Repertorio da prensa da emigración galega

----

Galicia en Londres

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Entidade editora:
Lugar:
Londres
Inicio:
1991
Colaboración
David Ojea; Francisco Regueiro; José D. Rey; José García; José María Castro; José Seijido; María X. Freijo; Wenceslao Beceiro; Carlos Durán; Xavier Campos;
Sinatura de artigos reproducidos
Antonio Fernández López;
Idioma:
Galego
Formato:
29,5 x 21 cm.
Extensión:
28 páxinas
Redacción:
4, Woodfield Place. Londres
Imprenta:
Grafinova S.A., Concepción Arenal, 9. Santiago de Compostela.
Contido:
Prensa societaria que nace co obxectivo de "servir de vehículo informativo á comunidade galega de Londres en particular, e do Reino Unido en xeral, para servir de portavoz de tódolos galeguistas e amantes da nosa terra e cultura". Os contidos da publicación, segundo o seu editorial, comprenden "temas de cultura, folclore, traballo, sociedade, educación, deporte, política etc. Estará especialmente atenta ós acontecementos da Comunidade Europea, desaparición das fronteiras alfandegarias ('92), mobilidade laboral, potenciación das nacionalidades da nova Europa, Camiño de Santiago 93, etc.".
Ilustracións:
Aparecen fotografías de sociedade intercaladas entre os artigos.
Publicidade:
Escasa. Os anuncios máis frecuentes son de tipo comercial e institucional (Xunta de Galicia).
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1991: n.º 0