Repertorio da prensa da emigración galega

----
Subtítulo:

Boletín informativo: Voceiro do Centro Gallego

Lema:
Un pobo. Unha Fala. Unha Cultura. Unha Terra
Entidade editora:
Lugar:
Lausanne
Inicio:
[1970]
Colaboración
Eduardo Suárez; Emiliano Villagrasa; Xosé Manuel Entenza; Xosé Portela; Manuel Hernández Acevedo;
Periodicidade:
Irregular
Idioma:
Bilingüe, cun predominio de artigos en castelán (60%) fronte ao galego (40%)
Formato:
21 x 15 cm.
Extensión:
44 páxinas
Redacción:
Genéve, 3. Lausanne
Imprenta:
Speed Imprimerie, Lausanne. Vaud.
Contido:
Publicación societaria que informa aos seus integrantes e á colectividade galega sobre o Centro (actividades, reunións, asembleas etc.). Inclúe diversos artigos sobre a cultura, historia e actualidade galegas ("Ecos de Galicia"), informacións de interese para o colectivo emigrante (Lei de Recoñecemento da Galeguidade) e información deportiva.
Ilustracións:
Inclúe algunhas fotografías de sociedade e viñetas.
Publicidade:
Numerosa e localizada nas primeiras e últimas follas. Aparecen anuncios comerciais (a maioría de españois ou galegos), de axencias de viaxes e de bancos.
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1984: n.º 12, 13
1985: n.º 18
1987: sen numerar