PROXECTO EPÍSTOLA

----

TEMÁTICA: Ano Santo Compostelano

Epístolas
1
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1971-07-15
Carta de Blanco Amor a Seoane. 1971
Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Blanco Amor a Seoane. 1971 en 15/07/1971

15-VII-1971

Querido Luis:

Mándoche ise reportaxe que saiu en Informaciones de Madrid. Non cho mandei antes porque non o tiña até que me fixen con algús nun viaxe a Madrid, do que voltei onte. Fun pra axudar á ourentación “porteña” de Totora e Felipe; xa sei que tamén ti os axudaches. A derradeira falcatruada do paracaidista Valentín era a seguinte: Un diálogo entre Totora e Felipe con íl de “moderador”. A probe Totora estaba abraiada. Escribiulle ó sinvergoña; escribeulle ó escalatorres Molinari, e como insistían, incruso cun aer entre irónico e mandón, escribiulle ó presidente sin outer resposta. Eu opinei con enerxía e ouxetividade que ise diálogo intelectual entre compañeiros de leito, que ademáis non están moi de acordo en moitas cousas fora do leito, sería unha rexouva dina daquiles badocos pro indina diles e de todos os que fixemos un dos mais discutibles usos das nosas vidas tratando de redimilos da sua soberbia e da sua audacia pras cousas que non entenden nin aman, pro que utilizan como son as da cultura.
En Madrid tiven a amarga noticia –por Ben Cho Shey– de que a miña novela fora rexeitada, sin máis; xa algo me anticipara Paco del Riego. E cando me dispuña, istruido por Felipe, a intentar algunha xestión, dixéronme que era millor “non meneallo” porque tamén andan fóra da legalidade, ou facendo a vista gorda, outros libros meus; La Catedral, La Parranda, as Farsas para títeres e unha posible reconsideración para quitar los miedos (sic) da circulación. ¿Que se pode facer coista xente? Coido que, nunca na larga vida miña, andiven con tanta e tan fonda desesperación no fondo do corpo e da alma. Até me sabe mal o que como...
Pensaba ir uns días á Cruña, pro non hai un buraco onde se meter. Veremos si hai quen me leve o 25 a Santiago, pois tampouco haberá logar nos coches de liña. O turismo vranego e o Ano Santo fan unha combinación sinistra.

Agarimos ós Dieste e unha aperta pra vosoutros do voso vello.

Eduardo

Ista carta é o recorte, son tamén pra que as vexa Rafael.