Subtítulo:
La Revista de los gallegos
Entidade editora:
Lugar:
Madrid
País:
España
Data de inicio:
22/2/1969
Data de fin:
1/7/1971
Ano de inicio:
1969
Ano de fin:
1971
Fundación:
Raimundo García Domínguez (Borobó);
Dirección:
Raimundo García Domínguez (Borobó);
Subdirección:
Jesús Tobío Fernández;
Colaboración:
Baldomero Cores; Ben-Cho-Shey; C. González Reigosa; Fernando Ónega; Juan Antonio Porto; Manuel Blanco Tobío; Máximo Sar; P. Conde Muruais; Raimundo García Domínguez (Borobó); V. Fernández Freixanes; X. Rábade Paredes; Alberto Míguez ; Ánxel Fole ; Basilio Losada ; Bautista Álvarez Domínguez ; Ramón Otero Pedrayo ; Ricardo Carballo Calero ; Valentín Paz Andrade ; Xesús Alonso Montero ; Xosé Luís Méndez Ferrín ;
Periodicidade:
Quincenal e mensual
Idioma:
Bilingüe, con predominio do castelán. O uso do galego, aínda que escaso, é máis abundante nos últimos números.
Formato:
1ª Época: 30 x 21 cm 2ª Época: 33 x 23 cm
Extensión:
Variable, entre 48 e 52
Prezo:
(n.º 1-31) : 12 ptas.(n.º 32-38): 15 ptas.; trimestre: 60 ptas.; semestre: 120 ptas.; ano: 240 ptas.
Redacción:
General Mora, 103. Madrid
Imprenta:
Sucesores de Rivadeneyra S. A., Onésimo Redondo (Paseo), 26. Madrid.
Artes Gráficas y Editoriales, Peña Prieta (Avenida), 57. Madrid.
Cosol S.A., Divino Redentor. Madrid.
Foresa, Cromo, 3. Madrid.
Contido:
Prensa de información xeral editada coa finalidade de informar da realidade e da actualidade galegas. Inclúe artigos sobre economía recollidos nas seccións "Páginas económicas" e "Galicia como empresa", nas que se abordan temas como a pesca, a industria, o turismo, a agricultura, a gandería etc. Tamén contén novas sobre a política galega e internacional ("Atlas en el Toral") e, por último, informacións culturais: música, arte, lingua, historia, cultura popular, literatura (novas de poesía, recensións de libros, bibliografías etc., que aparecen nas seccións "Poetas do Chan", "Biblioteca Gallega", Anaquelerías") etc. Ademais presenta páxinas dedicadas á muller ("Chan de la mujer"), entrevistas con deportistas, artistas etc.
Observacións:
A revista ten dúas épocas: 1ª Época: 22-02-1969/1-08-1970 2ª Época: 1-02-1971/1-07-1971 Rexistra numerosos cambios de imprenta e de enderezo.
Ilustracións:
Numerosas fotografías, algunhas en cor. Na portada reproduce unha fotografía de paisaxes ou escenas galegas. Poucos debuxos, sobre todo viñetas humorísticas. Tamén inclué retratos, motivos galegos etc.
Publicidade:
Escasa, aparecen principalmente anuncios de casas comerciais e grandes empresas galegas (Celulosa, Finsa, etc.), así como de bancos, caixas de aforros e aseguradoras.
Números consultados:
1969: n.º 1-20
1970: n.º 21-33
1971: n.º 34-38
Relacionadas:
Chan. [2ª época], 1971 (Esta revista tivo dúas etapas, coa mesma cabeceira, dirixidas ambas por Raimundo García Domínguez "Borobó".)
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega , Fundación 10 de marzo , Bibliotecas Municipais da Coruña , Biblioteca da Fundación Penzol , Biblioteca do Instituto de Estudos Galegos “Padre Sarmiento” , Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela , Biblioteca da Real Academia Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1ª Época:
1969: n.º 4, 6, 9
1970: n.º 21, 22, 24