Subtítulo:

Revista Mensual Ilustrada

Entidade editora:
Lugar:
A Habana
País:
Cuba
Inicio:
1912
Fin:
1913
Colaboración
C. de Santalla
E. Saavedra
Guezmindo
J. D.
José Lapique y Adrio
José Ramudo
Jotabé
Luis Antón del Olmet
Markell
Torrari
Basilio Álvarez Rodríguez
Buciños
Prudencio Canitrot
Sinatura de artigos reproducidos
Manuel Curros Enríquez
Manuel Vázquez Castro
Periodicidade:
Mensual
Idioma:
Castelán
Formato:
N.º 1: 30 x 23 cm. 31,5 x 23 cm.
Extensión:
Variable, entre 48 e 68 páxinas
Prezo:
Gratuíta para os asociados. Para non socios: subscrición anual: 3,00 $
Tiraxe:
5.000 exemplares
Contido:
Publicación da Federación Galaica, editada coa finalidade manifesta de informar "de los trabajos que realizan las Sociedades gallegas de instrucción. Sus tendencias no son políticas ni religiosas; ocúpase exclusivamente de divulgar los conocimientos modernos en materia de enseñanza elemental y agropecuaria como medio de obtener una renovación completa en los procedimientos usados hasta la fecha en la población rural de Galicia". Segundo estes propósitos, a maior parte da publicación está dedicada a informar das actividades das Sociedades instrutivas, noticias sociais, novas sobre inmigración e o traballo dos galegos en Cuba, en xeral. Por último achega información sobre a actualidade galega. Acompaña unha obra por entregas de Concepción Arenal, La instrucción del pueblo e unha lámina solta, co título Gallegos ilustres, con fotografías de Manuel Curros Enríquez, Concepción Arenal e Rosalía de Castro, a modo de coleccionable.
Ilustracións:
Numerosas fotografías de sociedade, de motivos galegos e reproducións artísticas, que aparecen intercaladas entre os artigos, ocupando algunhas a páxina completa.
Publicidade:
Numerosa. Aparecen anuncios comerciais, de transporte (compañías de navegación), bancos e institucións.
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1912: n.º 1, 2
1913: n.º 3, 4