Subtítulo:

Voceiro da Xuventude de Galiza-Centro Galego de Lisboa

Lugar:
Lisboa
País:
Portugal
Inicio:
1988
Coordinación
Gabino Castro Gil
Manuel Martínez Blanco
Dirección
J. M. Cal Gonçalves
José Aser Castillo Pereira. nº 3
Asesoramento
Antonio Gregores Carvalho
Francisco José Candeira González
Gabino Castro Gil
Miguel Riveiro Cousiño
Colaboración
Alexandre Lima
Andrés de Souza
Antonio Gregores Carvalho
Constantino Domingos Costal
F. J. Candeira González
Francisco Puy
Isabel Rubio Molina
J. M. Cal Gonçalves
João Machado
Joaquín Calzado Blanco
José Aser Castillo Pereira
Juvenal Estévez
Manuel Muñiz
María Carmen Oitavén Martínez
Nemesio García Carril
Pedro Homen de Melo
Roby Amorín
Rui Lourido
Francisco Fernández del Riego
Xesús Alonso Montero
Fotografía
João F. Vilhena
Ilustración
Padín
Vidales Tomé
Castelao
Carlos Maside
Publicidade
Manuel Martínez Blanco
Redacción
Francisco José Candeira
Gabino Castro Gil
Rui Lourido
Xulio Francisco
Relacións públicas
Manuel Martínez Blanco
Revisión
Miguel Riveiro Cousiño
Sinatura de artigos reproducidos
Castelao
Rosalía de Castro
Tradución
Miguel Riveiro Cousiño
Periodicidade:
Trimestral
Idioma:
Trilingüe, cunha presencia similar de artigos en castelán (40%) e portugués (40%), e menor en galego (20%)
Formato:
29,5 x 21 cm.
Extensión:
Irregular, entre 30 e 36 páxinas
Prezo:
Gratuíta
Tiraxe:
1.500 exemplares
Contido:
Revista societaria creada en 1988, coincidindo co oitenta aniversario da fundación do Centro Galego Xuventude de Galiza de Lisboa. Recolle diversos aspectos da vida e actividades da entidade (inclúe a reprodución da Memoria social). Así mesmo a publicación ten un contido claramente cultural, nun intento de difundir a cultura galega entre os galegos emigrados, polo que abundan os artigos sobre Galicia, a súa música, literatura, lingua, xeografía, historia etc.
Ilustracións:
Escasas fotografías, principalmente das instalacións, de sociedade, de persoeiros ilustres ou políticos, de folclore galego e sociais. Algunhas viñetas e debuxos de Vidales Tomé, Padín, Maside ou Castelao.
Publicidade:
Numerosos anuncios, en páxinas completas ou intercalados entre os artigos. Abundan os anuncios comerciais, de aseguradoras, turismo en España e de grandes empresas (Repsol, Tabacalera, Televés etc.).
Relacionadas:
Galicia ó lonxe. 1994 (Outro voceiro da mesma entidade editora, Xuventude de Galicia. Centro Gallego de Lisboa.)
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1988: n.º 1