un ano e medio ou dous a Galicia. Agora imos irmos en febreiro por dez ou doce meses, mais, anticipándonos ó viaxe a que me referín, teño que poñer en orden os cadros que debo levar, a parte da miña biblioteca que deixo á miña sobriña que rematará o ano que ven Letras, eu separo os libros de arte, cerca de dous mil, pra donar á Biblioteca da sección Historia de Arte da Facultade de Letras de Santiago. Despréndome de todolos libros de arte, somentes me quedarei cuns poucos, e representan unha fortuna. Quedo cos catálogos que máis me interesan e os obsequios.
Da BBC non me escribiron pedíndome os dereitos, mais pode vostede comprometerse a que utilicen o meu dibuxo como queiran. Pode asegurar que os artistas galegos podemos chegar a pagar para que nos publiquen. Endexamais cobramos nada. Eu autorízoo a vostede para que dispoña dese dibuxo de que fala.
Interésame moito o catálogo da exposición de pintura portuguesa. Agradézollo. A exposición miña en Londres foi no mes de setembro de 1949, na “Twenty Brook Street”, unha galería que estaba, matino que xa non existe, no 20 Brook Street, que dirixía un señor Harold Rubin. Penso que se inaugurou a mediados de setembro, ou o 12 ou 13, e rematouse pola primeira quincena de Outubro. Intervíu na inauguración recitando poemas de Lorca unha actriz, chamábase Jill Balcon, e era filla de un productor ou director de cine. Gostaríame saber dela, si aínda vive, tiña moito cariño a España. O Sr. Rubin, director da Galería, estaba empeñado en que intervise na inauguración tamén un guitarrista, e quedouse moi sorprendido cando dixen que de intervir alguén tiña de ser un gaiteiro. En canto ás notas a BBC lémbrome de duas, unha de Plácido Castro, creo, e outra de Rafael Dieste.

Unha agarimosa aperta de Maruxa e miña:

[Seoane]