PROXECTO EPÍSTOLA

----

TEMÁTICA: «Dende o Highland Princess»

[poesía] Poema de Luis Seoane.
Epístolas
1
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1953-01-30
Carta de Vilanova a Seoane. 1953
Ourense
Bos Aires
Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Vilanova a Seoane. 1953 en 30/01/1953



Ourense, 30 de xaneiro de 1953

Sr. D. Lois Seoane
Bos Aires

Meu querido e moi relembrado amigo:

Moito lle agradezo o envío de seu libro Fardel de eisilado, que lin e saborei con eisquisita deleitación.
Prodúxome gran ledicia seu contido, non soio pola importanza literaria, senón pola integridade ideolóxica e polo calor humán que latexa en tódalas súas páxenas. Mañífica a adicatoria e fermoso sobor de todo o poema Dende o Highland Princess e os adicados aos emigrantes. Cando tantos febles de esprito craudican e emporcan en tantas impudizas e vilezas, conforta o ánemo alcontrar persoas que, como vosté, manteñen en pé auténticas arelas no meio de brutaes e corruptoras tempestades.
Moito envexo eu a tódolos que por isas terras teñen ergueito a toda proba seus azos, soio sinto non podere estare antre vostedes pra poñer a miña pedriña na edificación de esa verdadeira Galiza que levantan no eisilio coa forteza de nobres ideiales. Eu soio lles digo que non deben sentir morriña por ista Galiza aferrollada i escrava, eu que son moi pouquiños os que levan unha vida politicamente decente. ¡Levarían unha noxenta deceición se coñeceran coma tantos que lles parescen dende ehí bos e xenerosos, i enfouzaron nista podremia civil que corroe a terra.

Soio me resta felicitarlle moi de corazón pola súa laboura, desexándolle continúe na mesma loita co mesmo carraxe, agradecerlle a súa atención, e recórdalle que eiquí me ten á súa disposición, seu sempre amigo e irmán

Alberto Vilanova