PROXECTO EPÍSTOLA

----

TEMÁTICA: Middelbury College

Epístolas
2
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1951-06-11
Carta de González López a Seoane. 1951
Nova York
Transcrición

Transcripción da epistola Carta de González López a Seoane. 1951 en 11/06/1951


New York, 11 de xuño de 1951

Querido amigo Seoane:

Acabo de recibir unha carta de Búa dándome a boa nova de co meu libro eiva xa na imprensa e de que ti fuche a forza misma en sacalo adiante. Gracias por elo, coido que será un libro de éixito. Puxen nil tanto traballo como entusiasmo i estimo que será unha arma valiosísima pra unha causa cultural e política, teño gran intrés por ve-la crítica que recibe en Galiza, Portugal e Hespaña. Non toda será favorable, especialmente aos historiadores españoles que non ven con bos ollos a reitificazón da vella historia d´Hespaña. En Portugal hai bos amigos nas universidades e nas revistas universitarias competentes que lle farán xusticia.
Xa me dira-las condiciós en que se pubrica. Pra min o principal é velo fóra e discutido. Ve-las ideas espalladas entre vós e discutidas polos alleos.
Teño varios artigos pra Galiza emigrante. Penso rematalas no Middelbury College, inda teño máis tempo de vagar pra mandarllas.
En Hespaña, hai gran efervescenza ou en Galiza grandísima. O acto de Kovalea en Pailloni ó que asistiron 10.000 personas foi unha foi unha manifestazón da nosa visibilidade.

¿Que fas? ¿Que proyectos tes?
En espera das túas novas, unha forte aperta.

Emilio González

1953-06-15
Carta de González López a Seoane. 1953
Nova York
Transcrición

Transcripción da epistola Carta de González López a Seoane. 1953 en 15/06/1953


Nova York, 15 junio 1953

Sr. D. Luis Seoane

Amigo Seoane:

Facía tempo que sabía de ti polas noticias indireitas de comús amigos i máis agora o teu escelente Fardel de eisilado –que che agradezco– tan cheo de emoción, de arte e de lembranzas, fixo lembrar dos xa vellos tempos en que unha nova mocedade escolar cobijaba unha vida mellor pra Galiza e España.
¿Que fas? ¿En que traballas? Eu son profesor de lingua e literatura española e hispanoamericana en Hunter College en Nueva York no inverno, e en Middlebury College no vrao. Mañán cedo sallo pra Middelbury.
Eu escribín algunhas cousas. Unha obra sobre Galicia na novela de Pardo Bazán. Un estudo sobre a influenza de Curros Enríquez sobre Valle Inclán, a coleición de ensayos que me premiou o Centro Galego de Bos Aires fai dous anos. E teño xa rematado outro sobre as relaciós entre Galiza e Portugal, que coido é un estudo histórico máis completo hastra agora sobre este tema. ¿Coñeces dalgunha editorial que poida ter intrés en publicalo? Non i-o mandei ó concurso literario do Centro Galego porque aínda estou esperando que publiquen o traballo premiado que é, sin dúbida, a exposición máis magnífica do que a Península Ibérica lle debe a Galiza na súa cultura, e que sería de alto intrés pra vós a súa divulgación.
¿Que noticias tes de Galicia? Sigue en Nueva York está de corresponsal da Vanguardia de Barcelona o Fernández Armesto, que se casou cunha sobriña da muller do pobre da Vella.
Si me escribes antes de agosto, a miña direición é:
Profesor Emilio González
The Spanish School
Middlebury College
Middlebury, Vermont.
Dende o doce de agosto, volto a estar en Nova York, onde me tes á túa disposición.

Outra forte aperta

Emilio